Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: ‘Apps’ de escaneo de alimentos: o experto do móbil non é tan fiable

FACER A COMPRA CO MÓBIL PARA COMPROBAR A CALIDADE NUTRICIONAL DOS ALIMENTOS ANTES DE METELOS NO CARRO É UNHA MODA CADA VEZ MÁIS ESTENDIDA. COA AXUDA DUN EQUIPO DE NUTRICIONISTAS E TECNÓLOGOS, AVALIAMOS A EFICACIA DESTAS FERRAMENTAS.

Yuka

Esta aplicación foi creada polo francés François Benoit, un pai de familia que buscaba como facer accesible a información sobre a etiquetaxe. É moi popular en Francia, con máis de 10 millóns de persoas usuarias.

  • Prezo: de balde / 14,99 € ao ano a versión de pago
  • Descargas: máis de 5 millóns en Google Play
  • Valoración media dos usuarios: 4,5 / 5
  • Valoración media dos expertos: 1,5 / 5
  • Como funciona?

Yuka avalía alimentos e cosméticos. En canto á análise nutricional, tras escanear o código de barras, a ferramenta puntúa cada produto sobre 100, a partir de tres criterios:

  • 60 % da nota: a cualificación en Nutri-Score.
  • 30 % da nota: penaliza a presenza de aditivos baseándose en informes da Autoridade Europea para a Seguridade dos Alimentos (EFSA), a axencia francesa de seguridade sanitaria (ANSES), o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro (CIIC) e outros estudos independentes.
  • 10 % da nota: valora en positivo se o produto conta coa etiqueta ecolóxica europea. Este selo non sempre garante que o produto cumpriu todos os criterios dunha produción sostible.

Cando o produto suspende, a app propón alternativas mellor avaliadas. Financiamento. Segundo a compañía, procede da cota anual de 15 € das subscricións de pago e dos 59 € do Programa Nutrición –só dispoñible en Francia–, a través do cal ofrece coñecementos sobre alimentación, receitas e acceso a nutricionistas.

Os expertos opinan*

O mellor. “Outorga unha valoración numérica que pode ser cómoda para o consumidor porque lle resulta fácil de interpretar”, opina Beatriz Robles. “Con todo, isto é un arma de dobre fío, porque se os criterios non se basean na evidencia científica, esa nota por si mesma ten pouca validez, pero o usuario non vai apreciar matices”, engade.

O peor. “Malia que unha parte da nota se basea en Nutri-Score, non mostra a cualificación que se obtería con este sistema”, afirma Miguel Ángel Lurueña. “Ademais, esta ferramenta necesita dun mellor axuste porque algunhas puntuacións non son correctas”, indica Laura Saavedra. Todos os expertos coinciden nos dous puntos débiles: a valoración positiva dos produtos ‘bio’ e a clasificación dos aditivos. “Ningún dos dous propocionan información que inflúa na calidade nutricional do alimento”, explica Gemma del Caño. “A etiqueta ‘eco’ indica que están cumprindo unha lexislación en relación co seu sistema de produción, pero non son necesariamente máis sostibles (poden vir do outro lado do planeta, coa súa correspondente pegada de carbono) e non hai ningunha evidencia de que sexan nutricionalmente mellores”, apunta Robles, que engade: “En canto aos aditivos, a clasificación en ‘sen risco’, ‘risco limitado’, ‘risco moderado’ ou ‘risco elevado’ leva a pensar que hai aditivos perigosos que debemos evitar, cando todos os que se usan no mercado son seguros nas doses empregadas e son avaliados pola EFSA. Ademais, non é transparente, xa que non explica que peso lle outorgan á opinión da EFSA nin o porqué desa ponderación, fronte a estudos independentes dos que non se coñece calidade nin robustez”.

(*) G. del Caño, experta en I+D+i e calidade da industria alimentaria; M. A. Lurueña, doutor en Ciencia e tecnoloxía dos alimentos; B. Robles, tecnóloga dos alimentos, e L. Saavedra, dietista-nutricionista e tecnóloga alimentaria.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións