Elixir sofá

O rei do salón

A estrutura, o recheo, a ergonomía e o tamaño son elementos clave na elección dun dos mobles máis utilizados do fogar
1 Abril de 2006
Img eco domestica listado 161

O rei do salón

/imgs/20060401/img.economiadomestica.01.jpgTestemuño e soporte de doces sestas, alegres veladas, esperados repousos e efusivas demostración de cariño, o sofá representa, sen dúbida, un dos centros neurálxicos dun fogar. Máis aló da súa importancia decorativa na ambientación do salón, este moble soporta e atrae a presenza e o peso de todos os membros da familia. Por esta razón, a súa elección convértese nunha decisión clave para a que convén estar moi ben informado. A súa estrutura, o recheo, a consistencia, a ergonomía, o tamaño, a comodidade e a resistencia son elementos a ter moi en conta para gozar dun dos reis da casa.

Diante da diversidade de sofás que ofrece o mercado, os fabricantes aconsellan non comprar o primeiro modelo nos ‘entre polos ollos’, guiados só por razóns estéticas. Insisten en que o cliente faga unha selección entre os que máis lle gusten, optando polos que se adapten correctamente ao corpo e os que teñan unha estrutura duradoira. De acordo cos principios de ergonomía, comodidade e resistencia, determinantes na compra destes asentos, preséntanse unha pautas que poden servir de axuda na súa escolla final:

  • RECHEO Asentos e respaldos, duros ou brandos? A comodidade do sofá depende en gran medida da dureza dos seus asentos, do respaldo e do tipo de recheo. Se un sofá é demasiado duro ou demasiado brando hai que descartalo, non só porque non son asentos cómodos, senón tamén porque a súa duración será probablemente inferior. Os materiais cos que se pode encher o sofá son variados:
    • Pluma. É o material máis recomendable, principalmente pola súa comodidade. Aínda que as plumas poden ser de oca, de ganso ou unha mestura de ambas, nos respaldos convén elixir as de parrulo ou oca, pola súa gran flexibilidade. Os sofás de pluma son tamén os máis caros.
    • Espuma. É o recheo máis común e o máis económico. Nestes sofás a calidade garántese a través da densidade, que debe andar polos 30 quilogramos en cada asentos e os 20 quilogramos no respaldo.
    • Goma espuma. O principal inconveniente deste material é a súa rixidez, ademais da calor que dá no verán.
  • ESTRUTURA E RESISTENCIA. Un bo sofá debe ter unha estrutura consistente e a mellor maneira de comprobalo é levantando o sofá por un só lado: se pesa moito é porque estará construído con madeira maciza.
    • Patas. As patas aparafusadas dan máis problemas porque son máis inseguras que as que están directamente unidas á estrutura. Con todo, ofrecen máis vantaxes desde o punto de vista estético porque se poden cambiar en función da decoración e substituír unhas metálicas por outras de madeira.
    • Correas. As correas que se atopan debaixo dos asentos deben ser moi resistentes para que o confort dos asentos sexa maior.
    • Armazón. Os dous materiais máis usados para armazóns son a madeira e o metal. Deles, o que ofrece máis resistencia é a estrutura metálica, e por iso tamén é a máis cara.
    • Tecido. Na escolla da tea que recobre o sofá, a súa capacidade de transpiración é determinante para que a súa resistencia sexa maior. Polo tanto, se se utilizou moito o recheo, o sofá respirará peor, igual que os coxíns.
  • SOFÁS ERGONÓMICOS: Un sofá que coida a ergonomía -e non só a estética- permite a colocación idónea das costas, cadeira e brazos:
    • As costas. O sofá debe ser duro, pero coas costas brandas. Os riles deben quedar protexidos polo respaldo evitando que o corpo esvare cara a baixo.
    • Cadeira. A cadeira dunha persoa non debe quedar máis baixa dos xeonllos porque co tempo resultará incómodo o seu uso, chegando mesmo a producir molestias lumbares.
    • Brazos. O brazo débese apoiar no repousabrazos, que debe estar á altura do cóbado, non máis baixo. Desde hai varios anos comercialízanse modelos de sofás que permiten que o brazo se adapte a distintas alturas, mediante os chamados ‘brazos desmontables’.
    • Tamaño. Aconséllase acudir á tenda coas medidas exactas do lugar no que se colocará o sofá. Pode ocorrer que ese espazo reservado admita a lonxitude do sofá pero non a súa anchura. Para atinar máis coas medidas, pódese utilizar papel de periódico para colocalo no chan e facerse á idea de cánto espazo pode ocupar o sofá.

A opción máis recorrente para os invitados: o sofá cama

/imgs/20060401/img.economiadomestica.02.jpg A ecuación que comprende pisos pequenos por un lado e moita familia que vive fóra ou moitos amigos, por outro, ofrece como mellor solución a compra dun sofá cama, dos que hai unha infinita variedade de modelos. Non obstante, recoméndase que a súa estrutura sexa de madeira ou de poliéster e os somieres de láminas de madeira ou de malla metálica para previr as dores de costas. En función do espazo e das necesidades de cada fogar, as posibilidades son as seguintes:

  • Sofá extensible. A vantaxe é que o asento e o respaldo son unha mesma peza que, cando se fai cama, se desprega horizontalmente. Son moi útiles para espazos pequenos.
  • Sofá acordeón. A cama agóchase tras dos coxíns do sofá. Unha vez que estes se quitan, báixase o respaldo e ábrese a cama. Require maior espazo ca o modelo anterior.
  • Sofá niño. A principal vantaxe é que se pode gardar a cama xa feita porque se agocha debaixo da estrutura do sofá, pero ten o inconveniente de que o espazo debe ser maior, equivalente ao sofá.

Como limpalos

O tipo de material utilizado na elaboración ou tapizado do sofá determinará a súa forma de limpeza. Por esta razón é moi importante que o cliente pregunte de que material exacto están compostos estes asentos no mesmo momento de compra. De todas as maneiras hai unha serie de consellos comúns, como a eliminación do po mediante o aspirador, a sacudida regular dos coxíns para evitar que se deformen e a limpeza das fundas na lavadora. Se se producen manchas concretas en materiais específicos como coiro, pel ou veludo, paga a pena seguir os seguintes consellos para o seu tratamento:

  • En sofás de coiro e pel. Só se poden aplicar produtos destinados exclusivamente ao mantemento do coiro e da pel. Non serven nin os betumes de zapatos, nin a augarrás nin s cremas de mans.
  • Primeira proba. É importante aplicar o produto nunha parte moi pequena do sofá e comprobar a súa reacción. Unha vez que a mancha desaparecera sen que o tecido presente alteracións, é o momento de utilizalo en todo o sofá.
  • Graxa. Cando a mancha é de graxa, o primeiro paso é tratar de eliminala cunha culleriña para despois aplicar o limpador específico (segundo tecidos) fretando desde os bordos cara o centro coa fin de que a mancha non se estenda.
  • Líquids. Se o que caeu no sofá é un zume, café… débese aplicar un papel absorbente sen fretar, para limpalo despois cunha esponxa mollada en auga.

Como recomendación final, os fabricantes non aconsellan a limpeza continuada dos sofás, abonda con que se limpen dúas ou tres veces ao ano e insisten no seu coidado diario velando por que non lles dea o sol directamente e por que non lles afecte a humidade.