Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Analizáronse os centros de saúde de atención primaria localizados en 12 provincias do país e o tempo de espera e a satisfacción de 960 pacientes : Usuarios moi satisfeitos cos seus centros de saúde, a pesar das demoras nas consultas

O 86 % dos pacientes tivo que esperar unha media de 22 minutos

Boas instalacións

O estudo completouse cunha análise das instalacións dos 48 centros de saúde seleccionados. Os técnicos de EROSKI CONSUMER prestáronlles atención a máis de trinta variables diferentes para avaliar catro aspectos das instalacións: a limpeza e o mantemento, o grao de accesibilidade, a seguridade e o nivel de servizos e a información que se lle ofrece ao usuario.

A cualificación media final dos ambulatorios analizados é de “ben”, posto que todos os parámetros aproban con folgura o exame proposto por EROSKI CONSUMER. Ademais, ningunha provincia suspende a proba. En concreto, as mellores valoracións foron parar aos centros de saúde de Barcelona, Cantabria, Guipúscoa, A Rioxa, Murcia e Sevilla (cun “moi ben”). Os dous únicos centros con carencias son os analizados en Navarra (obteñen un “aceptable-ben”) e os estudados en Madrid (quedan no “aceptable”). Os seus fallos concéntranse, por un lado, na seguridade, nos servizos e na información dos centros navarros e, por outro, na accesibilidade dos madrileños.

Limpeza: moi ben

Durante a observación, o mantemento e a limpeza dos centros de saúde de atención primaria valoráronse cun “moi ben”. E é que en nove de cada dez instalacións visitadas o chan estaba limpo, non se percibían olores desagradables e os baños contaban con elementos prácticos, como papeleiras, papel hixiénico e secador de mans ou papel.

Iso si, tamén se poden mencionar algunhas carencias destacables. Os técnicos da revista comprobaron que no exterior das instalacións de dez centros situados na Rioxa, Murcia, Biscaia, Guipúscoa, Navarra, Sevilla e Valencia había demasiada sucidade: cabichas no chan e adhesivos e pintadas e manchas na parede. Xa no interior, o pavimento dun de cada seis centros estudados non era antiescorregadizo e noutro 10 % o mobiliario estaba envellecido e algo deteriorado. O máis desagradable foi a sucidade dalgúns aseos de seis centros estudados en Cantabria, Biscaia, A Rioxa, Navarra e Sevilla por ter o chan sucio, mollado e cheo de papel hixiénico.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións