Separación e divorcio: consecuencias económicas

Repercusións moi distintas segundo o réxime matrimonial

Elixir de antemán o réxime económico do matrimonio pode aforrar cartos e problemas en caso de separación ou divorcio
1 Xaneiro de 2004

Repercusións moi distintas segundo o réxime matrimonial

/imgs/20040101/img.informe.01.jpg
A institución do matrimonio atópase en crise no noso país. Como mostra de que esta afirmación non é esaxerada abonda con reparar nun dato concluínte: segundo o Instituto Nacional de Estatística, o número de separacións e divorcios medra en España a un ritmo tres veces superior ó de vodas. O propio Instituto de Política Familiar corrobórao e recolle nunha recente publicación que o número de matrimonios rotos ó ano medrou un 72% na última década.

A ruptura dunha parella afecta a moitas persoas -ós propios cónxuxes e ós seus fillos, ós seus familiares e amistades- e de moi distintos xeitos. Cómpre non esquecer que aínda que para os contraíntes e a súa familia o fundamento dunha voda é o amor, para os efectos da sociedade un matrimonio é un contrato legal, coas súas cláusulas -neste caso chamadas capitulacións- e as súas posteriores consecuencias en caso de ruptura. Entre elas, e deixando a un lado aspectos de índole emocional e psicolóxica, a separación e o divorcio obrigan ós ex cónxuxes a adoptar unha serie de medidas económicas para atende-lo coidado, a custodia e os alimentos dos fillos, para protexer e compensar en termos económicos o cónxuxe máis desfavorecido pola separación ou divorcio, para determinar a quen lle corresponde o uso da vivenda familiar, para adxudicarse préstamos ou débedas pendentes do matrimonio e para darlle fin ó réxime económico matrimonial.

As medidas que cómpre adoptar difiren segundo o réxime económico polo que un matrimonio se rexe. De acordo co noso Código Civil, hai tres réximes económicos matrimoniais: de participación, de separación de bens e de gananciais. Precisamente este último é o que se aplica por defecto nos casamentos salvo que os contraíntes acorden optar por calquera dos outros dous réximes. Nese caso, cómpre acudir á notaría para outorgar capitulacións matrimoniais mediante escrituras.

Règim econòmic Definició Quins béns implica
Béns a guanys Són béns comuns del matrimoni els guanys o beneficis obtinguts durant el matrimoni indistintament per qualsevol dels cònjuges. Els obtinguts pel treball o indústria Rendes i interessos, i fruits, dels guanys i dels privatius. Els adquirits a títol onerós a costa dels diners comuns.
Les empreses i els establiments fundats durant el matrimoni per qualsevol dels cònjuges a costa dels béns comuns. Els guanys obtinguts pel joc.
Separació de béns Cada membre del matrimoni és propietari dels seus béns i pot actuar amb total independència, administrant-los i disposant-ne amb total llibertat. L’única obligació és contribuir a les càrregues del matrimoni en proporció als recursos de cada un. En les capitulacions matrimonials es pot pactar la forma en què es contribuirà a les càrregues del matrimoni, per exemple, assenyalant percentatges. En defecte de conveni respecte d’això, els cònjuges contribuiran proporcionalment als seus respectius recursos econòmics.
Participació Règim molt poc utilitzat a Espanya. Cada cònjuge té dret a participar en els guanys que l’altre obté, però a cadascun li correspon l’administració i gaudi dels béns propis. Durant el matrimoni, cada bé o recurs pertany de forma privativa a cada un dels cònjuges, i només els beneficis d’aquests béns poden aportar-se a la societat matrimonial.
Règim econòmic Què passa en cas de divorci Quins avantatges té
Béns a guanys Es divideixen en dos tots els béns de la societat matrimonial. Per a això és necessari fer un inventari que enumeri tots els béns i realitzi paquets que puguin ser distribuïts de forma igualitària entre els dos cònjuges. És el que es considera més just perquè respecta el principi de solidaritat del matrimoni.
Separació de béns Els béns es liquiden fàcilment, ja que cadascun disposa dels seus. Només els béns que han sigut comuns s’han de partir entre dos. – Permet més independència i ofereix més avantatges quan un o els dos cònjuges realitzen una activitat professional que comporta riscs.
– Planteja menys problemes en cas de separació. Però si no es prenen precaucions, pot deixar en desequilibri un dels dos.
Participació Com ocorre amb el règim de béns a guanys, el cònjuge que més beneficis hagi obtingut durant el matrimoni ha de compensar l’altre cònjuge. Presenta els mateixos avantatges que el règim de separació, però, a més, garanteix una major igualtat perquè preveu la participació del cònjuge que menys beneficis ha obtingut en els guanys de l’altre.

¿Quen queda coa vivenda?

A vivenda familiar configúrase como un patrimonio ó servicio da familia como colectividade, é dicir, como unha especie de propiedade familiar que trascende ós propios cónxuxes, aínda que sexa un ben privativo dun deles.
Cando hai fillos menores de idade ou dependentes, e de non haber acordo dos cónxuxes aprobado polo xuíz, o uso da vivenda familiar correspondelles ós fillos e ó cónxuxe que quede con eles, tanto se a vivenda pertence ós dous cónxuxes coma se é privativo dun deles.
Se o matrimonio non tivo fillos ou estes son independentes no momento da separación dos seus pais, pódese efectuar unha atribución do uso de modo sucesivo e alternativo ata que se produza a liquidación do caudal común, sempre que esta vivenda sexa común ou un ben ganancial, e a posición económica de ámbolos cónxuxes sexa a mesma. No caso de que exista unha situación de desequilibrio económico entre os cónxuxes, nun primeiro momento atribuiráselle o uso da vivenda ó cónxuxe máis necesitado de protección.
No caso de que a vivenda sexa un ben privativo dun cónxuxe, a regra xeral é que o uso da vivenda lle corresponda ó titular da vivenda. Pero, como excepción, o xuíz poderá acordar “que o uso destes bens, polo tempo que prudencialmente se fixe, lle corresponda ó cónxuxe non titular, sempre que, atendidas as circunstancias, o fixeran aconsellable e o seu interese fose o máis necesitado de protección”.
Cando a vivenda familiar é de alugueiro, e se adxudica ó cónxuxe que non é titular do arrendamento, a Lei de arrendamentos urbáns dispón que o consorte non arrendatario poderá continuar no uso da vivenda. Neste caso o cónxuxe debe comunicarlle a súa vontade de continuar na vivenda ó arrendador e no prazo de dous meses desde que lle foi notificada a resolución xudicial, achegando copia da resolución xudicial ou da parte da mesma que afecte ó uso da vivenda.

Territorios con derechos propios
Albergue rio aragon

Aragón

Rexe un réxime legal denominado consorcio conxugal polo que se delimitan que bens son comúns e cales privativos. Mediante capitulacións pódese optar por un réxime matrimonial paccionado ou por unha separación de bens.

Illas Baleares

O réxime legal é a separación de bens. Mediante capitulacións -espolits en Eivissa e Formentera- pódese optar por un réxime paccionado.

Biscaia*, Llodio e Aramaiona

O réxime económico do matrimonio que rexe na maioría das vilas de Biscaia (incluída Bilbao) é o que libremente pacten os cónxuxes en escritura pública. De non haber pacto, rexe a chamada Comunicación Foral, en virtude da cal se fan comúns tódolos bens mobles ou raíces, tanto os achegados coma os adquiridos durante o matrimonio, independentemente da súa procedencia e do lugar en que radiquen. O foro biscaíño tamén rexe en Llodio e Aramaiona (Álava).
*O Código Civil rexe nas Vilas de Biscaia, mentres que o Dereito Foral o fai no Infanzonado ou Terra Cha. As vilas onde é aplicable o Dereito Civil son as seguintes: Bilbao, Balmaseda, Bermeo, Durango, Ermua, Gernika-lumo, Lanestosa, Lekeitio, Markina-Xemein, Ondarroa, Orduña, Otxandio, Portugalete e Plentzia.

Cataluña

O réxime legal é a separación de bens. Mediante capitulacións pódese pactar un réxime de participación, unha asociación de compras e melloras, o agermanament ou pacto de metade por metade, pacto de convinença ou mitja guadanyeria e o réxime de comunidade de bens.

Galicia

O réxime xeral é o de gananciais. O dereito civil galego establece a posibilidade de convir en capitulacións outro réxime económico matrimonial e estas capitulacións poderán conter calquera estipulación relativa ó réxime económico familiar e sucesorio, sen máis limitacións cás derivadas do establecido na lei do Dereito Civil de Galicia.

Navarra

Establécese como réxime legal o réxime de conquistas ou sociedade conxugal de conquistas. Mediante capitulacións matrimoniais pódese pactar outro réxime, como o de comunidade universal de bens ou o de separación de bens.

O pagamento da manutención

A separación, a nulidade e o divorcio non eximen ós pais das súas obrigas para cos fillos. A obriga de alimentar e atende-las necesidades básicas destes seguirá vinculando ós pais, sen que importe en absoluto a separación ou o divorcio dos pais. Se o pai ou a nai que debe pasa-la pensión non cumpre coas súas obrigas ou non se chega a un acordo entre as dúas partes, o xuíz será quen determine a contía que debe achegar cada cónxuxe, sendo o cónxuxe privado da custodia quen deberá aboa-la pensión de alimentos ós fillos.
Durante o tempo que dura a separación, o cónxuxe máis débil tamén pode recibir unha pensión alimenticia, xa que é unha obriga entre parentes atender esta necesidade. Con todo, unha vez executado o divorcio, esta pensión desaparece, xa que non existe ningún vínculo de parentesco entre os dous ex cónxuxes.
O cónxuxe ó que a separación ou divorcio lle produza un desequilibrio económico en relación coa posición do outro ten dereito a unha pensión compensatoria que se fixará na resolución xudicial, tendo en conta, entre outras circunstancias, os acordos ós que chegaran os cónxuxes, a idade e estado de saúde, a cualificación profesional e as posibilidades de acceso a un emprego, a dedicación pasada e futura á familia, a duración do matrimonio e da convivencia conxuxal… O dereito á pensión extínguese cando cese a causa que o motivou, ben por desaparece-lo desequilibrio económico, por contrae-lo beneficiario da pensión novo matrimonio ou por vivir maritalmente con outra persoa. Tamén é posible renunciar a ela, pero non é o aconsellable, aínda que se substitúa pola pensión de alimentos, dado que co divorcio se extinguirá a pensión de alimentos e xa non se poderá solicitar pensión compensatoria, pola renuncia previa.