Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Seguros médicos privados : Sanidade á carta, previo pagamento

Vantaxes e inconvenientes da sanidade privada

Sanidade privada versus sanidade pública

Sanidade privada

  • Non hai listas de espera. Permite acudir ó médico que se desexa case no intre no que precise o asegurado.
  • Acceso directo ós especialistas. O enfermo pode acudir directamente ó facultativo especialista sen necesidade de pasar primeiro polo médico de cabeceira.
  • /imgs/20050901/informe2.jpgLibre elección de médico e centro hospitalario. O asegurado pode escoller entre unha ampla relación de profesionais e centros médicos, o que se axuste mellor ás súas necesidades ou preferencias.
  • Hospitalización en habitacións individuais con baño completo e cama para acompañante.
  • Rapidez na obtención de resultados das probas médicas.
  • Acceso ás mellores clínicas e hospitais dos Estados Unidos. Algunhas compañías posúen un concerto de clínicas con EE.UU. que permite acudir ós máis prestixiosos centros médicos deste país, desembolsando tan só o 10% dos seus gastos médicos.
  • Prestacións excepcionais: cobertura de balnearios, transplantes, cirurxía da miopía, etc.
  • Asistencia médica e citas a través do teléfono ou Internet. Algunhas entidades dispoñen dun servizo de asesoramento que aconsella e resolve dúbidas sobre síntomas, problemas de saúde e medicamentos.

Sanidade pública

  • Ten máis medios humanos e técnicos.
  • Mellor calidade médico-asistencial en caso de operacións e partos de risco.
  • Na atención primaria lévanse a cabo tarefas de promoción e control da saúde e prevención de enfermidades, entre outras.
  • As prestacións farmacéuticas son gratuítas para os pensionistas e para os seus beneficiarios. Con carácter xeral, os traballadores en activo aboan o 40% do prezo dos medicamentos.
  • Non hai límite de idade para recibir asistencia.
  • Non hai períodos de carencia.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións