Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Enquisadas máis de 800 persoas de 17 comunidades autónomas sobre as súas condutas na compra, no almacenamento e na preparación dos alimentos : Seguridade alimentaria: se arríscase na compra e no almacenamento

Por idades, os mozos de entre 18 e 34 anos cometen máis infraccións ca os seus maiores

Conservación e orde

Ler para saber

A etiquetaxe dos alimentos ten unha función primordial para o consumidor, xa que lle facilita información sobre as características do produto que está a adquirir. O 45 % dos entrevistados sempre as le, un 53 % só ás veces e o 2 % nunca o fai. Esta lectura é máis propia das mulleres (o 48 % leas sempre) e das persoas de entre 35 e 54 anos (o 51 %). Ao lles preguntar se se fixan en datos concretos, un 83 % din que reparan sempre nas datas de caducidade e o 68 % nas de consumo preferente, pero só un 27 % nas instrucións de conservación, a pesar da súa importancia no que ten que ver coa seguridade alimentaria.

O almacenamento: unha prioridade

Ao rematar de facer a compra, convén chegar á casa no menor tempo posible para non romper a cadea de frío. Nove de cada dez enquisados aseguran que, unha vez no fogar, o primeiro que fan é gardar os alimentos que compraron.

A recomendación é gardar primeiro os alimentos de consumo inmediato, segundo os alimentos conxelados, despois os refrixerados e logo os que non necesitan frío. Os últimos en almacenar son os produtos non alimenticios. Só un 7 % dos entrevistados o fai correctamente; en especial, os mozos de entre 18 e 34 anos (o 10 %).

A orde tamén é primordial no frigorífico, xa que hai que evitar que uns alimentos contaminen outros. Tres de cada catro enquisados asegura que os alimentos están ben clasificados na súa neveira. En maior medida, os homes (o 78 %) e os maiores de 55 anos (o 81 %). EROSKI CONSUMER preguntou en que lugar colocaban catro tipos de alimentos concretos: produtos lácteos, verduras e froitas, alimentos crus e bebidas. Só un 13 % deles o facía de xeito correcto.

A recomendación é poñer os alimentos cociñados no estante superior, os lácteos e embutidos no central e os crus, sempre envasados, no inferior. Na porta, as bebidas e, no froiteiro, as froitas e mais as verduras. Pola súa banda, os produtos que non necesitan frío deben ocupar un lugar fresco e seco, mentres que os produtos conxelados se colocarán no conxelador envasados en porcións pequenas e etiquetados coa data de conxelación anotada.

Neste sentido, prodúcese unha das condutas de risco máis importantes. Só un 22 % apunta a data de conxelación ao introducir o produto no conxelador. De novo, sobresaen de forma positiva os maiores de 55 anos (faino o 29 %) e de xeito negativo os mozos de entre 18 e 34 anos (só o 14 %).

Tampouco hai que sobrecargar o conxelador nin ter os alimentos máis de 6 meses no seu interior, ou menos tempo, e sempre en función do tipo de alimentos. Aínda así, un de cada tres enquisados conserva produtos conxelados dende hai máis de medio ano.

Na casa: máis hixiene

Para garantir a seguridade alimentaria no fogar, convén reparar en catro aspectos: manter a cadea de frío e o control das temperaturas, protexer os alimentos cun envasado axeitado, manter a hixiene persoal e durante a manipulación dos alimentos e, por último, limpar e desinfectar a cociña, as instalacións e os utensilios.

Un gran número de intoxicacións alimentarias domésticas débense a medidas hixiénicas incorrectas no fogar. Un 20 % dos enquisados lavan as mans só ás veces antes e despois de manipular os alimentos. É máis, entre os que levan a cabo este acto hixiénico un 22 % apunta que só ocasionalmente o fai con auga e xabón. Un de cada tres limpa o cubo de lixo cunha frecuencia superior a unha vez cada 15 días.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións