Eficaces cando o deporte é intenso e se súa moito
Ó practicar deporte elévase a temperatura corporal. Para regulala, prodúcese a suor, que supón que o noso organismo perda auga e sales minerais. Á súa vez, a perda destes sales fai que diminúa o rendemento físico e que a recuperación sexa máis lenta. As bebidas isotónicas conteñen azucres e sales minerais á mesma presión osmótica có sangue. Pola súa composición, este líquido sae do estómago, pasa ó intestino, onde é absorbido, e de alí chega ó torrente sanguíneo sen dificultade, o que favorece a rápida asimilación dos seus constituíntes.
Inxerir bebidas isotónicas favorece o rendemento deportivo e axuda a repor axiña as perdas ocasionadas polo exercicio físico intenso.
Durante un adestramento, e mesmo no transcurso dunha competición deportiva nun ambiente caloroso e húmido que dure menos dunha hora, abonda con manter unha axeitada hidratación, o que se consegue bebendo auga antes, durante e despois do exercicio. Así e todo, co fin de evitar o temido desfalecemento causado pola hipoglicemia (descenso dos niveis de glicosa en sangue) e a diminución do rendemento, sempre que se fai exercicio físico pódese recorrer ás bebidas isotónicas. Cando o exercicio é intenso e duradeiro ou se practica nun ambiente caloroso con abundante perda de suor, o corpo perde auga e electrólitos e diminúen o azucre en sangue e o glicóxeno. Por iso, convén repor axiña estas substancias, función que cumpren as bebidas isotónicas (proporcionan unhas 300 calorías por litro) que, inxeridas antes e durante o exercicio, axudan a atrasar a fatiga e a mellorar o rendemento; consumidas despois da actividade, aceleran a recuperación. Outra vantaxe é que acurtan o tempo de diarrea, conxuntura na que cómpre tomar líquidos. A súa composición é similar á do soro oral que venden as farmacias, e polo seu agradable sabor, acéptanse mellor có soro.
En síntese e táboa comparativa
O que deu de si a análise
- Analizáronse sete bebidas isotónicas de sabor ácido ou a limón, con formatos desde 200 mililitros ata un litro e prezos desde os 1,2 euros por litro de Up Grade ata os 5,75 euros por litro de Santiveri.
- Son un complemento alimenticio composto de auga, azucres e sales minerais que favorece o rendemento físico e a recuperación de deportistas que realizan esforzo físico intenso durante máis dunha hora ou nun ambiente caloroso e con moita perda de suor.
- Cando se fai deporte, unha axeitada inxestión de auga abonda case sempre para garantir a hidratación do noso organismo.
- Gatorade, Powerade, Isostar e Nutri Sport conteñen colorantes artificiais. Só Nutri Sport emprega edulcorantes artificiais (aspartamo e acesulfamo) e Santiveri e Nutri Sport son as únicas con vitaminas. Santiveri engade, ademais, aminoácidos esenciais.
- Na cata, Powerade e Up Grade, con 6 puntos, foron as mellores, mentres que Isostar (4,6) e Nutri Sport (4,5) ocuparon as peores posicións.
- A mellor relación calidade-prezo é Isostar e como segunda opción queda Up Grade. Para quen desexe unha achega extra de vitaminas, Nutri Sport é a máis interesante. Neste produto, os resultados da cata non pesaron tanto coma noutros de consumo menos utilitario.
Marca | ISOSTAR | UP GRADE | POWER- ADE | AQUARIUS | GATO- RADE | NUTRI SPORT | SANTI- VERI |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prezo (euros / litro) | 2,38 | 1,20 | 2,10 | 1,26 | 2,06 | 3,22 | 5,75 |
Etiquetaxe | Inco- rrecto | Correcto | Correcto | Correcto | Inco- rrecto | Inco- rrecto | Correcto |
Azucre | |||||||
Fructosa (%) | 0,4 | 0,5 | 1,1 | 1,3 | 1,2 | 2,8 | 7,1 |
Glucosa (%) | 0,4 | 0,5 | 1,1 | 1,3 | 1,6 | 1,5 | 0,3 |
Sacarosa (%) | 4,3 | 4,7 | 4,3 | 3,5 | 2,2 | ND | 0,3 |
Maltosa (%) | 1,0 | Non contén | Non contén | Non contén | 0,6 | 0,5 | Non contén |
Total azucres (carbohidratos sinxelos) (%) | 6,1 | 5,7 | 6,5 | 6,1 | 5,06 | 4,8 | 7,7 |
Minerais | |||||||
Sodio (mg/100 ml) | 70,8 | 23,9 | 52,5 | 23,2 | 51,1 | 37,2 | 37,7 |
Potasio (mg/100 ml) | 18,4 | 7,5 | 5,6 | 2,1 | 15,8 | 30,1 | 32,2 |
Magnesio (mg/100 ml) / (%CDR) | 12,7(4,2%) | 2,1 (0,7%) | 2,1 (0,7%) | 0,3 (0,1%) | 5,3 (1,8%) | 3,4 (1,1%) | 6,8 (2,3%) |
Calcio (mg/100 ml) / (%CDR) | 31,2 (3,9%) | 7,2 (0,9%) | 3,2 (0,4%) | 2,2 (0,3%) | 0,7 (0,1%) | 10,8 (1,4%) | 12,4 (1,6%) |
Cloruros (mg/100 ml) | 43,8 | 30,3 | 6,4 | 25,7 | 46,8 | 25,2 | 106,5 |
Fosfato (mg/100 ml) | 41,0 | 17,6 | Non contén | 5,6 | 25,0 | 65 | 12,3 |
Vitaminas | |||||||
Vitamina C (ácido ascórbico) (mg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 8,8 (14,7%) | 14,6 (24,3%) |
Vitamina B1 (tiamina) (mg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 0,3 (21,4%) | Non contén |
Vitamina B2 (riboflavina) (mg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 0,2 (12,5%) | Non contén |
Vitamina B6 (piridoxal) (mg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 0,4 (20%) | Non contén |
Pantotenato cálcico (mg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 1,3 (21,7%) | Non contén |
Vitamina B12 (cianoco- balamina) (µg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 0,2 (20%) | Non contén |
Vitamina A (retinol) (µg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 1859 (232,4%) |
Vitamina E (mg/100 ml) / (%CDR) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 1,6 (16%) | 16,5 (165%) |
Colorantes 1 | |||||||
Amarelo de quinoleína (E-104) (ppm) | 1,3 | Non contén | Non contén | Non contén | 2,3 | 9,9 | Non contén |
Amarelo laranxa S (E-110) (ppm) | 0,5 | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén |
Edulcorantes 2 | |||||||
Aspartamo (E-951) (ppm) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 42,5 | Non contén |
Acesulfamo (E-950) (ppm) | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | Non contén | 42,2 | Non contén |
Cata (1 a 9) | 4,6 | 6,0 | 6,0 | 5,5 | 5,5 | 4,5 | 5,5 |
CDR: reflicte a porcentaxe da cantidade diaria recomendada que subministran 100 mililitros da bebida para cada un dos nutrientes
1 Colorantes: Ambos son colorantes artificiais
2 Edulcorantes: Ambos son edulcorantes artificiais
Unha por unha
Unha por unha, sete bebidas isotónicas
Isostar
- Sae a 2,38 euros/litro.
- A mellor relación calidade-prezo. Incumpre a norma de etiquetaxe. Ofrece máis glicosa ca frutosa, o que se considera positivo. Contén as maiores cantidades de sodio, magnesio e calcio. Emprega dous colorantes artificiais. Na cata, a segunda peor, con 4,6 puntos: é criticada por “insípida”.
Up Grade
- Sae a 1,20 euros/litro, a máis barata.
- Outra boa opción. Un dos menores contidos en sodio. Non utiliza colorantes nin edulcorantes. Na cata, unha das dúas mellores, con 6 puntos: gabada por “refrescante” e polo “sabor que deixa”, pero criticada por “transparente”.
Powerade
- Sae a 2,10 euros/litro.
- O menor contido en cloruros. A única que carece de fosfatos. Emprega colorantes artificiais. Na cata, unha das dúas mellores, con 6 puntos: gabada por “doce”, polo seu arrecendo, por “refrescante” e polo “sabor que deixa”; e criticada por “pouco sabor” e “cor artificial”.
Aquarius
- Sae a 1,26 euros/litro, a segunda máis económica.
- As menores cantidades de sodio, potasio e magnesio. Non utiliza colorantes nin edulcorantes. Na cata, 5,5 puntos: gabada por “doce” e “sabor que deixa” e recibe comentarios desfavorables por “pouco sabor” e “transparente”.
Gatorade
- Sae a 2,06 euros/litro.
- Incumpre a normativa de etiquetaxe. Ofrece maior cantidade de glicosa ca de frutosa, o que se considera positivo. A menor cantidade de calcio. Emprega colorantes artificiais. Na cata, 5,5 puntos: gabada pola súa cor e polo seu “sabor agradable”, e criticada por “pouco amarga”.
Nutri Sport
- Sae a 3,22 euros/litro, a segunda máis cara.
- Incumpre a normativa de etiquetaxe. Ofrece maior cantidade de frutosa ca de glicosa, o que se considera negativo. A maior cantidade de fosfatos. Engade vitaminas hidrosolubles e liposolubles. Ó beber un envase conséguese a cantidade diaria recomendada para as vitaminas B1, B6, B12 e pantotenato cálcico. Emprega colorantes artificiais e é a única que engade edulcorantes (aspartamo e acesulfamo). Na cata, a peor, 4,5 puntos: é criticada por “amarga”, “cor artificial” e “sabor que deixa”.
Santiveri
- Sae a 5,75 euros/litro, a máis cara.
- Contén case sete veces máis frutosa ca glicosa, o que se considera negativo. As maiores cantidades de potasio e cloruros. Engade vitaminas, amais de aminoácidos esenciais. Ó beber un envase supérase a cantidade diaria recomendada en 3 e 4 veces para as vitaminas E e A. Non utiliza colorantes nin edulcorantes. Na cata, 5,5 puntos: eloxiada por “refrescante”, recibe críticas por “cor apagada” e “sabor amargo”.