Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.
Establecementos de bronceado artificial : Solarios: incumpren a lei que os regula
Só o 8% dos centros visitados en todo o país aproban o exame, baseado na normativa vixente
O que convén saber e táboa comparativa
Antes da sesión de bronceado
- Cando acudimos por primeira vez a un solario cómpre coñecermos o noso fototipo de pel e se admite a exposición continuada ós raios UVA: convén que nos informemos sobre os riscos ós que nos expomos e que recibamos, por parte do persoal do establecemento, instrucións precisas para o bo desenvolvemento da sesión de bronceado.
- No establecemento de raios UVA a información seranos subministrada a través dun folleto, de carteis na sala de espera e mediante o asesoramento do persoal do establecemento, que debe ter a formación axeitada.
- Antes de sometérmonos a unha sesión de bronceado, fagamos unha limpeza profunda da pel para eliminar calquera produto cosmético, especialmente perfumes e maquillaxes. E quitemos os lentes, as xoias e calquera obxecto metálico.
- Non empreguemos cremas de protección solar nin aceleradores de bronceado: poden conter substancias fotosensibilizantes.
- Non nos expoñamos ós raios UVA se estamos tomando medicamentos e/ou substancias que aumenten a sensibilidade da pel ós raios UV, xa que poden producir reaccións de hipersensibilidade non desexables.
- As mulleres embarazadas débense abster de tomar raios UVA.
- Nunca nos expoñamos a doses maiores das recomendadas segundo o noso tipo de pel, nin cunha frecuencia inferior a 48 horas entre cada sesión.
- Non nos expoñamos ós raios de sol nin do solario o mesmo día. Deberán transcorrer cando menos 48 horas entre as 2 primeiras sesións.
- Non nos expoñamos ó sol, ata pasadas polo menos 24 horas, despois dunha depilación ou exfoliación da capa córnea.
- Apliquemos crema hidratante despois de cada sesión en todas as zonas expostas á exposición.
- Evitemos a exposición ós raios UVA das nosas zonas xenitais.
- Utilicemos sempre gafas ou adhesivos de protección homologados para este tipo de uso, para evitar cataratas, conxuntivite e inflamación da córnea. A pálpebra non protexe completamente contra a radiación. Se usamos lentes de contacto, debemos quitalos antes de cada sesión.
- Protexamos ou cubramos os cabelos tinguidos ou descolorados.
- Está prohibida a utilización de solarios por menores de 18 anos.
Durante a sesión de bronceado
- Non debemos quitar, baixo ningún concepto, as gafas de protección solar.
- Se a nosa pel, debido á vasodilatación, se pon vermella durante o bronceado, probablemente se trate dun eritema térmico. Neste caso, cómpre deixar arrefriar o corpo, reducir os tempos de radiación e evitar suar.
Tralo bronceado
- Hidratemos a pel abundantemente.
- Se a pel está vermella ou tirante, retardemos a vindeira exposición un mínimo de 48 horas.
- Evitemos tomar o sol ese día.
- Se se desenvolven sobre a nosa pel bochas, feridas ou se esta se torna vermella, consultemos o médico dermatólogo.
Paxinación dentro deste contido
- Ir á páxina anterior: « Prezos, moi distintos
- Estás na páxina: [Páx. 5 de 5]