Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Enquisa a máis de 1600 restaurantes para coñecer a existencia de menús especiais para persoas alérxicas a algún alimento : Restaurantes para alérxicos: só un 7% ofrece menús específicos

Na súa maioría ofrecen pratos para celíacos e só un de cada catro a persoas alérxicas (xeralmente, ao ovo e ao marisco)

Persoal formado?

Para previr erros, é primordial que o persoal estea formado e concienciado acerca da importancia de aplicar con rigor estes consellos.

EROSKI CONSUMER quixo saber se tanto o persoal da sala como o da cociña dos restaurantes consultados contaban con formación adecuada para atender e elaborar pratos para persoas con alerxias ou intolerancias. O 9% dos restaurantes consultados dixeron que non (catro en Navarra, tres nas Illas Baleares e un respectivamente en Andalucía, Castela A Mancha, Cataluña e Galicia). Máis preparado está o persoal de cociña. Só en dúas ocasións (un establecemento nas Illas Baleares e outro en Navarra) recoñeceron abertamente que non o estaban. Á hora de consultar a quen se acudiu para obter a devandita información, só o 33% dixo acudir a un organismo público e outro 20% asegurou que a obtivera dunha asociación de afectados. Destaca, no entanto, que un de cada tres restaurantes entrevistados que dixeron que o seu persoal de sala e cociña estaba formado, contestaron que non sabían ou nin sequera responderon á pregunta.

Opcións escasas

Entre os 1549 restaurantes consultados que confirmaron non dispoñer de menús especiais, só o 1% dixo que algunha vez ofrecera este tipo de menús. A maioría de entrevistados argumentaron que os retiraran porque os demandaba moi pouca xente e porque era pouco rendible.

Pese a todo, hai un dato que confirma a demanda de menús ou pratos especiais para alérxicos ou intolerantes: ao 70% dos 1549 establecementos da enquisa solicitóuselles algunha vez menús deste tipo, especialmente no País Vasco (onde só o 5% dos 185 restaurantes consultados contaba cun menú deste tipo). Entre eles (1089 en total), o 94% deles asegura que lles piden menús para celíacos e o 26%, ademais, para intolerantes á lactosa. Así mesmo, a un de cada tres restaurantes pedíuselles nalgunha ocasión comida para alérxicos ao ovo, ao marisco (ao 10%), aos cacahuetes e outros froitos secos (ao 4%) e aos peixes en xeral (ao 3%).

Máis vale previr...

Aínda que normalmente as reaccións ás alerxias e ás intolerancias alimentarias adoitan ser leves (sempre con excepcións), os consumidores afectados deben tomar unha serie de medidas e precaucións:

  • Eliminar totalmente o alérxeno da dieta, tanto o propio alimento como os distintos produtos que o poidan levar como ingrediente. Ante a dúbida, é recomendable non o tomar.
  • Ler sempre os ingredientes dos alimentos que se vaian utilizar na preparación de calquera prato, tendo preto a listaxe de substancias ás que se é alérxico ou intolerante para comprobar as etiquetas.
  • Manipular coidadosamente os utensilios á hora de cociñar para evitar contaminacións e contactos (mellor se son exclusivos para o alérxico). Non se debe usar o mesmo aceite ou prancha para cociñar. Hixienizar todas as superficies nas que se cociñe.
  • Coidado cos alimentos como masas, bechamel, caldos para sopas e pan relado.
  • Ter preto a medicación oportuna, especialmente en casos de alerxias moi graves.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións