Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Analizada a accesibilidade dun percorrido pola cidade, dunha viaxe en autobús urbano e dunha visita a un centro deportivo municipal en 18 capitais do país : Unha de cada tres cidades aínda conserva barreiras arquitectónicas para ser accesible

As maiores deficiencias para unha persoa en cadeira de rodas atopáronse andando pola rúas e nos centros deportivos municipais con piscina

Unha viaxe sen sorpresas

Os autobuses urbanos son un medio máis de transporte, aínda que non parecen selo tanto para as persoas en cadeira de rodas. Durante a visita, aseguraron que non o utilizaban en exceso e menos sen alguén que os acompañe. De feito, dous dos acompañantes en cadeira de rodas (en Bilbao e na Coruña) recoñeceron que nunca o usaran. Os problemas, en xeral, céntranse no mal funcionamento das ramplas e na pouca empatía que perciben nos condutores.

Malia isto, os traxectos en autobús que realizou EROSKI CONSUMER valoráronse cun “ben”. As mellores cualificacións foron as de Alacante, Cádiz, Granada, Málaga, Pamplona, San Sebastián e Vitoria (‘moi ben”); e A Coruña, Barcelona, Madrid, Murcia, Sevilla, Valencia e Valladolid (cun “ben”). As peores notas quedaron en Bilbao, Córdoba, Oviedo e Zaragoza (un “aceptable”), aínda que non houbo ningún suspenso.

A accesibilidade do servizo debe comezar nas paradas. Con todo, no 22% das que se visitaron non había espazo abondo para a cadeira de rodas (nas de Alacante, Bilbao, Cádiz e Valencia). Nunha de cada catro atopáronse obstáculos: na Coruña había coches aparcados; na cidade bilbaína unha árbore estaba demasiado preto da marquesiña; na gaditana había bancos; e na ovetense, faltaban lastros e había un burato perigoso. Aínda así, en todas as cidades, o pavimento das paradas era estable e sen grava, area ou terra solta. Cando chegaba o autobús, observouse que o de Murcia e o de Valladolid non levaban os adhesivos que indicasen que estivesen adaptados. Iso si, todos contaban coa plataforma elevadora, rampla ou piso baixo, aínda que en Bilbao se atascou ao principio. En Córdoba, tamén funcionaba, pero a rampla tiña unha pendente moi pronunciada.

Á hora de acceder ao autobús, comprobouse que as portas de todos os vehículos analizados eran o suficientemente anchas (cunha anchura de polo menos un metro). Aínda así, cancelar ou pagar o billete convertíase nunha odisea se non había un acompañante en Bilbao, Cádiz, Córdoba, Granada, Madrid, Sevilla, Valencia e Zaragoza. Nestes casos, a máquina para cancelar atopábase xunto ao condutor, é dicir, lonxe de onde accedía a persoa con dificultades de mobilidade. Na parte positiva cabe destacar que en todos os urbanos había unha zona adaptada para persoas con cadeira de rodas.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións