Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Sistemas de descanso : Unha elección moi persoal

Un equipo de descanso debe combinar os elementos que o forman da maneira máis indicada para quen vaia descansar sobre el

Elementos que forman un sistema de descanso

Colchón

Debe presentar o grao de firmeza abondo para adaptarse ás forzas que inciden sobre el.

De resortes.

/imgs/20041001/img.informe.02.jpgÉ o colchón por excelencia dos españois (representan o 60% do mercado). Ofrece distintos graos de firmeza segundo o reforzo dos resortes, e nel combínanse os elementos tradicionais do descanso: elasticidade, proporcionada polo elemento metálico, e amortecemento, acadado grazas ás súas capas e recheos de algodón, la ou calquera dos outros materiais que se utilizan habitualmente.

  • Vantaxes: Permite a transpiración, fundamental para un bo descanso e para manter a temperatura ideal do corpo.
  • Inconvenientes: Carece de compresión para que poidan ceder ás distintas presións que exerce o noso corpo. Ademais, os resortes van cedendo e tenden a afundirse no centro, o que comporta unha postura incorrecta do corpo.

Tipos.

  • /imgs/20041001/img.informe.03.jpg Resortes independentes: Núcleo constituído por resortes metálicos independentes unidos entre si por fíos de aceiro. Os resortes son máis anchos nos extremos ca no centro e a súa firmeza aumenta progresivamente ó premelos. Variando o grosor ou o número de resortes pódense crear zonas de diferente resistencia para adaptarse ó corpo.
  • /imgs/20041001/img.informe.04.jpgPeirao continuo: Núcleo constituído por unha rede de fío metálico recuberto de varias capas de escuma, algodón ou la. Pódense crear zonas ergonómicas de diferente resistencia, e ofrece unha maior estabilidade, ó repartir os esforzos non só superficialmente senón tamén no núcleo da carcasa.
  • /imgs/20041001/img.informe.05.jpgResortes embolsados: Núcleo constituído por resortes independentes con forma cilíndrica dentro dunhas bolsas de material téxtil, que permite unha perfecta diferenciación de leitos en camas de matrimonio.
    Prezo: Entre 180 e 700 euros.

De látex.

/imgs/20041001/img.informe.06.jpgEste material presenta características moi interesantes para a fabricación de colchóns e almofadas. Os ácaros non aniñan no látex e é a mellor alternativa para as camas articuladas. Posúe unha elevada elasticidade, é dicir, recupera axiña o tamaño e a forma orixinal logo de ser sometido a esforzos. A súa estrutura, formada por millóns de fíos de caucho, permite que o aire entre e saia con facilidade en cada movemento. Estes colchóns representan xa o 15% do mercado.

  • Vantaxes: Adáptase perfectamente ó corpo e ás articulacións. Son máis duradeiros cós colchóns de resortes.
  • Inconvenientes: O seu prezo. Non eliminan ben a transpiración. Hai persoas alérxicas ó látex.

Tipos:

  • Látex natural: Núcleo fabricado por un 85% de látex procedente da árbore do caucho, e un 15% sintético, obtido do petróleo.
  • Látex sintético: Núcleo fabricado a partir del petróleo. Co uso esmágase menos có látex natural e dura máis.
    Prezo: Entre 300 e 1800 euros.

De escuma.

/imgs/20041001/img.informe.07.jpgOs máis coñecidos son os de poliuretano e hainos de diferentes calidades. As escumas moi baratas non son nada recomendables (afúndense baixo o peso, non transpiran e dan calor). Copan o 25% do mercado.

  • Vantaxes: Adáptase ó perfil do corpo. Indicado con fins ortopédicos (tempur).
  • Inconvenientes: Non permite ben a transpiración. O seu elevado prezo (tempur).
  • Tipos. Poliuretano viscoelástico (Tempur): Núcleo formado por unha escuma viscoelástica tipo xel que cambia de forma baixo a combinación da presión e a temperatura do corpo.
  • /imgs/20041001/img.informe.08.jpgEscuma de alta densidade (máis de 35 kg/m3): Formado por unha peza de material sintético (poliéster, poliuretano ou de alta intensidade) cuberta dunha dobre funda. Ergonomicamente parecido ó colchón de resortes. Perde firmeza co uso.
  • /imgs/20041001/img.informe.09.jpgEscuma de baixa densidade (menos de 35 kg/m3): Está formada por unha soa peza de material sintético cuberta por unha funda. Para uso ocasional en sofás cama, berces, etc.
    Prezo: Entre 250 e 1200 euros.

Base ou somier

Nela aséntase o colchón e ten unha grande importancia e influencia no descanso. É fundamental que forme un conxunto indivisible co primeiro. Unha boa base garante unha columna vertebral sa e sen problemas, favorece a posición correcta da mesma, e mantén o colchón nas condicións adecuadas. Cómpre elixila en función das necesidades de cada persoa.

  • /imgs/20041001/img.informe.10.jpgSomier de láminas. Conxunto de láminas de madeira que ofrece unha maior adaptabilidade ás formas e ó peso do corpo. É a base ideal para un colchón de látex, xa que permite unha correcta ventilación. Para combinar con: todo tipo de colchóns. Os de látex e escuma transpiran mellor. Prezo: Entre 100 e 300 euros.
  • /imgs/20041001/img.informe.11.jpgSomier articulado. Manual ou eléctrico, indicado para persoas con problemas de circulación nas pernas (érguese a parte dos pés), de respiración (permite elevar a parte sobre a que se sustenta a cabeza) ou para quen adoita ler ou ver a televisión desde a cama. Para combinar con: colchóns de resortes embolsados, de látex e de tempur. Prezo: Entre 800 e 1400 euros.
  • /imgs/20041001/img.informe.12.jpgCanapé. Máis práctico ca saudable, xa que impide a correcta ventilación do colchón, resulta imprescindible moitas veces por problemas de espazo nas casas, xa que algúns modelos se abren (abatibles ou con caixóns) e no seu interior pódense gardar múltiples obxectos e útiles. Indicacións: Colchóns de resortes. Prezo: Entre 400 e 700 euros.

Almohada

Os expertos coinciden en sinalar que a elección da almofada é moi persoal. Tamén insisten en que cando se cambia de colchón e base, o máis probable é que tamén conveña facer o mesmo coa almofada. O motivo é ben sinxelo: a curvatura das nosas costas na nova cama será distinta, e para que descansemos coa columna vertebral dereita cumprirá darmos cunha almofada que respecte a posición de descanso axeitada.

  • De plumas. Moldéanse ó gusto de cadaquén. Pero teñen un inconveniente: ó facer coa cabeza unha especie de nicho, dan máis calor.
  • De látex. Moi adaptables á forma e peso da cabeza. As máis caras. Prezo: Entre 45 e 70 euros.
  • De fibras de poliéster. Hainas de gran calidade, cun efecto semellante ó das plumas, que se lavan sen problema, e outras peores, que quedan amazocadas ó facelo. Desde 10 euros.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións