Tarxetas de crédito

Unha indubidable comodidade, que lle supón un custo ó usuario

Volvéronse imprescindibles pola comodidade que ofrecen, pero estas vantaxes páganse mediante comisións
1 Xullo de 2000

Unha indubidable comodidade, que lle supón un custo ó usuario

As tarxetas de crédito apareceron en España en 1971. Practicamente trinta anos máis tarde, a súa aceptación por parte dos usuarios é indubidable, así coma o cambio que provocaron na mentalidade dos cidadáns e nos seus hábitos de compra.

Durante 1999 os usuarios de tarxetas Visa realizaron en España unha media de 36,5 transaccións e gastaron 378.619 pesetas de media. No tocante ó reparto do mercado español de tarxetas, foi o seguinte: o 56% para Visa, o 23% para 6000/Maestro/Mastercard e o resto para 4B/Mastercard. Malia a súa indiscutible implantación, trátase dun producto financeiro que continúa a suscitar dúbidas no seu emprego. Non son poucos os usuarios que se queixan do cobro de comisións non previstas, da falta de información, dos problemas derivados do roubo ou perda dunha tarxeta…

CONSUMER analizou as tarxetas Visa e Mastercard, as de maior implantación no mercado español, estudiando as comisións que cobran diversos bancos e caixas. Ademais, respondemos ás dúbidas máis frecuentes dos usuarios.

Crédito ou débito

O uso do termo “tarxeta de crédito” para designar tódalas tarxetas electrónicas é incorrecto. As tarxetas clasifícanse, basicamente, en tarxetas de crédito e tarxetas de débito. Coa primeira, a de crédito, o usuario pode pagar e retirar diñeiro mesmo se a súa conta non dispón de fondos nese momento, xa que pospón o cobro ata o mes seguinte. Pola contra, a de débito anota inmediatamente na conta do usuario os cargos que se realizan, en principio ata o límite dos fondos da devandita conta. As máis espalladas en España son a tarxeta Visa e a Mastercard. As posibilidades que as tarxetas de crédito lles ofrecen ós seus titulares son múltiples, pero a comodidade que proporcionan págase mediante comisións: polo seu uso en caixeiros debemos aboar un 2% da cantidade extraída se se trata dun caixeiro da mesma rede, e ata un 4% noutras redes. Tamén a modalidade de pagamento aprazado, que lle permite ó usuario paga-los bens e servicios en sucesivas cotas mensuais, lle suporá un xuro que variará entre o 0,7% e o 1,75%, dependendo da entidade financeira.

Dúbidas máis frecuentes sobre o uso de tarxetas de crédito

¿Que facer cando os bancos ou caixas cobran comisións non previstas ou superiores ás indicadas no contrato?

Se as comisións cobradas non figuran nos contratos, o Banco de España conclúe que estes cargos son contrarios á claridade e transparencia que esixen as boas prácticas bancarias. E o mesmo acontece co cobro de comisións superiores ás fixadas no contrato. O usuario poderá reclamar verbalmente na propia entidade o cobro indebido de comisións. Se esta vía non resulta satisfactoria, deberá dirixirse por escrito ó Defensor do Cliente do mesmo banco ou caixa. No caso de non chegar a un acordo, o Banco de España dispón dun Servicio de Reclamacións ó que lle poderá presentar por escrito o motivo da queixa.

¿Que facer cando os bancos ou caixas cobran comisións non previstas ou superiores ás indicadas no contrato?

Se as comisións cobradas non figuran nos contratos, o Banco de España conclúe que estes carg

¿Pode o banco ou caixa bloquear ou cancelar unilateralmente a tarxeta?

Ó tratarse de contratos de duración indefinida, o Banco de España acepta esta posibilidade. Nembargantes, as entidades deben cumprir unha serie de requisitos: -a súa decisión debe basearse en causas obxectivas; -débenlles comunicar previamente a súa decisión ós titulares das tarxetas; -deberanlles restituír ós titulares a parte proporcional da cota anual pagada polo uso da tarxeta.

¿Poden cobra-los gastos efectuados cunha tarxeta despois de dala de baixa?

Despois da notificación da subtracción ou perda, cesa a responsabilidade do titular, polo que non deberían anotarse cargos na conta a partir da notificación. Se así se fixese (como, de feito, acontece en ocasións), o titular pode reclamar á caixa ou banco e chegar ata o servicio de reclamacións do Banco de España ou ós tribunais en reclamación da cantidade cobrada indebidamente.

¿Cal é a cantidade máxima que debe afronta-lo cliente se perde a tarxeta e alguén fai uso indebido dela?

O Código de Boa Conducta do sector bancario europeo di: “O titular non soportará as perdas que excedan de 150 ecus (25.000 pesetas), agás que actuara de xeito fraudulento ou con neglixencia grave”. Na práctica, moitas entidades non o aplican, amparándose na neglixencia grave do titular, o que pode leva-lo conflicto ata o Servicio de Reclamacións do Banco de España ou ata os tribunais para determina-la existencia ou non de fraude ou neglixencia. Se as entidades alegan neglixencia grave pero non a xustifican, o Banco de España considérao contrario ás boas prácticas bancarias, aínda que insiste en que deben se-los tribunais os que resolvan estas cuestións.

Cando a conta do titular da tarxeta non presenta saldo suficiente, ¿pode a entidade financeira cobra-la débeda mediante o recurso a outros depósitos do titular?

Os contratos inclúen unha cláusula na que se autoriza á caixa a compensa-la débeda con cargo a outras contas, imposicións a prazo, títulos, valores mobiliarios e, en xeral, calquera outra conta ou depósito que exista na entidade a nome do titular principal ou adicional. Para que a compensación de débedas sexa lícita, conforme ó Banco de España, é preciso que se cumpran dous requisitos: a plena identidade dos titulares das contas que se compensan, e que a facultade de compensación se recolla no contrato.

¿Como se pode aumenta-la liña de crédito?

Débese contactar coa entidade financeira e solicita-la ampliación do límite. A aceptación ou non do incremento é potestade da entidade. Nalgúns casos, a concesión deste aumento tardará uns días en efectuarse.

¿Que acontece se un establecemento ou caixa adherido non nos permite pagar con tarxeta?

Cando o titular da tarxeta lle manifesta ó establecemento adherido a súa intención de pagar coa tarxeta, está exercendo un dereito fronte ó establecemento. Se este se nega a acepta-lo instrumento de pagamento, prodúcese un incumprimento da obriga que, en certos casos, podería chegar a causarlle perdas e danos ó titular. Polo tanto, o usuario que estea en condicións de acreditar estes danos, podería esixilos baseándose no artigo 1110 do Código Civil.

¿Poden as entidades emisoras modificar unilateralmente o contrato das tarxetas de crédito?

O emisor da tarxeta reserva para si a facultade de modifica-los xuros, comisións, gastos e demais condicións do contrato. Esta condición pola que o emisor reserva para si a facultade de modificación unilateral non é per se abusiva, conforme á Lei de Condicións Xerais da Contratación. Segundo esta lei, para que a devandita cláusula non sexa abusiva, débense cumpri-los seguintes requisitos: modificación dos tipos de xuro e o importe doutros gastos, cando estean referenciados a un índice legal e se describa o xeito de variación do tipo; ou que a razón da modificación sexa válida, a condición de que estea obrigado a informa-lo cliente no prazo máis breve posible e este poida resolve-lo contrato.

¿É posible pagar coa tarxeta de crédito en compras a través de Internet?

A compra a través da Rede non é recomendable agás que se dispoña dun certificado SET (Secure Electronic Transactions-Transaccións Electrónicas Seguras) e, ó mesmo tempo, a páxina web na que se realiza a adquisición tamén dispoña del. Nese caso, poderase mercar con toda tranquilidade.

¿Poden os comercios negarse a aceptaren devolucións de artigos adquiridos por medio da tarxeta de crédito?

Efectuar ou non devolucións é decisión do comercio, que decidirá a súa política nestes asuntos, sen que poida existir ningunha diferencia no trato entre as operacións realizadas en efectivo ou con tarxeta, e en ningún caso poderán ser discriminados os pagamentos con tarxeta.

¿Poden os comercios adheridos ó pagamento con tarxetas negarse en rebaixas a aceptaren compras con tarxeta?

Os establecementos sinalizados coa marca VISA ou MASTER CARD están obrigados a acepta-lo pagamento con tódalas tarxetas das devanditas marcas en tódolos productos que teñan á venda, sen discriminación por prezo, tempada ou calquera outro motivo que poidan esgrimir, dándolles preferencia, deste xeito, ós pagamentos en efectivo.

¿Que se debe facer se un establecemento cobra un recargo por emprega-la tarxeta de crédito para pagar?

O cobro de comisións ou recargos ós titulares por parte dos establecementos polo pagamento con tarxeta está totalmente prohibido polo contrato que teñen de aceptación de tarxetas. Neste caso, o usuario deberá negarse a pagar ese recargo, pero se un comercio insiste na súa imposición e o cliente precisa efectuar esa compra, debe esixir que a comisión apareza reflectida na factura. Iso non só o axudará a recupera-lo importe cobrado indebidamente, ó comunicarllo á súa entidade emisora, senón que por medio desa reclamación haberá probas para tomar medidas e erradicar este tipo de actuacións fraudulentas.

A lei ante as tarxetas de crédito

Tot i la gran difusió de les targetes electròniques, els estudis jurídics escassegen i d’això es queixen els tribunals i la doctrina més autoritzada. El contracte de targeta és un contracte atípic i, sens dubte, d’adhesió: firmar-lo significa acceptar les condicions que hi figuren, sense opció a negociar-les. Destaca l’absència de normativa especifica, encara que es troba recollida en algunes normes recents sobre ordenació i disciplina de les institucions financeres de crèdit i les de crèdit al consum. Estes són algunes de les lleis i normatives aplicables a les targetes de crèdit:

  • El Codi Penal, que considera les targetes com a claus, en tipificar els delictes de robatori amb força en les coses. I també com a monedes, quant als delictes de falsificació de moneda i efectes timbrats.
  • Les disposicions que regulen les relacions entre les entitats de crèdit i la clientela.
  • La Llei de Defensa del Consumidor i Usuari i la Llei de Condicions Generals de la Contractació.
  • La Llei de Crèdit al Consum, amb un àmbit d’aplicació enrevessat i restringit.
  • La Llei d’Ordenació del Comerç Minorista.

Tarxetas Revolving

  • Tarxeta compra Estrela. Tarxeta emitida por LA CAIXA (Mastercard ou Visa), orientada exclusivamente ó pagamento a prazos mediante unha cota fixa mensual. Sen cota anual, e cun límite de crédito entre 125.000 e 500.000 pesetas, págase unha cota fixa mensual que inclúe capital e xuros. O cliente pode modifica-la devandita cota á súa conveniencia, pero a mínima permitida é do 4% sobre o límite da tarxeta. Tipo de xuro: 1,25% mensual (TAE: 16,08%).
  • Tarxeta club KM Estrela. Tarxeta emitida por LA CAIXA (Mastercard), orientada exclusivamente ó pagamento a prazos mediante unha cota fixa mensual. É de uso universal, pero está concibida para domicilia-los gastos que xera o uso e mantemento do coche (seguro, revisión, reparacións…). Sen cota anual, e cun límite de crédito entre 125.000 e 500.000 pesetas, págase unha cota fixa mensual que inclúe capital e xuros. O cliente pode modifica-la devandita cota á súa conveniencia, pero a mínima permitida é do 4% sobre o límite da tarxeta. Tipo de xuro: 1,25% mensual (TAE: 16,08%).
  • Tarxeta club Vacacións Estrela. Tarxeta da marca American Express Crédito emitida por LA CAIXA e orientada exclusivamente ó pagamento a prazos mediante unha cota fixa mensual. Está concibida para financia-la compra de viaxes de lecer. Sen cota anual, e cun límite de crédito de 200.000 pesetas (ampliable ata 800.000 pta), págase unha cota fixa mensual que inclúe capital e xuros. A súa principal característica é a devolución do 2% de tódalas compras realizadas coa tarxeta, que se aboa automaticamente en cada extracto de liquidación. A cota mínima permitida é do 4% sobre o límite da tarxeta. Tipo de xuro: 1,25% mensual (TAE: 16,08%).
  • Maxitarxeta. Tarxeta de crédito ‘revolving’ de CAJA MADRID. Gratuíta o primeiro ano. Os seguintes anos págase unha cota anual de 3.000 pta se se domicilia en CAJA MADRID, e de 6.000 pta se se domicilia noutra Entidade. O tipo de xuro polo aprazamento do pagamento é do 0,99% mensual. A cota fixa determínaa o cliente, que a pode cambiar en calquera momento, sendo a cota mínima permitida do 4% sobre o crédito asignado. O límite de crédito pode oscilar entre as 200.000 e as 500.000 pesetas. Tamén é posible dispor de diñeiro en efectivo, cun límite diario de 50.000 pesetas.

Outras…

Tarxeta OLÉ

Tarxeta emitida polo Banco Zaragozano, coas mesmas vantaxes de calquera tarxeta Visa ou Mastercard.

Outras vantaxes:

  • Acceso on-line mediante login e password ós movementos da tarxeta.
  • Regalo de 2 puntos Olé por cada 100 pesetas que se gasten en calquera das tendas Olé.
  • Regalo de 1 punto Olé por cada 100 pesetas empregadas en calquera outra compra.
  • Compra gratuíta con puntos Olé a través de Internet nas tendas Olé.

Cota anual: 3.000 pta (gratuíta o primeiro ano) Xuro anual para pagamento aprazado: 22% para compras e disposicións. Comisión de disposición en efectivo: Nas oficinas e caixeiros do Banco Zaragozano: 2%, mínimo: 300 pta. Nas oficinas e caixeiros doutras Entidades: 4%, mínimo: 400 pta.

Visa Repsol

VISA REPSOL As Tarxetas Visa Repsol son obxecto dun acordo de colaboración asinado entre Repsol e o Grupo BBV, e Repsol e o Grupo “La Caixa”. Pódese solicita-la gama completa de Tarxetas Visa: Classic, Oro e Electrón (esta última só de débito e para contas domiciliadas no BBV ou La Caixa).

Descontos: Tódalas compras realizadas coa Tarxeta Visa Repsol terán os seguintes descontos:

  • 1% en tódolos establecementos que non sexan Estacións de Servicio.
  • 2% en tódalas compras realizadas nas Estacións Repsol, Campsa e Petronor, e efectuadas a través do Terminal Punto de Venda Solred.
  • 0% nas compras en Estacións de Servicio distintas ás devanditas. O desconto será aboado mensualmente, descontándoo do importe total das compras realizadas.

Cota anual: O primeiro ano é gratuíta. Nos anos posteriores o custo de mantemento dependerá das condicións da Entidade Emisora.

Tipos de xuro: Establecidos pola Entidade Emisora das Tarxetas.

Consellos de utilización de tarxetas
  • Esixa a comprobación da súa identidade e sinatura cando pague as súas compras con tarxeta. Non a perda de vista e asegúrese de que lla devolven.
  • Conserve as copias dos xustificantes das transaccións e contraste os cargos reflectidos no extracto.
  • Memorice o seu número secreto. Non o anote na carteira na que leva a tarxeta, nin empregue como clave datos persoais facilmente deducibles (data de nacemento, matrícula do coche…).
  • Destrúa as tarxetas caducadas. Coas tesoiras.
  • Estea atento á data de caducidade, sobre todo antes de iniciar unha viaxe. Comprobe tamén o número de teléfono de asistencia da súa tarxeta no país ó que viaxa.
  • Denuncie inmediatamente a desaparición da súa tarxeta unha vez detectado o seu roubo ou perda. -Se recibe por correo unha tarxeta de crédito ou débito que non solicitou, devólvaa e comprobe se lle cobraron algunha comisión. En caso afirmativo, pode esixir unha indemnización por perdas e danos.
  • Se non está de acordo coas operacións que reflicte o extracto da súa tarxeta, pídalle á entidade emisora que lle achegue documentos acreditativos dos cargos e débedas. Non tire nunca os resgardos das operacións, así poderá cotexalos co extracto que lle remita o seu banco ou caixa.
  • Evite o uso de caixeiros pertencentes a unha rede distinta á da súa tarxeta. Aforrará a comisión por disposición en efectivo.
  • Se emprega a tarxeta de crédito na modalidade de pagamento aprazado, pagará xuros máis elevados.