Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: ‘Apps’ de escaneo de alimentos: o experto do móbil non é tan fiable

FACER A COMPRA CO MÓBIL PARA COMPROBAR A CALIDADE NUTRICIONAL DOS ALIMENTOS ANTES DE METELOS NO CARRO É UNHA MODA CADA VEZ MÁIS ESTENDIDA. COA AXUDA DUN EQUIPO DE NUTRICIONISTAS E TECNÓLOGOS, AVALIAMOS A EFICACIA DESTAS FERRAMENTAS.

El CoCo

A app do Consumidor Consciente conta co asesoramento de Maira Bes-Rastrollo, catedrática de Medicina Preventiva e Saúde Pública, e o dietista-nutricionista Juan Revenga. A finais deste mes de xaneiro, esta ‘app’ estreará un novo sistema de valoración.

  • Prezo: de balde
  • Descargas: máis de 100 000 en Google Play
  • Valoración media dos usuarios: 4,5 / 5
  • Valoración media dos expertos: 4,1 / 5

Como funciona?

A aplicación emite un veredicto propio puntuando o alimento do 0 ao 10, e baséase en 3 fontes científicas de referencia:

  • A clasificación das 17 categorías alimentarias da OMS de 2015.
  • O sistema NOVA, que avalía o grao de procesamento: alimentos sen procesar (NOVA 1), ingredientes culinarios (NOVA 2), alimentos preparados con dous ou tres elementos dos grupos anteriores (NOVA 3) e os ultraprocesados (NOVA 4).
  • Os selos de advertencia chilenos. O algoritmo aplica, en primeiro lugar, os dous primeiros, e o resultado ofrece diferentes combinacións:
  • OMS Si, NOVA 1 ou 3: 10 ptos.
  • OMS Si, NOVA 4: 6 ptos.
  • OMS NON, NOVA 1 ou 3: 5 ptos.
  • OMS NON, NOVA 4: 4 ptos.

Posteriormente, aplícase o sistema de advertencias chileno, que descontará 1 punto segundo a cantidade de azucre, sal, densidade enerxética e graxa. Así se obtén unha nota de 0 a 10. O nutricionista Juan Revenga insiste en que un dos principais obxectivos “céntrase en ser transparentes cos usuarios, indicando as fontes utilizadas”.

Tamén proporcionará datos sobre os aditivos. “Non vai sementar a menor dúbida sobre a seguridade de ningún aditivo: se están autorizados pola EFSA, considerarase seguro”, explica Revenga. Con todo, si que ofrecerá unha opinión persoal sobre a función de cada aditivo, distinguindo entre a tecnolóxica (relativa a antiapelmazantes, antioxidantes, axentes de carga…) e a cosmética, é dicir, aqueles aditivos que se usen para disfrazar as calidades organolépticas e sensoriais do produto (colorantes, edulcorantes, potenciadores de sabor, espesantes…). Financiamento. A app finánciase con recursos propios, e proximamente incorporará subscricións de pago.

Os expertos opinan*

O mellor. Para todos os expertos, é o sistema máis completo. “Utiliza tres criterios obxectivos, non interpretables, pero combinándoos para cubrir as carencias que cada un deles poida ter”, opina Beatriz Robles. Esta nutricionista recomenda que, se se descarga, ademais de empregala para ver a valoración de alimentos individualmente, se use para comparar produtos similares, porque poden levar sorpresas: dous pans de molde aparentemente iguais, por exemplo, poden ter unha cualificación moi distinta. “Realmente serve para elixir mellor”, apunta.

O peor. Os aditivos volven estar no foco das dúbidas. “O punto débil é que se reserve un apartado para os aditivos cunha valoración ‘persoal’ (subxectividade), pero a forma de facelo reduce as miñas reticencias”, analiza Robles. Laura Saavedra conclúe: “Nin esta aplicación nin ningunha das anteriores, pode substituír o consello personalizado dun profesional sanitario”.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións