Coidar dunha persoa dependente

Hai que compartir tarefas

As persoas que deben asistir a familiares enfermos ou impedidos tamén necesitan axuda e comprensión nunha tarefa que provoca un gran desgaste
1 Maio de 2006
Img interiormente listado 251

Hai que compartir tarefas

O deterioro físico ou psíquico dun membro da familia produce cambios drásticos e traumáticos no seu contorno. Xunto co golpe emocional xorden os problemas derivados da necesidade de atención permanente, labor que corresponde a un ou varios familiares. Estas persoas asumen un papel, o de coidadores, que irrompe na súa vida e transfórmaa de maneira completa. A asimilación desta viraxe vital non é sinxela. Por esta razón, non de sebe dubidar en pedir axuda ou recorrer a un especialista.

O malestar do coidador e o seu sentimento de culpa

Custa facerse á idea do debilitamento do ser querido. A pesar de que o decaemento sexa evidente, a parella, se a hai, os fillos, os xenros e noras, os netos e os irmáns queren crer que só “está pasando unha mala xeira”. Pero a realidade imponse e, a medida que se asume, enténdese que a enfermidade no só vai afectar a quen a padece, senón que mudará a vida de todos os que están ao redor, especialmente a dos coidadores.

/imgs/20060501/img.psicologia.01.jpg Pode ser Párkinson, Alzheimer, demencia senil, arteriosclerose ou, simplemente, moitos anos e necesidade de coidados. Nesta primeira fase preséntanse os primeiros síntomas de malestar no coidador. Agoníase porque lle cadrou precisamente a el ou a ela, ou porque non hai un repartimento equitativo de responsabilidades entre os distintos membros da familia. É normal que se vivan sensacións de estar amolado, pero os que as senten considéranse, para os seus adentros, culpables. Por iso cómpre que as persoas coidadoras poidan liberarse desa culpa falando sen reparos dos efectos negativos no seu estilo de vida. Isto asumirase con máis facilidade cando a situación entre dentro do cotián. Daquela os coidadores sentiranse máis libres para queixarse e solicitar colaboración dos outros membros da familia. Aprenderán que a súa saúde, e non só a da persoa dependente, é importante e programarán máis tempo para as súas necesidades, o seu lecer, as súas relacións sociais e para o seu descanso.

Planificar os coidados

  • Hai que repartir responsabilidades. Unha soa persoa non pode responsabilizarse de todo. Os coidados supoñen un número importante de tarefas. Para que todo funcione ben, é preciso repartilas entre os familiares e determinar /imgs/20060501/img.psicologia.02.jpgqué función e qué responsabilidade vai afrontar cada un. É moi importante organizar reunións da familia para valorar entre todos cales son os problemas que xurdiron e determinar como distribuír os papeis que cada un vai ocupar. Nesas reunións débense estudar as posibilidades e limitacións de cada membro da familia e, segundo iso, establecer calendarios. Mesmo así hai que prepararse -e así se debe consensuar desde o principio- para afrontar as desavinzas e conflitos que se produzan durante o proceso do coidado, algo, por outra parte, normal.
  • A persoa coidadora debe prestar unha especial atención á parella e aos fillos. É importante falar coa parella sobre como afectará ou como está xa afectando a dedicación á persoa maior na relación, e sobre a necesidade de destinar tempos específicos para eles mesmos. Convén compartir opinións sobre a forma de exercer os coidados e saber se a outra parte da parella está disposta a colaborar, algo ao que non está obrigada, pero quizais queira facer. O mesmo pode dicirse sobre os fillos, en particular se a persoa maior está encamada. Aínda que sexan nenos, teñen dereito a coñecer a natureza dos coidados e establecer a maneira en que poden participar nas tarefas.
  • Non perder as relacións. A medida que pasa o tempo de dedicación á persoa dependente, o coidador sae cada vez menos da casa. Isto pode ser altamente daniño para a súa saúde emocional. É importante que non descoide as súas relacións sociais de sempre, e que fomente os contactos con familiares e amizades para poder vivir con eles as súas emocións ou simplemente para distraerse.
  • Aprender a coidar o propio eu.A persoa é un equilibrio entre “ser-para-si” e “ser-para-outros”. Cando alguén se envorca en exceso no coidado a outra persoa e se esquece de coidarse a si mesma, perde ese necesario equilibrio persoal e acumúlanse insatisfaccións internas, malestares emocionais, fastío, sensación de soidade ante as tarefas e desequilibrio persoal. É importantísimo que a persoa coidadora aprenda un pouco de “egoísmo”, é dicir, cultivo san do eu. Para isto ten que manter e programar a ilusión por saír, por practicar actividades de lecer e tempo libre. Debe reservar tempos para si mesma e respectalos con tanto rigor como o fai co coidado cara á persoa á que coida.
  • Aprender a utilizar os recursos sociais. O número de persoas na sociedade creceu. O número de recursos destinados a elas tamén aumentou, pero non na mesma proporción, co que resultan insuficientes. Con todo, pódese recorrer a Servizos Sociais Municipais, Servizos Médicos, Servizos de Axuda a Domicilio, Centros de Día e Residencias Xeriátricas. Cada día son máis numerosos, pero tamén máis demandados. Os coidadores teñen dereito a recibiren asesoramento e apoio para a atención das persoas dependentes. Poden, por exemplo, informarse de como é e como vai evolucionar a enfermidade, de que probas serán necesarias para un diagnóstico e prognóstico máis preciso, coñecer que recursos públicos e privados se poden utilizar e as axudas ás que teñen dereito.
A síndrome do coidador

Máis do 80% dos coidadores experimentan altos niveis de estrés que se manifesta en irritabilidade, esgotamento, problemas físicos de saúde, enfados, distanciamento e depresión. Se aparecen dous ou máis destes síntomas da “síndrome do coidador” -perder a ilusión por vivir, non poder coller o sono, atender 24 horas ao día o familiar enfermo, sentir anguria, perder a gana de comer, beber alcol ou tomar drogas- é necesario pedir axuda profesional. O médico de cabeceira é unha boa opción e está preparado para atender estes casos. Para recibir a atención correcta, o coidador debe explicar ao médico a situación na que se atopa e describir o seu estado anímico e físico.