Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Facturas domésticas : Respectan a normativa, pero pensan pouco no usuario

Se comprendémo-las facturas domésticas, poderemos axusta-lo noso consumo e ó mesmo tempo reduci-lo gasto enerxético e doutros servicios

Os electrodomésticos, grandes responsables do gasto de enerxía

Calefacción, auga quente e cociña representan o 24% do gasto. A temperatura na casa non debe supera-los 22 graos. Tampouco convén prolonga-las duchas nin utiliza-la auga a unha temperatura excesivamente elevada.

  • O frigorífico, un 21% do gasto eléctrico. Deixa-la porta aberta ou abrila innecesariamente aumenta o consumo. E o gasto subirá un 5% por cada grao de máis que arrefríe o frigorífico.
  • O televisor é o terceiro aparello que máis gasta: o 12%. Convén mantelo apagado cando non se lle presta atención.
  • A lavadora, o 5% do gasto enerxético, máis có lavalouza, que representa só o 1%. En ámbolos casos, hai que evitar poñelos en marcha se non é coa carga completa.
  • Outros electrodomésticos, como vídeos, aspiradores… supoñen o 13% do gasto de luz.
  • Algúns aparellos consumen pouco, pero ó estaren enchufados permanentemente o seu gasto acaba sendo elevado. Por iso, apaguémo-los que dispoñen de modo de espera (“stand by”) cando non os usamos. Illa-la casa axuda a aforrar ata un 40% do gasto enerxético.

Trucos para aforrar

Na cociña

  • Empregue potas e tixolas de diámetro maior cá placa ou zona de cocción e tape as potas para non desaproveitar calor. A cocción será máis rápida e aforrará ata un 20% de enerxía. Se un recipiente deixa ó descuberto dous ou tres centímetros da zona de cocción, perde parte da enerxía consumida.
  • A ola a presión consume menos enerxía e aforra tempo.
  • Aproveite a calor residual apagando o lume 5-10 minutos antes de retira-lo recipiente (tres minutos antes na vitrocerámica).

Forno

  • Manteña ben pechado o forno mentres cociña e procure non abrilo, pode perder ata o 20% da calor acumulada.
  • Empregue o reloxo programador ou avisador.
  • Os fornos microondas permiten un grande aforro de tempo e enerxía con respecto ós fornos e placas convencionais.
  • Lavadora e secadora
  • Use programas de lavado a temperaturas reducidas. Unha bogada a 60ºC no canto de a 90ºC reduce o gasto enerxético a case a metade.
  • Non as poña en marcha se non están cheas. Reducirá o consumo de auga, deterxente e enerxía e aumentará a vida do electrodoméstico.
  • Se merca unha lavadora nova, elíxaa con centrifugado de alta velocidade xa que un centrifugado a 1.200 rpm (revolucións por minuto), no canto de a 700 rpm reduce o consumo da secadora nun 20%.

Frigorífico e conxelador

  • Comprobe que pechan sen dificultade e de maneira axeitada.
  • Non introduza alimentos quentes, déixeos arrefriar fóra.
  • Se o vai mercar novo, elixa un modelo eficiente e ecolóxico. Consumen menos enerxía.

Iluminación

  • Substitúa as bombillas tradicionais por lámpadas de baixo consumo: aforrará ata o 80% de enerxía eléctrica. Por outra banda, as lámpadas halóxenas, aínda que máis caras, dan máis luz cás tradicionais, consumen o mesmo e a súa vida é de dúas a tres veces maior.
  • Os tubos fluorescentes duran ata 10 veces máis cás bombillas tradicionais e son moi eficientes enerxeticamente. Recoméndanse para lugares que precisan máis luz e durante máis tempo. Se vai ter unha lámpada fluorescente apagada menos de 20 minutos, é máis económico deixala acesa.
  • As lámpadas electrónicas de baixo consumo (LBC) duran ata oito veces máis cás tradicionais e consumen a cuarta parte.

Calefacción

  • Ó adquirir unha vivenda, preste atención á súa orientación. Cantas máis horas de luz teña, menos cartos gastará en calefacción.
  • Durante o día, suba as persianas: o sol proporcionaralle luz e calor ó seu fogar. Á noitiña, peche as cortinas e baixe as persianas: reducirá a perda de calor.
  • Se cambia as ventás, que as novas sexan de dobre cristal.
  • Instalando xuntas ou burletes nas portas e ventás, reducirá as fugas de calefacción nun 10%. Unha vivenda ben illada aforra ata un 30% en calefacción.
  • Para ventilar unha habitación, abondan 10 minutos.

Auga quente

  • Instale o termo dentro da vivenda e preto dos puntos de uso: cociña, cuarto de baño.
  • Dúchese no canto de bañarse: consumirá a cuarta parte de auga e enerxía.
  • Coloque unha válvula mesturadora na saída do termo, deste xeito obterá a auga quente a unha temperatura constante: máis comodidade e menos consumo.
  • Se regula o termo por riba dos 60ºC, malgastará enerxía e reducirá a súa duración.

Lavalouza

  • Seleccione un programa acorde co grao de sucidade da louza.
  • Aproveite ó máximo a capacidade do lavalouza. Enchéndoo reducirá o consumo de auga, deterxente e enerxía. E aumentará a vida do electrodoméstico. Se lava “a media carga”, seleccione o programa económico.
  • Se merca un lavalouza, elixa un modelo eficiente. Consumen menos auga e deterxente e aforran o 20% de enerxía.

Cánto me custa, con electricidade...

  • Quentar un vaso de leite no microondas: 0,37 pesetas.
  • Unha bombilla incandescente durante 1 hora de uso: 1,03 pesetas.
  • Unha carga completa do lavalouza: 24 pesetas.
  • Asar un polo: 23,95 pesetas.
  • Frixir un ovo: Unhas 2,50 pesetas se a cociña é eléctrica e arredor de 1 peseta se se trata dun aparello de gas.
  • Ducharse: unha ducha de cinco minutos custa entre 65 e 90 pesetas se o quentador é eléctrico e entre 25 e 50 pesetas se é de gas.
  • Pasa-lo ferro: unha hora, dependendo do aparello, pode custar arredor de 25 pesetas.
  • Lavadora: un lavado normal ten un custo aproximado de 45 pesetas.
  • Calefacción: unha hora de calefacción custa entre 60 e 85 pesetas con electricidade, e entre 40 e 50 pesetas se a caldeira é de gas.

Paxinación dentro deste contido

  • Ir á páxina anterior: « Auga
  • Estás na páxina: [Páx. 5 de 5]

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións