Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: Non todo o ‘veggie’ é saudable

UN DE CADA DEZ ESPAÑOIS REXEITA EN MAIOR OU MENOR GRAO OS ALIMENTOS DE ORIXE ANIMAL CO OBXECTIVO DE COIDAR O SEU CORPO. AS DIETAS VEXETAIS OFRECEN MOITAS BONDADES, AÍNDA QUE ALGÚNS DOS PRODUTOS QUE PERMITEN NON SON NECESARIAMENTE SANS. DETECTALOS PASA POR PRESTAR ATENCIÓN Á SÚA COMPOSICIÓN E DESCONFIAR DE CERTOS ULTRAPROCESADOS DESEÑADOS PARA SUBSTITUÍR INGREDIENTES PROHIBIDOS

“Burger” de carne contra vexetal

Aínda que o aspecto da versión carnívora e a vexetariana dun produto sexa similar, o seu valor nutritivo case sempre é diferente. Un elaborado vexetal ten máis hidratos de carbono e menos graxas – ademais insaturadas- que unha hamburguesa, pero tamén menos proteínas e de menor calidadade. Ambas suman aproximadamente as mesmas calorías, pero é certo que o tipo de graxa dos preparados veganos se levan mellor coa saúde cardiovascular. 

Cal é mellor desde o punto de vista nutricional? Todo radica na calidade dos ingredientes. Se as hamburguesas de carne están elaboradas con materia prima de primeira calidade e as hamburguesas vexetais con graxa de palma ou coco e amidóns para espesar, a mellor opción será a carne. Se esta última se prepara con carne de mala calidade, amidón e azucre, e a vexetal con berenxena, soia texturizada e aceite de oliva, a mellor elección será a vexetal. 

No entanto, a carreira por deseñar o substituto definitivo da carne non debe facernos perder de vista que estamos rodeados de alimentos vexetarianos que non necesitan ser procesados. Falamos das verduras, as froitas e os legumes, artigos aos que non só os veganos deben darlle prioridade na cesta da compra.

E se puidésemos consumir carne sen sacrificar animais?

Para cubrir as necesidades do consumidor concienciado co sufrimento animal, algúns van máis aló da simple produción de substitutos de carne. Os investigadores conseguiron crear este mesmo alimento –non sucedáneos– a partir de células nai. Trátase dun avance que permitiría obter os compoñentes nutricionais dun filete sen ter que sacrificar a ningún ser vivo. 

Nuns anos, non sería raro que puidésemos atopar carne artificial no supermercado, o que suscita un novo debate: consumirían os vexetarianos este produto? A comunidade está dividida entre os que rexeitan este alimento, independentemente de onde veña, e os que estarían dispostos a comelo se garante o benestar animal. De momento, ambos os grupos deberán esperar, porque os custos de produción deste invento son aínda demasiado elevados. O prezo máis baixo proporcionado rolda os 74 euros o quilo, o que supera con fartura o custo da carne no mercado, que adoita oscilar entre os 3 e os 15 euros se non é gourmet. 

Doutra banda, este produto non se pode considerar vegano, xa que para cultivar as células necesítase unha achega de vitaminas, aminoácidos e outros nutrientes, que na actualidade se obteñen de soro fetal bovino. Trátase dun ingrediente fundamental para conseguir que as células crezan, polo que, de momento, o proceso non pode modificarse. Ademais, para que estes organismos microscópicos se estruturen, necesitan un segundo elemento animal, o coláxeno bovino que actúa de soporte, polo que o sistema estaría incorporando un segundo elemento animal. 

Aínda que o deseño de carne futurista avanza a bo ritmo, os científicos aínda teñen moitos retos pendentes, como facela máis zumarenta e aumentarlle o sabor, algo que aínda non conseguiron. Serán capaces de replicar o gusto dun solombo dentro de pouco?

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións