Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Facturas domésticas : Respectan a normativa, pero pensan pouco no usuario

Se comprendémo-las facturas domésticas, poderemos axusta-lo noso consumo e ó mesmo tempo reduci-lo gasto enerxético e doutros servicios

Gas

O gas natural canalízase ata o domicilio do usuario e abóase xeralmente cada dous meses en función da tarifa e o consumo. O gas non sempre chega ó noso fogar coa mesma calidade, nalgunhas rexións é máis puro e o seu poder calorífico varía. Por iso, o Goberno fixa as tarifas do gas en termias (unidade de medición de calor). As subministradoras aplícanlle á cantidade de gas consumida polos clientes o factor de conversión do poder calorífico. Esta cifra difire en cada rexión e multiplícase polos metros cúbicos de gas consumidos. Así, sempre nos cobran o mesmo por cada termia, independentemente da calidade do gas.

As tarifas para usos domésticos son a D1 (para vivendas sen caldeira de calefacción individual), a D2 (para casas con calefacción individual por caldeira de gas) e a D3 (para grandes consumos, como a calefacción colectiva dunha comunidade de veciños).

A nosa análise das facturas do gas

GasAndalucía. Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Xaén, Málaga e Sevilla. Clara, con detalle da facturación, aínda que só figura en euros o importe total. Tres teléfonos de atención ó cliente (información e xestións, lecturas e urxencias), aínda que non informa da franxa horaria deste servicio. Sinala o enderezo da súa páxina web, pero non do correo electrónico. Gráfico co historial de consumo do último ano. Bótase en falta información explicativa dos conceptos facturados. Non aparece o consumo medio en pesetas nin en kWh/día do período de facturación, aínda que si o anual (só en pesetas).

Gasnalsa. Vitoria Clara, con detalle da facturación, pero só se sinala en euros o importe total. Catro teléfonos de atención ó cliente (central, atención ó cliente, lecturas e avarías e emerxencias). Gráfico co historial do consumo do último ano. Emprega a parte traseira da factura para recomendacións. Bótase en falta información explicativa dos conceptos facturados. Non indica web nin e-mail. Non sinala o consumo medio en pesetas nin en kWh/día do período de facturación, nin tampouco o anual. Non informa da franxa horaria do servicio de atención ó cliente.

Calcula-lo custo

No prezo interveñen tres factores. Se seguímo-lo exemplo da factura que se adxunta:

  • Termo fixo: cantidade fixa, 903 pesetas, que se paga aínda que non consumamos gas.
  • Consumo de gas: abóase en función do gas consumido. 12m3 (cantidade consumida) x 86,49 pta/m3 (prezo calculado pola empresa en cada zona) x 1,014 (factor de conversión, diferente en cada zona, segundo a pureza do gas) = 1.052 pesetas
  • Alugueiro do contador: depende do caudal máximo (m3/hora) de gas que pode chegar á vivenda. 170 pesetas (alugueiro do contador) x 2 meses = 340 pesetas

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións