Ainhoa Garmendia, soprano

"Neste mundo xa non quedan divas"

1 Decembro de 2006
Img ainhona listado

Por que a ópera?

/imgs/20061201/img.entrevista.03.jpgComecei tocando o acordeón e o profesor dixo que a miña voz podía pagar a pena. Apunteime a unha coral e cheguei ao Orfeón Donostiarra, onde me recomendaron matricularme na Escola Superior de Canto de Madrid. Alí montamos unha obra de teatro para gañar algúns cartos e descubrín que amais de cantar tamén me gustaba interpretar. Foise debuxando a posibilidade de dedicarme á ópera, pero aínda non era o meu obxectivo. De feito, aos 21 anos aprobei unha oposición para o Coro da Comunidade de Madrid, é dicir, convertinme en funcionaria. Pero nun curso en Santiago de Compostela, unha profesora polaca faloume das probas para a Universität für Musik und Darstellende en Viena. E probei sorte!

Abandonou un traballo seguro para probar sorte?

/imgs/20061201/img.entrevista.04.jpgSi. Eu móvome por instinto. Aquilo podía ser o que quería. Pedinlles apoio aos meus pais, xa que tiñan que me axudar economicamente. Déronmo. E tamén me axudou a Deputación de Guipúscoa, que condicionou unha bolsa á miña admisión. O ingreso foi duro, pero logreino. Tiña por diante 3 anos de aprendizaxe.

Quería aprender a ser soprano?

/imgs/20061201/img.entrevista.05.jpgQuería aprender a cantar. Cando apenas se cumpriran dous cursos, convidáronme a participar nunha montaxe dunha ópera nun teatro alemán. Alí coñecín a un cantante que me falou do Centro Nacional de Inserción para Artistas Líricos en Marsella. As probas comezaban en dous días. Sen nin sequera pasar por Viena marchei a Marsella e logrei que me admitisen. Intuín que era o camiño que debía seguir na miña carreira. Tratábase de dar un paso ao mundo semiprofesional. Compatibilicei a aprendizaxe vocal con disciplinas paralelas, pero tamén importantes, como a interpretación. E, sobre todo, comecei a coñecerme a min mesma. Realicei audicións, contactei con axentes e deseñei o meu propio repertorio.

Rematou o curso?

Non ho (risos), parece que fuxo dos títulos, pero a verdade é que unha vez máis se me atravesou o destino no camiño. Ao meu profesor, Josef Frakstein, nomeárono director da Opéra de Leipzig, e díxome que quería que fose con el. En Alemaña, os teatros importantes contan co seu propio grupo fixo de solistas. Eu sentíame xa preparada. Chegara o momento de deixar a escola e buscar outros camiños.

Atopou xa o seu sitio?

Sigo buscando. Agora xa non é o mesmo que ao primeiro. Teño moito camiño percorrido, pero sigo amodiño. Aínda teño que escoitar a miña voz.

Non é o público o que debe facer iso?

Claro que si, pero antes de ensinala, antes de que o público poida gozar cunha interpretación miña, debo saber qué lle podo ofrecer. Empecei cunha voz lixeira e agora teño unha voz lírica-lixeira. A voz evoluciona e non vou ir en contra da miña natureza. Sei que cando teña un bebé volverá cambiar. Encantaríame cantar Carme de Bizet, pero aínda non podo. E se cadra nunca poderei. Quero gozar nos meus papeis. Por agora son pequenos, segundas figuras, pero fíxenos meus. E as críticas aválanos.

Tanto importan as críticas?

Claro que son importantes. Tanto as positiva como as negativas son xuízos ao teu traballo, e convértense na túa carta de presentación. Non podo pretender que os directores me concedan unha audición se non demostrei antes o que vallo. Debo estar preparada para gañar o posto.

Saberse xulgada, non leva a sentir pánico escénico?

Non me permito telo. No momento en que comezo a interpretar, fágoo desde a seguridade que me garante un traballo anterior moi arduo. Antes de aceptar un papel, medítoo moito e calculo se vou ser capaz de levalo adiante. Non me interesa pasar medo, nin someterme a un estrés que desgasta. Prefiro marcarme obxectivos ambiciosos pero non perigosos.

É curiosa esa duplicidade de ousadía e prudencia.

Será a miña vea artística, que me fai dual. Para min a vida é paixón, non só traballo. Cantar é a miña profesión, pero eu son a suma de moitas cousas máis: o meu home, a miña familia, os meus amigos, os meus gustos, as miñas afeccións. Son moi responsable coa miña profesión, pero non permito que esta ocupe máis espazo do que debe ter.

De veras non a atrae o halo de divismo que arrodea as grandes figuras do “bel canto”. María Callas, Joan Sutherland, Montserrat Caballé?

Admitámolo, no panorama lírico actual non hai figuras do calibre de Callas. Ela era un xenio. Marcou unha época, pero a escena mudou. Neste mundo xa non hai divas. Tamén se profesionalizou, talvez perdeu brillo, glamour, pero é o prezo que hai que pagar para que suba o pano e continúe o espectáculo. A competencia de espazos e ofertas de lecer multiplicouse.

Gústanlle as actuais propostas de modificar a época dos libretos: situar a Traviata na Segunda Guerra Mundial, por exemplo? Pode ser un intento de modernizar a ópera e de achegala ao gran público?

A ópera é un xénero que se entende nun tempo, nun teatro e nunha posta en escena concreta. A súa parte musical é antiga, e o que conta, aínda que en ocasións trate de temas universais e atemporais, precisa do seu momento para entender os personaxes, o seu comportamento e a súa psicoloxía. Non pasa nada por admitir que a ópera é unha expresión artística decimonónica. A súa esencia está nos grandes autores, nos grandes libretos, e intentar rescatar aquilo pero adaptalo ao momento actual resulta… artificial? Para gozar de música moderna, de historias e instrumentos actuais xa contamos con outros xéneros. O musical, por exemplo.

Con isto, ¿quere dicir que a ópera seguirá sendo elitista?

Esa é a idea que se ten, aínda que cada vez con menos motivo. Case poderiamos dicir que quen hoxe non vai ver unha representación de ópera é porque non lle gusta ou non lle interesa. Os espectáculos en xeral están democratizándose. Hai máis auditorios e máis espazos subvencionados nos que os prezos das entradas son asumibles. É certo que prevalece a imaxe dos grandes templos da lírica, con homes e mulleres vestidos de noite. Non está mal, tamén hai que lle conceder un espazo á estética de acudir a un teatro como acto social. Pero, na actualidade, o encontro da ópera co público non se limita ás tempadas. Os festivais están axudando. E os recitais.

Iso é tamén ópera? É dicir, as actuacións en xira, ao estilo pop, dos Tres Tenores, sentan ben no seu mundo?

Sen dúbida non é ópera, pero é un bonito xeito de ofrecerlle ó público a posibilidade de gozar de pezas que lle poden gustar a todo o mundo e de axudalo a perderlle o medo a algo “”tan serio? como a ópera. E ten graza que se cualifique así, porque a ópera non é seria. É un espectáculo en vivo, as máis das veces dramático, pero outras moitas cómico. E, desde logo, é moi romántica e moi sentimental.

E que hai da zarzuela?

Chamáronme este ano do Teatro da Zarzuela, pero non tiña datas libres. É un xénero que descoñezo, pero ao que non lle fago de menos. Talvez chegue algún día.

Se ollamos a súa páxina web… por certo, ¿quen lla fai?

Eu mesma. Encántame a informática. Programar, xogar coa fotografía, navegar por Internet. De feito teño entre mans o deseño dalgunhas páxinas máis para amigos meus. Que lle chamou a atención do “site”?

Á marxe desas fotos tan suxestivas, a súa axenda. Pechada ata o ano 2009. E a repetición nela do papel de Susana de As vodas de Fígaro de Mozart.

A axenda é a miña seguridade laboral. Para iso traballan os meus axentes. No tocante ó papel de Susana, é o que máis traballei e co que me sinto máis a gusto. Aínda estou a aprender con el, pero xa logrei facelo meu.

Como conecta co público?

O público é diferente en cada país, e mesmo en cada cidade. O alemán é tremendamente frío, e non obstante, o berlinés é entusiasta: apupa, aplaude, implícase na interpretación. En Inglaterra hai un público entendido e impón, pero tamén está moi afeito á escena en vivo, co que sente moi cómodo e o seu formalismo é moi natural. O español aínda non sei definilo. Xa cho direi cando debute no Liceo. (Fíxoo tres semanas despois da entrevista).

Nerviosa ante a expectativa?

Emocionada, máis ben. Servilia (La Clemenza di Tito de Mozart) é un papel que domino e que me gusta. É moi importante para min chegar ao grande teatro catalán, e facelo ás ordes de Francisco Negrín baixo a dirección musical de Sebastián Weigle, abrindo a tempada… é un éxito.

Ollando para o Metropolitan de Nova York? Para a Scala de Milán?

Xa chegarei. Non teño présa. Preparareime para cantar alí, pero non como unha meta. Antes teño que debutar en Bilbao.