Seguridade e etiquetaxe de 40 xoguetes de diversos tipos

Un de cada cinco incumpre a norma de seguridade e a maioría ofrece unha etiquetaxe incorrecta ou mellorable

Dos 40 xoguetes analizados só cinco superan todas as probas e informan axeitadamente do rango de idade idóneo para usalos
1 Decembro de 2008
Img analisis

Un de cada cinco incumpre a norma de seguridade e a maioría ofrece unha etiquetaxe incorrecta ou mellorable

/imgs/20081201/analisis2-1.jpg
Os xoguetes alimentan a imaxinación de nenas e nenos, ensínanos a pensar e son vitais para o seu desenvolvemento. Crebacabezas, peluxes, bonecos, coches teledirixidos, disfraces…, a oferta é moi ampla e a normativa que regula a seguridade destes produtos, particularmente severa. A razón é evidente: os nenos son moi vulnerables e poden en calquera momento facer un uso inadecuado ou non previsto do xoguete.

Logo de analizar no laboratorio 40 xoguetes de características diferentes e destinados a bebés e a nenos de ata 14 anos, comprobouse que oito, é dicir, un de cada cinco, incumpren a normativa de seguridade que lles é de aplicación. Trátase dos bonecos Pepo Píntame, Boxing King e Nenuco Mocosete, o Xoguete Creativo con imáns e adhesivos Barbie, o Maletín de Pintura Mickey Mouse, o helicóptero teledirixido Giro Marketing & Sales, o Discman con micrófonos Imaginarium e o gorro de pallaso Widmann. Tanto os fabricantes como a Administración competente en materia de consumo foron informados destes incumprimentos para que puidesen tomar as medidas oportunas.

Deseño e construción: nin pezas pequenas, nin puntas perigosas

Pepo Píntame é un can azul con bolso amarelo sobre o que se pode pintar cun bolígrafo especial cheo de auga (a tea muda de cor cando está húmida). O boneco aturou as probas de tracción en diversos puntos, pero cando estas probas se fixeron no bolso, rompeu, dando lugar a pezas pequenas que se poden tragar ou aspirar. Como é un xoguete para menores de 3 anos entra dentro dun uso convencional que os nenos e nenas tiren del e poidan rompelo. Por outra banda, ao aplicar sobre o Helicóptero Teledirixido Giro Marketing & Sales unha forza de 48 newtons quedou ao descuberto o eixe da hélice, unha punta que pode entrañar perigo. A norma esixe que soporte unha tracción de 60 newtons.

Dos 40 xoguetes, dous inclúen imáns, pero só o xogo de mesa Picadotty o fai de modo seguro (o tamaño dos imáns impide que poidan ser tragados). O Xoguete Creativo con imáns e adhesivos Barbie de Clementoni inclúe imáns pequenos que poden ser inxeridos polos nenos. Aínda que non está prohibido, faino sen advertir na súa etiquetaxe desta circunstancia, cando a norma si o obriga a informar do perigo de lesións internas que carrexa tragar estes obxectos.

Ftalatos: un tóxico prohibido pero aínda utilizado

A análise de tóxicos nos 20 xoguetes que se considerou que os poderían conter revelou a existencia de ftalatos en dúas mostras: na funda de plástico que serve de estoxo ás 56 pinturas Mickey Mouse Club House, de Poessa, e mais na figura articulada Boxing King, de Color baby.

Os ftalatos, compostos químicos que aumentan a flexibilidade dos plásticos, son tóxicos (poden causar comportamentos hormonais anormais e infertilidade) e é por iso que a normativa limita de modo moi severo o seu uso en artigos de puericultura e xoguetes: permite só ata o 0,1% de ftalatos. O estoxo das pinturas Mickey Mouse (7,9% de ftalatos) e a figura Boxing King (3,4%) son os únicos xoguetes comparados que superan o límite de ftalatos. Ningún dos dous fabricantes contempla como uso previsto destes xoguetes que os menores os chupen ou mordan, pero tampouco se pode descartar que os nenos máis pequenos o fagan.

Os técnicos de laboratorio provocaron curtocircuítos nos 12 xoguetes eléctricos que conformaban este comparativo. No discman con micrófonos de cor azul e botóns amarelos Duo Mic Imaginarium e Nenuco Mocosete de Famosa, as pilas queceron por riba dos 45 ºC permitidos pola norma. Parece pouco probable que o uso do xoguete por parte do neno ou da nena poida causar este curtocircuíto, pero a norma é taxativa ao respecto.

As probas de inflamabilidade, realizadas nos 14 xoguetes en que procedía, revelaron fallos no gorro de pallaso Widmann. Aplicóuselle unha chama durante cinco segundos á borla de la do gorro e comprobouse que tardaba catro segundos en apagarse (a norma esixe que sexan menos de dous segundos). Ademais, a lapa percorría máis de 70 mm antes de apagarse, cando este percorrido debe ser menor. No tecido do gorro, a lapa propágase a 24 mm/segundo (non se admite máis de 10 mm/segundo).

Problemas coa etiquetaxe

Tres de cada catro indicacións de idade, aínda sendo correctas, consideráronse mellorables, xa que aínda que indican dende que idade se pode usar o xoguete, non establecen unha idade máxima recomendada. Son menos, sete dos 40 analizados, os que non ofrecen indicación de idade ningunha; e só dous recomendan unha idade que se considerou inadecuada: o papaventos con forma de avión Imaginarium di estar indicado para nenos de 3 a 8 anos pero os pedagogos que asesoran esta revista xulgaron necesarios 6 anos para facer uso real deste papaventos e non limitarse a desempeñar o papel de mero espectador. O peluxe de Barrio Sésamo di ser adecuado para bebés desde que nacen, pero segundo os expertos o bebé debe ter polo menos 9 meses para gozar do peluxe.

O incumprimento máis grave viuse no Xoguete Creativo con imáns Barbie, que carece de advertencias de seguridade obrigatorias. Ademais, o enderezo do fabricante ou importador era incorrecto nas etiquetas da alfombra de escuma crebacabezas ‘A Salvo’, no gorro con perruca Widmann, no cochiño de bebé Graco, no maletín de pinturas Mickey Mouse e nas marionetas de Brancaneves. O peluxe de Barrio Sésamo non indica que cómpre retirar todos os engarzamentos antes de llo dar ao neno.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse 40 xoguetes para bebés e nenos de ata 14 anos (eléctricos, de mesa, móbiles, tradicionais…). Oito incumpren a normativa de seguridade e en 21 a información sobre a idade recomendada considerouse mellorable. Seis xoguetes incumpren a norma de etiquetaxe e só cinco superaban as esixencias establecidas pola lei e polos pedagogos expertos en xoguetes.
  • O maletín de 56 pinturas Mickey Mouse House Club e mais o boneco articulado Boxing King contiñan ftalatos, substancias tóxicas prohibidas.
  • As hélices do helicóptero teledirixido Giro Marketing & Sales soltábanse e deixaban ao descuberto unha punta perigosa. Na proba de tracción, o bolso amarelo do boneco Pepo Píntame de Bizak partiuse en pezas pequenas que se poderían tragar ou aspirar.
  • O Xogo Creativo con imáns e adhesivos Barbie tiña bolsas plásticas máis finas e pequenas do autorizado, co conseguinte risco de asfixia para o usuario. E, malia a obrigatoriedade de informar do risco que entraña tragar estas pezas, non advertía da presenza de imáns pequenos.
  • As pilas do Nenuco Mocosote de Famosa e do Discman con micrófonos de cor azul e botóns amarelos Duo Mic de Imaginarium incumpren a norma de seguridade eléctrica: as pilas quecen máis do permitido cando se provoca un curtocircuíto.
  • A la da borla da perruca de pallaso con gorro Widmann tarda dous segundos máis do permitido en apagarse cando se lle pon lume. E a lapa percorre máis milímetros dos permitidos, tanto na borla coma no tecido e a máis velocidade do permitido.
  • A maioría das indicacións de idade son mellorables, xa que lles falta un máximo de idade orientativo.
  • Só cinco xoguetes superaron todas as probas e informaban axeitadamente do rango de idade idóneo: colgante de berce Fisher Price, ‘Conecta 4’, disfrace dos Lunnis, Loro Molón e Scalextric.
XOGUETE MARCA FABRICANTE / IMPORTADOR IDADE 1 ETIQUETAXE / INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR
2
DESEÑO E CONSTRUCIÓN 2
Boneco con bicicleta de montaña Action Man Hasbro Iberia Correcta sen pechar. + 4 anos Correcto Correcto
Xoguete de puntería Buzz-Bee Toys Coinju Correcta sen pechar. + 6 anos Correcto Correcto
Alfombra de escuma crebacabezas A Salvo Estar a Salvo Correcta sen pechar. + 3 anos Incorrección leve Correcto
Boneco bebé Baby Born Zapf Creations Correcta sen pechar. + 3 anos Correcto Correcto
Xoguete creativo con imáns e adhesivos Barbie Clementoni Correcta sen pechar. + 7 anos Incorrección grave Incorrección moderada
Boneco Barbie Bolboreta Barbie Mattel España Mejorable. + 3 anos Correcto Correcto
Bicicleta8 Barbie Stamp Care Products Incorrección leve (8) Correcto
Túnel desmontable Disney Josman Correcta sen pechar. + 3 anos Correcto Correcto
Réplica de coche metálico Hot Wheels Mattel España Correcta sen pechar. + 3 anos Correcto Correcto
Réplica de cochiño para bebé Graco Tollytoys Limited (Hong Kong) Correcta sen pechar. + 3 anos Incorrección leve Correcto
Colgante de berce Fisher Price Mattel España Correcto. 0-5 meses Correcto Correcto
Papaventos con forma de avión Imaginarium Imaginarium Non axeitada. 3-8 anos Correcto Correcto
Xogo de mesa Conecta 4 MB Hasbro Correcto. + 6 anos Correcto Correcto
Discman con micrófonos Imaginarium Imaginarium Correcto. 5-10 anos Correcto Correcto
Disfrace Los Lunnis Josman Correcto. 1-3 anos Correcto Correcto
Pazo de xoguete Fantasy Palace Coinju Non indica Correcto Correcto
Boneco loita libre Boxing King Color Baby Correcto sin cerrar+ 3 anos Correcto Correcto
Xogo de plastilina Fun Factory Play Doh Hasbro Iberia Correcta sen pechar. + 3 anos Correcto Correcto
Tren de xoguete Geo-Trax Fisher Price Mattel España Mejorable. + 2,5 anos Correcto Correcto
Gorro con perruca Widmann Widmann Non indica Incorrección leve Correcto
Xoguete de arrastre con forma de helicóptero Bonny el Piloto V-Tech Correcta sen pechar. + 12 meses Correcto Correcto
Helicóptero teledirixido Air Raiders Giro Marketing & Sales Correcto sin cerrar+ 8 anos Correcto Incorrección grave
Xogo electrónico Pokemon Bandai Correcto sin cerrar+ 6 anos Correcto Correcto
Maletín de pintura Mickey Mouse Poessa Non indica Incorreccción leve Correcto
Moto de xoguete Feber Famosa Correcta sen pechar. + 18 meses Correcto Correcto
Loro con sons Loro Molon Hasbro Iberia Correcto Correcto Correcto
Manta de xogos para bebés Chicco Artsana Mejorable. + 0 meses Correcto Correcto
Marionetas de Brancaneves Once Upon a Time Crownwick Internationationl (Hong Kong) Non indica Incorrección leve Correcto
Máscara con luz e luva Spiderman Famosa Non indica Correcto Correcto
Boneco bebé Nenuco mocosete Famosa Non indica Correcto Correcto
Patinete Pocoyo Coloma y Pastor Correcta sen pechar. + 3 anos Correcto Correcto
Boneco para pintar Pepo Pintame Bizak Correcto Incorrección grave Correcto
Boneco para o baño Pocoyo Bandai Correcto sin cerrar+ 18 meses Correcto Correcto
Xogo de mesa con imáns Picadotty Step Two Mejorable 3-6 anos Correcto Correcto
Encerado para pintar Aquadoodle Bizak Correcto Correcto
Campo de Fútbol Playmobil Geobra Branstätter Correcto sin cerrar+ 5 anos Correcto Correcto
Xogo de mesa ¿Quién es quién? MB Hasbro Iberia Correcta sen pechar. + 6 anos Correcto Correcto
Circuíto de carreiras con coches Scalextric Tecnitoys Correcto. + 4 anos Correcto Correcto
Axóuxere con ventosas Sassy Diset Non indica Correcto Correcto
Peluxe Barrio Sesamo United Labels Iberica No adecuada. + 0 meses Incorrección leve Correcto
XOGUETE INFLAMABILIDADE 3 SEGURIDADE
ELÉCTRICA
4
TÓXICOS 5 FTALATOS 6 IMÁNS 7
Boneco con bicicleta de montaña Correcto Correcto
Xoguete de puntería Correcto
Alfombra de escuma crebacabezas Correcto
Boneco bebé Coreecto Correcto
Xoguete creativo con imáns e adhesivos Incorrección grave
Boneco Barbie Bolboreta Correcto Correcto
Bicicleta8 Correcto Correcto
Túnel desmontable Correcto
Réplica de coche metálico Correcto
Réplica de cochiño para bebé Correcto
Colgante de berce Correcto Correcto
Papaventos con forma de avión Correcto
Xogo de mesa Conecta 4
Discman con micrófonos Incorrección moderada
Disfrace Correcto Correcto
Pazo de xoguete Correcto Correcto Correcto
Boneco loita libre Correcto Incorrección grave
Xogo de plastilina Fun Factory Correcto
Tren de xoguete Geo-Trax Correcto
Gorro con perruca Incorrección moderada
Xoguete de arrastre con forma de helicóptero Correcto Correcto Correcto
Helicóptero teledirixido Correcto
Xogo electrónico Correcto
Maletín de pintura Correcto Incorrección grave
Moto de xoguete Incorrección leve
Loro con sons Correcto Correcto
Manta de xogos para bebés Correcto Correcto
Marionetas de Brancaneves Correcto Correcto
Máscara con luz e luva Correcto Correcto Correcto
Boneco bebé Incorreccción moderada Correcto
Patinete Correcto
Boneco para pintar Correcto Correcto Correcto
Boneco para o baño Correcto Correcto
Xogo de mesa con imáns Correcto Correcto
Encerado para pintar Correcto
Campo de Fútbol
Xogo de mesa ¿Quién es quién?
Circuíto de carreiras con coches Correcto
Axóuxere con ventosas Correcto
Peluxe Correcto

* En todos os xoguetes avaliouse a información ao consumidor, que se deseñaran dun xeito seguro e mais a adecuación ás idades publicitadas na etiquetaxe. Estudáronse ademais riscos específicos relacionados con inflamabilidade, electricidade, tóxicos ou imáns naqueles xoguetes nos que se estimou que podía existir risco.

1. Idade: Un equipo de expertos en xogo e educación avaliou os xoguetes dende o punto de vista pedagóxico e de usabilidade. Este equipo emitiu unha valoración sobre a idade recomendada na etiquetaxe. A indicación é mellorable se hai un lixeiro desfase entre a indicación e a recomendación dos expertos. Correcta sen pechar indica que falta unha orientación sobre o límite final aconsellable de uso do xoguete. Algúns xoguetes inclúen a advertencia legal de seguridade “Xoguete non recomendado para nenos menores de 36 meses”, entendemos que se trata dunha advertencia de seguridade e non dunha recomendación de uso.

2. Etiquetaxe, deseño e construción: Fai referencia ao nivel de cumprimento das normas EN 71-1, EN 71-5 e EN 14765.

3. Inflamabilidade: Fai referencia ao nivel de cumprimento da norma EN 71-2.

4. Seguridade eléctrica: Fai referencia ao nivel de cumprimento da norma EN 62115.

5. Tóxicos: Fai referencia ao nivel de cumprimento da norma EN 71-3. Os tóxicos analizados foron: arsénico, bario, cadmio, cromo, mercurio, chumbo, antimonio e selenio.

6. Ftalatos: Fai referencia ao nivel de cumprimento da Directiva 2005/84/CE.

7. Imáns: Fai referencia ao nivel de cumprimento da Decisión 2008/329/CE.

8. Bicicleta Barbie viña sen manual de instrucións e, polo tanto, non se puideron valorar as indicacións de idade. CONSUMER EROSKI descoñece se a responsabilidade é do fabricante ou do comercio no que se adquiriu.

Un a un

Os 8 xoguetes que incumpren a norma de seguridade

Xoguete Creativo con moldes, imáns e adhesivos Barbie

  • Idade indicada: maiores de 7 anos.
  • Non informa da idade máxima orientativa.
  • Incumpre a norma de seguridade: Non inclúe a advertencia obrigatoria do risco grave e ás veces mesmo mortal que pode supor a inxestión de imáns.
  • Inclúe bolsas de láminas de plástico flexible cun grosor inferior ao que indica a norma (de 0,02 milímetros, cando deberían ser polo menos de 0,038 milímetros para evitar o risco de asfixia).
  • Etiquetaxe incorrecta: Non inclúe as advertencias especiais sobre primeiros auxilios que son obrigatorias en xoguetes químicos. *Hai letras de tamaño inferior ao obrigatorio.

Discman con micrófonos Imaginarium

  • Idade indicada: De 5 a 10 anos. Correcta.
  • Incumpre a norma de seguridade: Ao provocar un curtocircuíto a pila quece por riba dos 45 ºC indicados pola norma.
  • Etiquetaxe incorrecta: Non incluía unha mención obrigatoria sobre a necesidade de desconectar o transformador antes de limpalo.

Figura de loita libre Boxing King

  • Idade indicada: maiores de 3 anos.
  • Non informa da idade máxima orientativa.
  • Incumpre a norma de seguridade: Contén ftalatos, un tóxico prohibido en produtos para nenos porque pode provocar desarranxos hormonais.

Gorra de pallaso con perruca Widmann

  • Idade indicada: Ningunha.
  • Incumpre a norma de seguridade: Ao aplicar unha chama sobre a borla durante 5 segundos tardou 4 en apagarse (non deberían ser máis de 2 segundos).
  • A lapa percorreu máis dos 70 mm admitidos pola norma antes de apagarse e no tecido do gorro propagouse 24 mm/segundo, cando a lei obriga a que non sexan máis de 10 mm/segundo.
  • Etiquetaxe incorrecta: Inclúe o símbolo CE na súa etiquetaxe, pero dun tamaño inferior á norma.

Helicóptero teledirixido

  • Idade indicada: maiores de 8 anos.
  • Non informa da idade máxima orientativa.
  • Incumpre a norma de seguridade: As hélices sáense do eixe e deixan ao descuberto unha punta perigosa se se lles aplica unha forza de 48 newtons (deberían soportar 60).

Maletín de pintura Mickey Mouse

  • Idade indicada: Ningunha.
  • Incumpre a norma de seguridade: Contén ftalatos, un tóxico prohibido en produtos para nenos porque pode provocar desarranxos hormonais.
  • Etiquetaxe incorrecta: O enderezo do importador vén no plástico desbotable e non se recomenda gardalo.

Pepo Píntame

  • Idade indicada: maiores de 18 meses.
  • Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
  • Incumpre a norma de seguridade: O bolso amarelo xerou pezas pequenas ao tirar del.

Os 21 xoguetes que deben mellorar as indicacións de idade

  1. Xogo de mesa ‘¿Quién es Quién?’

    • Idade indicada: maiores de 6 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  2. Boneco con bicicleta de montaña, Action Man

    • Idade indicada: para maiores de 4 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  3. Boneco bebé, Baby Born

    • Idade indicada: maiores de 3 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  4. Túnel desmontable Disney

    • Idade indicada: maiores de 3 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  5. Réplica de coche metálico Hot Wheels

    • Idade indicada: maiores de 3 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  6. Boneco para o baño Pocoyo

    • Idade indicada: maiores de 18 meses.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  7. Manta de xogos para bebés Chicco

    • Idade indicada: Dende os 0 meses.
    • Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
  8. Tren de xoguete Geo-Trax

    • Idade indicada: maiores de 2,5 anos.
    • Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
  9. Xoguete de arrastre con forma de helicóptero Bonny o Piloto

    • Idade indicada: maiores de 12 meses.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  10. Xogo eléctrónico Pokémon

    • Idade indicada: para maiores de 6 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  11. Marionetas de Brancaneves, Once Upon a Time:

    • Idade indicada: Ningunha.
  12. Palacio de xoguete Fantasy Palace:

    • Idade indicada: Ningunha.
  13. Campo de fútbol Playmobil

    • Idade indicada: maiores de 5 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  14. Máscara con luz e luva Spiderman:

    • Idade indicada: Ningunha.
  15. Encerado para debuxar Aquadoodle

    • Idade indicada: para maiores de 18 meses.
    • Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
  16. Boneca Barbie Mariposa:

    • Idade indicada: para maiores de 3 anos.
    • Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
  17. Axóuxere con ventosas Sassy:

    • Idade indicada: Ningunha.
  18. Patinete Pocoyo

    • Idade indicada: maiores de 3 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  19. Xogo de plastilina Play-Doh:

    • Idade indicada: maiores de 3 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  20. Xoguete de puntería Buzz-Bee Toys:

    • Idade indicada: maiores de 6 anos.
    • Non informa da idade máxima orientativa.
  21. Xogo de mesa con imáns Picadotty:

    • Idade indicada: para nenos de 3 a 6 anos.
    • Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.

Os 6 xoguetes con etiquetaxe incorrecta.

Alfombra de escuma crebacabezas A Salvo

  • Idade indicada: para maiores de 3 anos.
  • Non informa da idade máxima orientativa.
  • Etiquetaxe incorrecta: Inclúe o nome do importador pero non o seu enderezo.

Bicicleta Barbie

  • Idade indicada: Ningunha.
  • Etiquetaxe incorrecta: O xoguete non incluía manual de instrucións.
  • A responsabilidade pode ser do fabricante ou do comercio.

Réplica de cochiño para bebé Graco

  • Idade indicada: maiores de 3 anos.
  • Non informa da idade máxima orientativa.
  • Etiquetaxe incorrecta: Indica o enderezo do fabricante pero non do importador en España ou na Unión Europea.

Cometa con forma de avión Imaginarium

  • Idade indicada: De 3 a 8 anos. Incorrecta.
  • Os nenos de 3 anos son demasiado pequenos para usala activamente, só poden ser meros espectadores.
  • Etiquetaxe incorrecta: O símbolo CE é de tamaño inferior ao especificado.

Moto de xoguete Feber

  • Idade indicada: maiores de 18 meses.
  • Non informa da idade máxima orientativa.
  • Etiquetaxe incorrecta: O xoguete indicaba que as pilas da bucina eran substituíbles, pero non explicaba como facelo.

Peluxe Barrio Sésamo

  • Idade indicada: Dende os 0 meses. Incorrecta.
  • O neno debe ter polo menos 9 meses para gozar do xoguete.
  • Etiquetaxe incorrecta: Falta unha advertencia para que os engarzamentos se retiren antes de lle dar o xoguete ao neno.

Os 5 xoguetes que cumpren con todas as normas

  1. Xogo de mesa Conecta 4: Idade indicada: maiores de 6 anos.
  2. Disfraz dos Lunnis: Idade indicada: de 1 a 3 anos.
  3. Loro con sons Loro Molón: Idade indicada: maiores de 5 anos.
  4. Circuíto de carreiras con coches Scalextric: Idade indicada: maiores de 4 anos.
  5. Colgante de berce de Fisher Price: Idade indicada: 0-5 meses.