Sabores que enganchan

Graxas, azucres e sabores intensos estimulan o apetito e crean hábito. Controlar as tentacións é importante para evitar desequilibrios nutricionais
1 Febreiro de 2007
Img img alimentacion

Sabores que enganchan

/imgs/20070201/img.alimentacion.01.jpg Os alimentos tamén xeran paixóns. Os larpeiros, os devoradores de pizzas, os que non deixan pasar a ocasión de tomar un café ou os que non poden rematar o día sen beber un refresco, son lexión. Preguntouse algunha vez por que se dan esas preferencias, ou por que hai xente que non é quen de deixar de comer certos produtos? Os factores que condicionan o apetito e mais a elección do que comemos son moi diversos e non afectan por igual a todas as persoas.

Por que comemos o que comemos?

Razóns socioculturais, económicas, fisiolóxicas e psíquicas propician que determinados alimentos resulten máis atraentes ca outros. Polo xeral, a selección ten moito que ver coa comida á que se está afeito -costumes familiares e do lugar no que se vive, etc.-, sen esquecermos que os alimentos inflúen no noso organismo, tanto nun aspecto físico como emocional. De feito, a alimentación cumpre cun dobre obxectivo no organismo: saciar a fame en resposta a unha necesidade básica -precisamos comer para podermos vivir-, e a busca do pracer -téndese a comer maior cantidade daquilo que máis gusta-.

Doce ou salgado. Fame específica?

/imgs/20070201/img.alimentacion.02.jpg Algúns autores defenden que a “fame específica” consiste na preferencia por determinadas substancias ou sabores como resposta do corpo ante unha carencia nutricional concreta. Para entendérmolo mellor, se unha persoa leva moito tempo sen tomar sal, o sabor salgado resultaralle agradable, mentres que se consumiu un exceso de sal acontecerá o contrario.

Isto non é completamente certo, xa que as persoas que seguen dietas baixas en sal acusan, cando comen fóra do seu fogar, un sabor salgado demasiado pronunciado que chega a resultarlles desagradable. O gusto edúcase e, xa que logo, quen estea afeito a comer produtos salgados terá maior atracción por eles, do mesmo xeito que quen está afeito aos sabores doces demandará máis ese tipo de alimentos. Pero non só a nosa percepción dos sabores determina unha maior atracción polo doce ou polo salgado, tamén hai que ter en conta que a apetencia por un ou outro sabor é reflexo do que á persoa lle reporta máis pracer. Comemos cos cinco sentidos, en especial co olfacto e co gusto, que manteñen unha estreita relación co cerebro, pero tamén coa memoria e coa emoción.

O pracer de comer. Unha cuestión fisiolóxica e emocional

Comer é un acto pracenteiro e, como tal, inflúe no noso sistema nervioso e endócrino. En concreto, o acto de comer, ou simplemente o de pensar na comida, pon en marcha estímulos que chegan ao noso sistema nervioso e que provocan a liberación de neurotransmisores -mensaxeiros químicos do organismo- relacionados con experiencias agradables. Con iso demostrouse que hai razóns fisiolóxicas que fan que os alimentos ricos en graxas e en azucres susciten maior atracción ca outros. Algúns deses neurotransmisores son a dopamina, a serotonina e a noradrenalina.

  • Dopamina: Relaciónase coas emocións e cos sentimentos de pracer.
  • Serotonina: Exerce influencia sobre o sistema nervioso e a miúdo denomínase como a “hormona do humor”. Diversos estudos relacionan o desexo de tomar doces coa serotonina e coa liberación de endorfinas -substancias que produce o cerebro e que actúan nos mesmos puntos ca a morfina-, o que se asocia a unha grata sensación de benestar. Isto explica a ansia de doce que algunhas persoas manifestan cando se atopan abatidas, con malestar ou desánimo, xa que o consumo de azucres estimula a liberación de. endorfinas
  • Noradrenalina: Pertence á mesma familia ca a dopamina. Se os niveis desta substancia son adecuados, a persoa séntese con enerxía, pero se non se ten noradrenalina abonda a persoa nota esgotamento e pode caer nunha depresión.

“Non podo parar de comer”

A dificultade que para algunhas persoas supón o establecemento de límites ao que comen, e o seu cumprimento, relaciónase con alteracións que afectan ao sistema nervioso e endócrino. Isto ten moito que ver coa “busca do pracer”, fronte á dificultade de obtelo doutro xeito na vida cotiá. A experiencia pracenteira de comer nestes casos adoita dar lugar a consumos esaxerados de alimentos pouco saudables que poden desequilibrar a dieta e afectar negativamente á saúde.

Os alimentos que máis enganchan

O queixo, as carnes, os aperitivos salgados -pipas de xirasol, froitos secos, patacas fritidas e similares-, a comida rápida ou fast food -hamburguesas, pizzas, etc. -, os doces, o chocolate ou o café, son os alimentos que máis enganchan, dado o seu contido en graxas, azucres, sal ou en substancias estimulantes como a cafeína.

  • Comida rápida. Este tipo de comidas acompáñase xeralmente de entrantes -aros de cebola, snacks, etc.-, salsas, patacas fritidas e de sobremesas doces -donuts, tortas, pasteis…-, que achegan sabores moi intensos e unha elevada cantidade de graxas -as graxas fan o alimento máis agradable na boca-, azucres, calorías e sal. O seu intenso sabor estimula o apetito e o seu contido de graxas e azucres poden conducir a que algunhas persoas se enganchen a este tipo de comidas, poñendo en risco así a súa saúde.
  • Doces e azucres. Os alimentos doces e os refrescos conteñen elevadas cantidades de azucre e de calorías. Demostrouse que o consumo de azucre estimula a liberación de endorfinas, relacionadas cunha grata sensación de benestar, de aí que algunhas persoas se sintan especialmente atraídas polos doces.
  • Chocolate. É un alimento enerxético polo seu alto contido de hidratos de carbono e de graxas. Contén tamén unha substancia similar á cafeína, pero de menor acción excitante e cantidades de cafeína moi inferiores ás do café. O equilibrio da súa composición graxa e azucrada fai que sexa un alimento moi tentador e ao que algunhas persoas chegan a engancharse. Con todo, non se pode dicir que sexa un alimento aditivo. O problema radica na sensación de pracer que produce o seu consumo e que a persoa supostamente “adicta” busca, en ocasións, con demasiada frecuencia.
  • Bebidas estimulantes. Hai moitas substancias que estimulan o sistema nervioso que se atopan en alimentos de consumo habitual. Entre elas destaca a cafeína.
    • Café. Contén cafeína, unha substancia psicoactiva e de acción excitante que afecta ao sistema nervioso e que pode chegar a crear adicción. En doses moderadas -200 mg/día, é dicir, unhas dúas cuncas de café-, a cafeína produce efectos agradables no organismo. É un tónico cardíaco, o que conduce a un pulso máis amplo e forte e a un aumento temporal da tensión arterial. Doutra banda, facilita o traballo intelectual e a actividade muscular. Non obstante, se as cantidades inxeridas son demasiado elevadas -400-600 miligramos de cafeína/día durante máis de unha ou dúas semanas- os seus efectos para o organismo poden chegar a ser nocivos dando lugar a crises de ansiedade, insomnio, tremores, etc.
    • Bebidas de cola. Ao igual ca o café, conteñen cafeína que procede do extracto de noz de cola, un froito tropical no que se atopa de modo natural. Unha lata de refresco de cola contén arredor de 40-55 miligramos de cafeína.
    • Té. Esta bebida contén unha substancia similar á cafeína coñecida co nome de teína. Unha cunca de té negro achega o equivalente a uns 50 miligramos de cafeína.
Interneterako sarrera

/imgs/20070201/img.alimentacion.03.jpgTrafikoaren kudeaketa udal egintzaren lehentasunetako bat da. Azpiegiturak ugaltzea sarri ez da konponbide bideragarria eta, ia denetan, oso aukera garestia da. Trafikoari aplikatzeko moduko teknologietako adituek diotenez, zerbitzu hobea erdiesteko, hobe da egun dauden baliabideak optimizatzea azpiegitura berriak eraikitzea baino. Horrek bere baitan biltzen dituen hamaikatxo arazoetako bat, semaforoen iraupen-zikloen optimizazioa da. Nola kudeatzen dira, baina, semaforoak?