Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Facturas domésticas : Respectan a normativa, pero pensan pouco no usuario

Se comprendémo-las facturas domésticas, poderemos axusta-lo noso consumo e ó mesmo tempo reduci-lo gasto enerxético e doutros servicios

Auga

O abastecemento doméstico da auga ofrece prezos moi distintos dunha cidade a outra. As tarifas dependen da empresa que opera no lugar de residencia do usuario, que non pode elixir provedor. Polo tanto, o aforro nesta factura trimestral está ligado a un uso racional da auga.

Cota de investimento: para o mantemento dos sumidoiros ou infraestructuras hidráulicas.

A nosa análise das facturas da auga

Aljarafesa (Sevilla) Cumpre a normativa. Servicio de atención ó cliente, de 9 a 21 horas. Factura pouco atraente e monótona, por ausencia de cores e contrastes. Facturación detallada, pero non está en euros ningún importe. Bótase de menos información explicativa dos conceptos facturados. Pouca claridade e letra de tamaño minúsculo na parte inferior da factura. Sen web nin correo electrónico. Non aparece o consumo medio dalgún período de tempo. Non hai gráfico co historial de consumo do último ano.

Aigües de Barcelona Cumpre a normativa. Factura detallada, pero só figura en euros o importe final. Teléfono de atención ó cliente de 8 a 20 horas, aínda que un teléfono de avarías funciona as 24 horas. Informa na parte traseira sobre atención ó cliente. Deseño pouco atraente, sen cores nin cadros que separen os conceptos. Non recolle información explicativa dos conceptos facturados. Sen web nin e-mail. Non ofrece o consumo medio dalgún período nin gráfico co historial do consumo.

Emalgesa (Alxeciras) Cumpre a normativa. Facturación detallada, pero só figura en euros o importe final. Na parte traseira, información sobre o pagamento e consellos sobre o contador. Deseño pouco atraente. Letra pequena de difícil lectura. Bótanse de menos explicacións dos conceptos facturados. Sen web nin e-mail. Non ofrece o consumo medio dalgún período de tempo nin gráfico co historial de consumo. Factura pouco atraente. Sen información sobre o servicio de atención ó cliente.

Calcula-lo custo

Dous tipos de tarifa: doméstica e industrial. Na factura que analizamos, a tarifa é doméstica e divídese en bloques. O prezo da auga aumenta a medida que se supera cada bloque, é dicir, penalízase un uso excesivo da auga.

  • Cota de servicio: cantidade fixa, en función do calibre (diámetro) do tubo principal que abastece a vivenda. Divídese, neste caso, en abastecemento (auga que entra no domicilio) e saneamento (auga que se desbota polo desaugadoiro).
  • Cota de consumo: depende do consumo. Pode presentarse dividida: abastecemento e saneamento.
  • Abastecemento: Bloque I; 20 m3 (cantidade consumida) x 33 pta (prezo do m3, fixado pola empresa) = 660 pta. Bloque II: 13 m3 (cantidade que excede da admitida no Bloque I) x 100,5 pta (prezo do m3 no Bloque II) =1.307 pta.
  • Saneamento: Bloque I; 20 m3 (cantidade consumida) x 23,5 pta (prezo do m3, fixado pola empresa subministradora) = 470 pta. Bloque II: 13 m3 (cantidade que excede da admitida no Bloque I) x 73,5 pta (prezo do m3 no Bloque II) = 949 pta.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións