Comercio xusto

Iniciativa para favorece-la igualdade entre pobos

Mercando productos de comercio xusto contribúese a elimina-las diferencias entre países ricos e pobres
1 Decembro de 2003
Img listado informe

Iniciativa para favorece-la igualdade entre pobos

Co Nadal á volta da esquina, ábrense os interrogantes habituais sobre os regalos que lles realizamos ós amigos e familiares. Unha posibilidade, non sempre coñecida, é a de regalar productos de comercio xusto, é dicir, productos elaborados por grupos desfavorecidos de países en vías de desenvolvemento e que chegan ás tendas de Europa e de América sen intermediarios e asegurando un prezo xusto para os productores que lles permita vivir de maneira digna. Estes productos abranguen diferentes sectores. Desde alimentación (café, té, azucre, chocolate, marmeladas, froitos secos, etc.) ata unha ampla gama de obxectos de regalo, fabricados de xeito artesanal (bixutería, complementos de vestir, papelería, xoguetes, decoración do fogar…). Deste xeito, o consumidor pode mercar productos e obxectos útiles, cunha calidade garantida e, ó mesmo tempo, contribuír a elimina-las diferencias entre os países do norte e do sur.

A primeira tenda de Comercio Xusto abriuse en 1969 en Holanda e de aí estendeuse polos Países Baixos, Alemaña, Suíza, Austria, Francia, Suecia, Gran Bretaña e Bélxica. En 1990, despois de 10 anos de cooperación informal, naceu a European Fair Trade Association (EFTA ou Asociación Europea de Comercio Xusto). En España este fenómeno é máis novo e só a partir de 1998 se pode dicir que existen establecementos onde adquirir estes productos, aínda que a evolución foi positiva.

Os últimos datos dispoñibles corresponden ó 2002 e sinalan un volume de vendas de 5.911.000 euros. España ocupa actualmente o oitavo posto en cifras de importación de productos de comercio xusto. Por diante do noso país atópanse Francia, Irlanda ou Suecia, entre outros.

Os productos de maior demanda son os de alimentación, que acaparan o 56% das vendas, sendo o café o producto estrela. En países como Bélxica, o 30% de todo o café que se consome impórtano institucións dedicadas ó comercio xusto. Volvendo ó noso país, os artigos de artesanía acaparan o 40% das vendas, mentres que libros e demais productos ocupan un marxinal 4%.

Cando en comercio xusto se fala de alimentación, o producto estrela é o café, seguido do cacao. Ámbolos productos constitúen en moitos países a única fonte de ingresos para os seus cidadáns e a sobreexplotación dos territorios comporta mesmo a desertización e a destrucción da selva. Coas accións de comercio xusto conséguese que os consumidores dos países do norte axuden ó progreso de países en vías de desenvolvemento, pero seguindo unha serie de condicións que garantan que os recursos chegan ás persoas que realmente o precisan sen unha sobreexplotación dos terreos de cultivo.

No caso dos productos de artesanía e téxtiles, que ocupan o segundo nivel na demanda dos consumidores do norte, asegúrase que, por unha banda, seguen as tendencias dos consumidores, gracias á interrelación entre os productores e as centrais de comercialización (as ONG e entidades de comercio xusto).

As vendas realizáronse a través das preto de 80 tendas repartidas en toda España, cunha superficie total de 1645 metros cadrados que están atendidas por 382 voluntarios e por 38 persoas contratadas. Ademais, estes productos pódense adquirir a través de diferentes páxinas web dos importadores e tamén en establecementos tradicionais que habilitan unha parte do seu espacio para estes productos. Algunhas grandes cadeas de distribución tamén se implicaron recentemente neste comercio e ofrecen estes productos nos seus andeis.

O perfil do consumidor habitual de productos de comercio xusto é unha muller de entre 28 e 60 anos de idade, dun nivel económico medio e con certa sensibilidade cara ós temas sociais. Con este perfil, os productos que buscan sempre teñen o seu equiparable no comercio “normal”, mais prefiren elixir productos de comercio xusto precisamente pola súa implicación social.

Co obxecto de amplia-lo seu mercado e atraer un maior número de clientes, desde as diferentes ONG implicadas no comercio xusto estase analizando o emprazamento das tendas como unha vía para facer máis doado o acceso a estes productos. Para os responsables de tendas de Comercio Xusto de Intermón Oxfam o obxectivo é empraza-las tendas e os puntos de venda preto dos centros neurálxicos de comercio das cidades para que a acción de compra sexa sinxela e non constitúa un sobreesforzo.

Os efectos nas zonas productoras

Os productores de elementos de comercio xusto atópanse distribuídos por tódolos países considerados “Terceiro Mundo”, e tamén nalgúns como México, onde as diferencias sociais son tales que cómpre constituír estas cooperativas para que grupos marxinais se poidan desenvolver. O efecto que provoca este comercio non se limita ás familias que poden traballar nestas cooperativas, senón que afecta a toda a comunidade.

A India é un dos países onde máis cooperativas de Comercio Xusto se desenvolveron. Segundo datos do ano 2000, en Tamil Nadu aproximadamente 1.300.000 homes e mulleres traballan nuns 500.000 teares manuais. Amais de saris (destinados ó mercado local), tecen sabas, mantas e outros téxtiles para o fogar destinados sobre todo á exportación. Dúas terceiras partes dos tecedores están organizados en cooperativas adheridas á organización de segundo grao semipública Cooptex. Os servicios máis importantes que Cooptex brinda son o de subministrar fíos baratos e o de asesorar a nivel técnico, de producto e de comercialización. Tamén leva a cabo programas de construcción de vivendas, de créditos con xuros baixos e de recompra das débedas que obrigan a que os tecedores traballen para un empregador concreto. Un tecedor que traballa a xeira completa recibe 1000 rupias de Cooptex, é dicir, máis ca un traballador de fábrica. Unha parte dos productos de cooperativas escollidas véndese a través das organizacións de comercio xusto, o que permite crear novos productos, conceder vantaxes sociais e penetrar ós poucos nos mercados estranxeiros.

Un comercio con múltiples beneficios

Para os responsables de Tendas de Comercio Xusto de Intermón Oxfam, a prioridade das institucións dedicadas ó comercio xusto, ben sexan ONG, asociacións ou cooperativas, non é a ganancia económica.

O obxectivo principal destas iniciativas é mellora-lo xeito de vida dos productores, axudándolles a acceder ós mercados a través do pagamento dun prezo xusto polo seu traballo e cunha continuidade nas súas relacións que permita unha mellora real das condicións de vida dos productores a longo prazo, destinando parte do seu beneficio á mellora das condicións básicas das súas propias comunidades. Esta actividade persegue como obxectivo final que estes productores poidan competir en igualdade de condicións nos mercados internacionais, polo que a axuda non é unha caridade, senón que existen esixencias de calidade e de certos cumprimentos.

O comercio xusto ten tamén como obxectivo favorecer ós máis desfavorecidos. Segundo os datos ofrecidos por Intermón Oxfam, “o 65% dos pobres do mundo son mulleres, mentres que só constitúen o 52% da poboación”. Deste xeito, as mulleres sofren unha dobre discriminación: polo seu sexo e pola súa situación económica. O comercio xusto trata de promover a este colectivo, xunto a outros, como os indíxenas, para que poidan saír da súa situación. Tamén busca rematar co traballo infantil, permitindo que as xeracións máis novas empreguen o seu tempo na educación. Outro obxectivo deste comercio é promove-la igualdade entre homes e mulleres con salarios iguais a igual actividade, promove-la participación, o respecto ó medio natural e a producción de productos de calidade.

Un comercio aberto a todos

A Coordinadora Nacional de Comercio Xusto está traballando para pór en marcha un Selo de Garantía Social, que emitirá unha entidade independente, e que poderán solicitar tódalas empresas que queiran sumarse ó comercio xusto, para o que deberán cumpri-las condicións que impón este selo. É dicir, calquera empresa de calquera sector, se cumpre as condicións de comercio xusto (salarios dignos ós productores, eliminación do traballo infantil, equiparación entre homes e mulleres, promoción de sociedades participativas e democráticas, etc.) pode solicitar que unha entidade independente verifique esta situación e lle outorgue este selo. Deste xeito, os consumidores saberán que empresas teñen unha vertente de responsabilidade social cos países menos favorecidos. Os principais beneficiarios do potencial éxito desta iniciativa son os productores, que poderán acceder a mercados moito máis amplos. Ademais, este selo poderá identifica-la procedencia de cada producto e asegurar que cada un dos elementos que interveñen nunha prenda ou artigo de artesanía cumpre tódolos requisitos. Xa que logo, se nun producto intervén máis dunha materia prima, fabricada en distintos puntos do planeta, necesitará acreditar que cada un deles cumpre cos criterios de comercio xusto para obte-lo selo.

As regras do Comercio Xusto:
  • Reducción da cadea de intermediarios.
  • Pago dun prezo xusto. O prezo de compra está en función do custo das materias primas, da producción e do tempo e da enerxía investidos. Débenlle permitir ó productor alcanzar un nivel de vida razoable.
  • Condicións laborais dignas.
  • Sen discriminación por sexo, raza, relixión…
  • Condena de calquera tipo de explotación infantil.
  • Relacións comerciais a longo prazo.
  • Pagamento por adiantado da mercadoría (ata un 60%).
  • Investimento dos beneficios no desenvolvemento da comunidade.
  • Respecto do medio natural.
  • Productos de calidade.

Organizacións

Tendas de comercio xusto
ANDALUCÍA
ALMERÍA El Círculo
Plaza del Carmen, 3 Almería 699 13 24 53
CÁDIZ La mar solidaria
C/ Teniente Miranda, 117
Contigo
C/ Lenceria, 19 Jerez 956 32 52 39 Algeciras
CÓRDOBA Ideas
Polígono de Amargacena Avd. Amargacena, Parcela 9 Nave 7 Córdoba 957 42 90 80
GRANADA Tienda de la Solidarida
C/ Calderería Nueva, 4 Granada 958 21 06 16
JAÉN Tienda de la solidaridad
C/ Espronceda, 15 Linares 953 65 72 60
SEVILLA Intermón Oxfam
C/ Méndez Nuñez, 1 Sevilla 902 330 331
Solidaridad Internacional
Avda. Menéndez y Pelayo, 52-3º C Sevilla 95 454 06 34
ARAGÓN
ZARAGOZA Intermón Oxfam
C/ León XIII, 24 Zaragoza 902 330 331
Paz y Solidaridad
Paseo Constitución, 12 Zaragoza 976 23 91 85
ASTURIAS
OVIEDO L’Arcu la Viella
C/ Postigo Alto, 14 Oviedo 985 21 73 57
GIJÓN Picu Rabicu
C/ Numa Guilhou, 14 Gijón
ISLAS BALEARES
MALLORCA Intermón oxfam
C/ Victoria, 4 Palma de Mallorca 902 330 331
Del Casal de la Pau
C/ Pou Fondo, 1 Manacor 971 84 31 07
Finestra del Sud
Plaza de Orga, 5 Inca 971 88 40 06
S’altra senalla
Carrer 31 de desembre, 44 Palma de Mallorca (Mallorca) 971 20 00 50 / 971 29 12 31
C/ Menor, 21 Alaior
C/ María Auxiliadora, 1 Ciutadella 971 48 11 37
Casal de la Pau
C/ Pou Fondo, 1 Manacor 971 84 31 07
Finestra al Sud
Plaça de l´orgue, 5 baixo Inca 971 88 40 06
S’altra senalla
C/ Concepció, 15 Maó 971 36 38 15
ISLAS CANARIAS
GRAN CANARIA Por ellos
C/ Menéndez Pelayo, 1 Las Palmas de Gran Canaria 928 24 83 32
Rincón de Gaia
C/ Malteses, 12 Las Palmas de Gran Canaria 928 37 27 95
TENERIFE Colores del Sur
C/ El Juego 7 La Laguna 922 63 20 89
Sinpromi
C/ San Francisco 112. Edif. Mahona Santa Cruz de Tenerife 922 24 91 99
CASTILLA-LA MANCHA
ALBACETE Romero
C/ Pedro Coca, 7 Albacete 967 22 80 93
CIUDAD REAL Jaima
C/ Belén, 3 Tomelloso 619 18 42 76
TOLEDO Intermón Oxfam
C/ Cordonerías, 7-9 Toledo 902 330 331
CASTILLA-LEÓN
LEÓN Intermón oxfam
C/ Cervantes, 12 bajo León 902 330 331
SALAMANCA Insolamis
Plaza España 15 Salamanca 923-21 03 22
LEÓN Intermón oxfam
C/ Cervantes, 12 bajo León 902 330 331
VALLADOLID Intermón oxfam
C/ Colmenares 1 Valladolid 983 20 31 83
Sodepaz/Sodepau
Fray Luis de León, 20 Valladolid 983 30 68 78
ZAMORA Solidarios
C/ Cervantes s/n Zamora 980 67 16 62
CATALUÑA
BARCELONA Alternativa 3
Pere de Fices, 38 – 40 baixos Terrassa 93 735 30 47
Comerç just
C/ Mercado, 5 Molins de Rei 93 668 10 73
Cooperacció
C/ San Honorat, 7 principal Barcelona 93 318 34 25
Intermón oxfam
C/ Provenza, 247 Barcelona 902 330 331
C/ Roger de Llúira, 15 Barcelona 902 330 331
C/ Havana 8 Vilanova i la Geltrú 902 330 331
C/ Sant Miquel 53 Badalona 902 330 331
Paseo Conde de Egara, 2-4 Terrasa 902 330 331
La botiga solidaria
C/ Barcelona 50 Mataró 93 796 00 87
La peixatería
Carrer Barcelona, 50 Mataró 93 796 00 87
Sodepaz/Sodepau
Passatge Credit, nº 7 ppal. Barcelona
Xarxa de consum solidari
C/ Avinyó, 29 Barcelona 93 268 22 02
GIRONA Intermón Oxfam
Pl. del Vi, 4 Girona 902 330 331
LLEIDA Intermón oxfam
C/ Roca Labrador, 7 Lleida 902 330 331
Lo cacau
C/Cavallers, 22 Lleida
TARRAGONA Tot món
C/ Comte de Rius 2 Tarragona 977 22 40 04
C/ Metge Vila 11, bajos Tortosa 977 44 30 31
EXTREMADURA
BADAJOZ La casa del sol
C/ Francisco Pizarro 10 B Badajoz 924 25 40 14
Extremo Sur
C/ Alvarado, 21 Mérida 924 31 89 69
GALICIA
A CORUÑA Intermón oxfam
Estrecha de San Andrés, 12 bajo A Coruña 902 330 331
Panxea
C/ Hortas 4 Santiago de Compostela 981 58 00 91
LUGO A cova da terra
C/ Nóreas Nº 12- Bajo Lugo 982 23 02 11
PONTEVEDRA A factoría do sur
Rúa da Ponte, bajo Pontevedra 986 84 81 59
MADRID
MADRID Asociación Proyde
C/ Marqués de Mondéjar 32 Madrid 91 356 06 07
Azoche
C/ Jorge Juan, 76 Madrid 91 575 68 71
Contigo
C/ Guzmán el Bueno, 37 Madrid 91 544 82 32
Copade
Pasaje Pradillo, 12 local Madrid 91 561 74 27
Espanica
C/ Escorial 16, 3º Madrid 91 522 10 35
Iepala
C/ Hnos. Gª Noblejas 41, bis Madrid 91 367 16 86
Intermón oxfam
C/ Alberto Aguilera, 15 Madrid 902 330 331
OCSI-AMS
C/ Ercilla, 48 – 1ºB Madrid 91 474 57 02
La aldea del sur
Avda. Pablo Neruda 77 – Port. N, 4º D Madrid 91 477 64 73
La ceiba
C/ Amor de Dios, 11 Madrid 91 420 16 17
La casa encendida – Tienda solidaria
Ronda de Valencia, 2 Madrid 91 468 14 20
Ocsi-ams
C/ Ercilla, 48 – 1ºB Madrid 91 474 57 02
Setem
C/ Gaztambide, 50 Madrid 902 012 838
Sodepaz/Sodepau
C/ Puebla, 15 Madrid 91 522 80 91
C/ Pez, 27 despacho 314 Madrid 91 522 90 84
Solidaridad Internacional
C /Marqués de Urquijo 41-1º Madrid 91 541 37 37
Subiendo al sur
C/ Ponciano, 5 Madrid Tel: 91 548 11 47
Unis
Avda. De Canillejas a Vicálvaro, 66 Madrid 91 393 18 96
Utopía
Avda. De la Zaporra, 23 Alcobendas 91 663 81 64
Centro solidario
C/ Honduras, 6 Coslada 91 671 75 43
MURCIA
MURCIA Intermón oxfam
C/ Echegaray, 4 Murcia 902 330 331
Al Sur – Itaca
C/ Madrid Murcia 968 93 46 35
NAVARRA
PAMPLONA Sodepaz/Sodepau
C/ Damaso Zabalza, 2 bajos 3 Pamplona 948 15 09 99
Adsis-Equimercado
Loma de Sta. Lucía, s/n Pamplona 948 30 24 50
LA RIOJA
LOGROÑO Sodepaz/Sodepau
C/Portales, 3 Logroño 941 25 45 07
PAIS VASCO
ALAVA Medicus Mundi puestomundi
Plza. de Abastos, s/n puesto 37 Vitoria-Gasteiz
GUPÚZCOA Topagune / Emaus
Plaza Centenario, 3 San Sebastián Tfno 943 47 08 26
Emaus-Erein
C/ López de Becerra, 6 bajo Irún 943 61 39 04
Topagune
C/ Luis Mariano, 9 Irún 943 63 56 81
VIZCAYA Intermón Oxfam
Alameda de Urquijo, 11 Bilbao 902 330 331
Mercadeco
Pza. San Felicísimo, 14 Bilbao 94 476 30 55
Erein-Getxo
Avda Basagoiti, 56 Algorta-Getxo 94 491 33 07
COMUNIDAD VALENCIANA
ALICANTE Intermón oxfam
C/ Pintor Velázquez, 29 Alicante 902 330 331
CASTELLÓN Alternativa 3
C/ Trinidad, 23 Castellón 96 426 06 39
ELCHE Comercio justo y solidario
C/ San Vicente, 1 Elche
VALENCIA Intermón Oxfam
C/ Marqués de Dos Aguas, 5 Valencia 902 330 331
Sodepaz/sodepau
C/ Carniceros, 8 Valencia 963 91 76 94
La tenda del tot el món
Psaje. Vicente Moliner, 4 bajo Puerto de Sagunto96 267 90 26