Teléfonos móbiles: analizados once distintos

Todos funcionan ben

Aínda que tódolos móbiles estudiados cumpren o seu cometido, hai grandes diferencias no prezo e noutras prestacións
1 Maio de 2002

Todos funcionan ben

Analizáronse once teléfonos móbiles GSM de prezos moi diversos (o máis caro vale seis veces máis có máis económico) con distintos pesos, dimensións e características en cada modelo. Os móbiles hai tempo que deixaron de servir só para facer e recibir chamadas: hoxe incorporan outras funcións (xogos, reproductores de música, axenda…) que, para moitos usuarios, resultan determinantes á hora de decantarse por un terminal ou outro.

Nesta análise optouse por teléfonos libres (non adquiridos coa subvención dunha operadora telefónica), o que os encarece notablemente. Por iso, máis ca en función do prezo, é preferible engloba-los terminais estudiados en tres categorías de gama: gama alta (Nokia 8310, Ericsson T68 e Motorola V66), gama media (Nokia 3330, Sony CMD-J70, Alcatel OT 511, Ericsson T29, Motorola T191 e Siemens C45) e gama baixa (Trium Neptune e Panasonic EB-GD35).

Na gama alta a mellor relación calidade prezo é Ericsson T68, mentres que na gama media despunta Alcatel OT 511 e na baixa sobresae Trium Neptune.

A elección do consumidor, en calquera caso, dependerá de qué factores considera máis importantes: claridade do son, calidade dos xogos, número de melodías, cobertura…).

Sendo, como son, un producto que ten como principal trazo de identidade a mobilidade, tórnase fundamental neles o tempo que poidan permanecer sen necesidade de seren enchufados e o que tarda en recargarse a batería. A proba do laboratorio para medir cánto aguanta un terminal sen realizar ningunha función ata que se apaga (autonomía en espera) deu resultados dispares: os que menos duraron foron Panasonic, 95 horas (h) e Motorola V66 (121 h), mentres que os que máis tardaron en apagarse foron Ericsson T68 (283 h), e Alcatel OT 511 (211 h).

O tempo en conversa e uso achégase máis á duración real da batería. Para este test, cada teléfono estivo aceso dez horas ó día, nas que se efectuaba unha chamada de dez minutos cada hora ata que se apagase o terminal. Os de menor rendemento foron Panasonic EB-GD-35 (16,4h), Motorola V66 (16,5h), Sony CMD-J70 (17,2h), Nokia 3330 (17,9h) e Nokia 8310 (18,3h). Os mellores foron os dous Ericsson (24h).

En cargar tardan practicamente o mesmo

O tempo requirido para a carga da batería foi semellante nos once teléfonos, coa excepción de Siemens C45 (sensiblemente máis rápido: unha hora e 54 minutos), e Nokia 3330 (precisou 5 horas). Os demais esixiron entre dúas e tres horas.

Estes tempos dependen fundamentalmente da composición da batería. En teoría, as de Li-Polymer (Ericsson T68) son mellores cás de Ion-Litio (Nokia 8310, Motorola V66, Ericsson T29, Sony CMD-J70 e Alcatel OT 511), e estas son mellores cás de níquel-metalhidruro, (Nokia 3330, Motorola T191, Panasonic EB-GD35, Trium Neptune e Siemens C45).

CONSUMER mediu a cobertura dos diferentes teléfonos en dous puntos distintos: un lugar aberto e unha cámara apantallada, onde hai peor sinal. Na localización aberta destacaron Nokia 8310, Motorola V66 e Trium Neptune, mentres que os dous de Ericsson obtiveron os resultados máis discretos. Nas zonas con pouca cobertura desenvolvéronse mellor Motorola V66 e Trium Neptune, e o peor foi Panasonic EB-GD35.

A calidade do son avaliouse en dous lugares ruidosos (60 decibelios) con distinto nivel de cobertura. Ericsson T68 foi o mellor en ámbolos emprazamentos. Nokia 8310 só foi moi bo en condicións de alta cobertura, mentres que o peor en ámbolos casos foi o Trium Neptune, cun volume baixo e mala calidade de comunicación.

Outras funcións que no seu momento foron novidosas están xa incluídas en tódolos terminais: restricción, identificación e rexistro de chamadas, diferentes modalidades de timbre e vibración, caderno de enderezos, escritura simplificada de mensaxes curtas… Por iso, a diferencia entre uns terminais e outros estriba na facilidade e potencia destas funcións comúns. Tres expertos valoraron 43 elementos de cada teléfono nunha escala de 1 (deficiente) a 5 (excelente).

Nokia 8310 e Ericsson T68, os dous máis caros, foron os mellor valorados (4,4 puntos na valoración final), aínda que incluso o de puntuación máis modesta (Trium Neptune: 3,3 puntos) obtivo boas críticas en aspectos básicos como procurar números na axenda ou na xestión de mensaxes. O Trium fallou en ergonomía (voluminoso), claridade das teclas, xogos, calculadora e configuración de rede. Os dous de Motorola, Panasonic EB-GD35, Sony CMD-J70 e Siemens C45, tiveron entre 3,8 e 3,9 puntos. Algo mellor valorados quedaron Nokia 3330, Ericsson T29, e Alcatel OT 511 (entre 4 e 4,2 puntos).

Algúns dos modelos probados inclúen prestacións engadidas. É o caso da marcación directa (chamar a un número frecuente premendo só un botón), que falta en Trium, Sony e Ericsson T68. Manter unha conversa múltiple con varias persoas á vez é posible en todos menos en Nokia 3330 e Sony CMD-J70. O Nokia 3330 é ademais o único dos once que non permite configura-lo teléfono para que devolva o custo de cada chamada. Catro terminais non permiten a marcación por voz (Panasonic, Trium, Sony e Siemens) e en só seis deles (os dous Nokia, Motorola T191, Ericsson T29, Alcatel OT 511 e Siemens C45) se poden axuntar imaxes ás mensaxes de texto (SMS).

Tódolos teléfonos inclúen xogos, aínda que en número dispar. Panasonic só ten un, e Ericsson T68 oito (sen niveis de dificultade). Os mellores neste sentido resultaron Motorola T191 e Ericsson T29 (6 e 5 xogos respectivamente, con distintos niveis de dificultade).

Opcións extra

Seis dos modelos estudiados (Nokia 8310, os dous Motorola, Sony CMD-J70, Ericsson T68 e Siemens C45) ofrecen a opción de axenda (permite introducir citas con data, hora e anotacións). E todos menos Sony CMD-J70 e o Alcatel OT 511 dispoñen dun caderno de notas para gardar anotacións. Nalgúns modelos é posible gravar notas de voz para escoitalas máis tarde (Nokia 8310, Motorola V66, Ericsson T68 e Alcatel OT 511).

Outros servicios como chamada internacional (chamar ó estranxeiro sen marca-lo prefixo, elixindo o país), ofréceos o Panasonic, Ericsson T68, Alcatel OT 511 e Siemens C45, e a conversión de divisas é posible nos dous Motorola, ámbolos dous Nokia, en Alcatel, Trium e Sony.

Nokia 8310 e Ericsson T68 incorporan modem e conexión por infravermellos, polo que poden utiliza-la rede GSM (a actual) para enviar e recibir datos (permiten conectar un ordenador portátil a Internet sen necesidade de cables). Siemens C45 tamén incorpora modem, pero non infravermellos. Os xuíces valoraron as pantallas en tres condicións de luminosidade. Motorola T191, Nokia 8310, e Ericsson T98 tiveron moi bo comportamento. Pola contra, a visibilidade foi peor en Nokia 3330 e en Alcatel OT 511.

Resistencia a caídas

Para verifica-la resistencia dos móbiles ante choques mecánicos, introducíronse as mostras nun barril de volteo durante 25 voltas, o que equivale a 50 caídas ó chan. Comprobouse o estado do equipo unha vez transcorridas 5,15 e 25 voltas, e despois realizouse unha chamada. Só Motorola V66, Ericsson T68 e Alcatel OT 511 superaron o ensaio sen estragos. En catro teléfonos desprendeuse a carcasa traseira e a batería. Sony (ás 5 voltas), Nokia 8310 (ás 15 voltas), Trium (15 voltas) e Ericsson T29 (25 voltas). A maioría sufriron rabuñadas desde as primeiras voltas, aínda que seguían funcionando. Nokia 3330 tivo moi mal comportamento: nas primeiras 5 voltas xa tiña escachada a pantalla.

No tocante á compatibilidade electromagnética, medíronse dous apartados: por unha banda, comprobouse se un usuario cargado con electricidade estática podía altera-lo funcionamento do terminal, o que non aconteceu en ningún caso. Por outra banda, mediuse a potencia que cada teléfono precisa para transmitir, o que demostra a aptitude da antena (canto menos potencia emprega, máis eficaz resulta). Os mellores neste apartado foron Panasonic e Nokia 3330, e os que máis potencia empregan, os dous Motorola.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse once teléfonos móbiles moi distintos en prezo e prestacións. O máis caro sextuplica en prezo o máis barato, aínda que todos cumpren correctamente as funcións básicas: emitir e recibir chamadas e mensaxes.
  • As baterías dos dous Ericsson foron as que máis duraron en uso (24 horas), seguidos por Alcatel OT 511 (23 h). En espera, as mellores baterías foron as de Ericsson T68 (283h) e Alcatel OT 511 (211h). Pola contra, Panasonic (95h) e Motorola V66 (121h) tiveron un peor comportamento. Todas tardaron practicamente o mesmo en cargar (entre 2,5h e 3,5h), aínda que Siemens foi máis rápido e Nokia 3330 máis lento.
  • En resistencia ós choques destacaron Motorola V66, Ericsson T68 e Alcatel OT 511. Nokia 8310 tivo un comportamento medio, e o resto amosouse pouco resistente ás caídas. Nokia 3330 foi o único que sufriu roturas na proba.
  • A mellor relación calidade-prezo é Ericsson T68, na media Alcatel OT 511 e na gama baixa Trium Neptune. Pero cada usuario fai as súas propias valoracións, segundo as súas preferencias ou necesidades.
Marca Nokia Nokia Motorola Motorola Panasonic
Modelo 8310 3330 V66 T191 EB-GD35
Prezo medio 1
Libre 485 207 441 165 125
Contrato 417 148 401 103 100
Prepagamento 577 252 476 172
Datos técnicos indicados
Dimensións (mm) 97x43x17 113x48x22 Non indica Non indica 120,5x46x20,5
Peso (g) 84 133 Non indica Non indica 109
T. de carga (h) 3 Non indica Non indica Non indica 3
T. en espera (h) 100-400 55-260 Non indica Non indica 175
T. en conversa (h) 2,15-4 2,5-4,5 Non indica Non indica 6
Nivel SAR (W/Kg) 0,82 0,96 Non indica Non indica 0,856
Tamaño
Dimensións (mm) 97x43x20 114x49x22 109x45x23 122x42x20 141x45x23
Peso (g) 83 134 82 98 108
Autonomía (h)
T. espera 154,5 207 121,4 156,5 94,5
T. conversa/uso 18,31 17,9 16,5 19,8 16,4
T. carga 2,8 5 2,7 3 2,5
Avaliación funcional 3 4,4 4,2 3,8 3,8 3,9
Visibilidade da pantalla 4,5 3,4 4,1 4,7 3,7
Durabilidade 5 Media Baixa Alta Baixa Baixa
EMC 6 Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto
Cobertura 7 70 55 75 50 45
Calidade de son 8 3,7 3,5 3,2 4 3,2
Marca Ericsson Trium Sony Ericsson Alcatel Siemens
Modelo T29s Neptune CMD-J70 T68 OT 511 C45
Prezo medio 1
Libre 173 86 205 490 205 154
Contrato 201 106 205 511 222 200
Prepagamento 140 392 113 109
Datos técnicos indicados
Dimensións (mm) 97x50x22 120x50x28 133x44x21 100x48x20 97x42x20 109x46x23
Peso (g) 105 120 92 Non indica 75 105
T. de carga (h) Non indica 2,10 menor que 3 4 3 menor que 2
T. en espera (h) Non indica 200 menor que 130 Non indica 280 200
T. en conversa (h) Non indica Non indica menor que 3 Non indica 6 5
Nivel SAR (W/Kg) Non indica 0,96 Non indica Non indica 0,856 0,856
Tamaño
Dimensións (mm) 122x48x22 138x50x27 113x44x22 101x48x20 97x42x21 109x46x24
Peso (g) 104 127 91 84 73 108
Autonomía (h)
T. espera 137,5 204,5 166,7 282,8 211 185,3
T. conversa/uso 23,5 20 17,2 24 22,9 21
T. carga 3,6 2,3 2,4 2,4 3,1 1,9
Avaliación funcional 3 4 3,3 3,9 4,4 4 3,8
Visibilidade da pantalla 4,3 3,7 3,7 4,6 3,3 3,6
Durabilidade 5 Baixa Baixa Baixa Alta Alta Baixa
EMC 6 Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto
Cobertura 7 45 75 50 45 55 50
Calidade de son 8 2,8 1,9 2,7 4,5 3,5 3,5

1) Se trata de valores únicamente orientativos. Trátase de valores unicamente orientativos. O prezo do terminal libre refírese na maioría dos casos a prezos atopados en Internet.

2) Nivel SAR: Taxa de absorción específica, relacionada coa exposición a emisións radioeléctricas, sendo o límite internacional de 2 W/Kg.

3) Avaliación funcional: puntuación media das valoracións realizadas por tres xuíces expertos, sobre un protocolo composto por 43 ítems, valorados cunha escala de 1 a 5 puntos.

4) Visibilidade da pantalla: puntuación media das valoracións realizadas por tres xuíces sobre a lexibilidade da pantalla, medida en tres condicións de luminosidade diferentes (baixa, media e alta).

5) Durabilidade: número de voltas tralo cal a mostra presentou estragos dalgún tipo no ensaio en barril de volteo. Tódalas mostras funcionaron satisfactoriamente ó remate do ensaio.

6) EMC: compatibilidade electromagnética. Fai referencia á capacidade das mostras de funcionar satisfactoriamente sen interferir sobre nin sufrir trastornos por outros equipos.

7) Cobertura: os resultados corresponden a valores medios de catro medidas realizadas con dous operadores diferentes, en dúas localizacións distintas.

8) Calidade de son: Puntuación media da calidade de son avaliada por tres xuíces, tanto en condicións de alta como baixa cobertura, con ruído ambiental elevado (60 dB).

Un a un

Un a un, ONCE TELÉFONOS MÓBILES

GAMA ALTA - Ericsson T 68

  • 84 gr.
  • Mellor relación calidade-prezo da súa gama.
  • Batería de Li-Polymer. Autonomía máxima. Moi completo en funcións. Máxima puntuación en avaliación funcional e ergonómica (4,4 puntos). Moi ben en lexibilidade. Dos máis resistentes. O mellor en calidade de son e dos peores en cobertura.

Nokia 8310

  • 83 gr.
  • Batería de Ion-Litio. Moitas funcións. Máxima puntuación en funcións e ergonomía (4,4 puntos). Destacaron a realización ou recepción de chamadas, ergonomía, tamaño de pantalla, identificación de voz, axenda e mensaxes. Ben en lexibilidade.

Motorola V66

  • 82 gr.
  • Batería de Ion-Litio. Baixa autonomía. Moitas funcións. Xunto con Ericsson T68 e Alcatel OT 511, un dos máis resistentes. Nota intermedia en avaliación funcional (3,8 puntos). Dos que máis potencia precisa para transmitir e dos mellores en cobertura.

GAMA MEDIA - lcatel OT 511

  • 73 gr.
  • Mellor relación calidade-prezo da súa gama. Xunto con Nokia 8310 un dos máis pequenos e o máis lixeiro. Batería de Ion-Litio. Das mellores avaliacións funcionais (4 puntos). Elevada autonomía en espera. O peor en visibilidade e un dos máis resistentes.

Ericsson T29

  • 104 gr.
  • Batería de Ion-Litio. Un dos peores en cobertura. Non moi ben en calidade de son. Autonomía máxima en conversa/uso. Das mellores avaliacións funcionais (4 puntos). Xunto con Motorola T191, o mellor en xogos (5 con niveis de dificultade).

Motorola T191

  • 98 gr.
  • Batería de níquel-metalhidruro. O mellor en visibilidade de pantalla. Nota intermedia en avaliación funcional (3,8 puntos). Un dos que máis potencia precisa para transmitir. Xunto con Ericsson T29, o mellor en xogos (6 con niveis de dificultade).

Siemens C45

  • 108 gr.
  • Batería de Níquel-metalhidruro. Mínimo tempo de carga da batería (1 hora e 54 minutos). Nota intermedia en avaliación funcional (3,9 puntos). Incorpora un modem para o envío de datos (conectar un ordenador a Internet), pero non infravermellos.

Sony CMD-J70

  • 91 gr.
  • Batería de Ion-Litio. Non moi ben en calidade de son. Nota intermedia en avaliación funcional (3,9 puntos). Destaca en realizar chamadas, facilidade para cambia-la batería e inserir tarxeta SIM, realizar correccións ó marcar, envío de mensaxes de texto, ou axenda e citas.

Nokia 3330

  • 134 gr.
  • O máis pesado. Batería de níquel-metalhidruro. Máximo tempo de carga e elevada autonomía en espera. Das mellores avaliacións funcionais (4,2 puntos). O peor en resistencia a choques. Un dos que menos potencia precisa para transmitir.

GAMA BAIXA - Trium Neptune

  • 127 gr.
  • Mellor relación calidade-prezo da súa gama. Batería de níquel-metalhidruro. A peor valoración funcional e ergonómica: 3,3 puntos (voluminoso, pero ben en axenda e mensaxes). Xunto con Motorola V66, o mellor en cobertura. A peor calidade de son.

Panasonic EB-GD35

  • 108 gr.
  • Batería de níquel-metalhidruro. Pouca autonomía en espera e en conversa/uso. Xunto co Nokia 3330, un dos que menos potencia precisa para transmitir. Un dos peores en cobertura.