Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Analizadas sobre o terreo 300 liñas de autobús urbano de 18 cidades. Ademais, opinan 3.000 usuarios : Puntualidade e información, principais deficiencias dos buses urbanos

O servizo que prestan mellorou moito en catro anos. A frecuencia media é de 16 minutos e o prezo da viaxe mercando un bono de varias viaxes, de 0,55 euros

Dereitos e deberes do usuario

Os técnicos desta revista intentaron pagar o billete ordinario coa fracción máxima que fixa cada servizo para analizar así se se respecta este dereito. A fracción máxima no conxunto do estudo oscila entre os cinco e os vinte euros. Así, en oito das 18 cidades do estudo (A Coruña, Madrid, Málaga, Murcia, Sevilla, Valladolid, Vitoria e Zaragoza) non se podía pagar cun billete que fose maior a cinco euros. Aínda así, en Madrid, Murcia e Sevilla rexistráronse problemas cando o técnico intentou pagar con esa cantidade, xa que o condutor do autobús solicitaba que por favor pagasen con moedas ou directamente esixía o importe exacto (así foi no 87% dos traxectos efectuados en Sevilla). Unicamente en seis cidades do estudo (A Coruña, Alacante, Bilbao, Oviedo, Valencia e Valladolid) non se lle puxo ningunha pega ao técnico desta revista para pagar coa fracción máxima permitida.

Outro detalle importante é que as tarifas dos diferentes títulos de viaxe estean visibles. O importe do billete ordinario estaba especificado no 72% dos 300 autobuses que se tomaron. Pola contra, só no 28% se atoparon carteis informativos sobre a exención de prezos a nenos, xubilados ou persoas con minusvalía. Ademais, en ningún dos vehículos analizados na Coruña, en Córdoba, Granada e San Sebastián se lles facilitaban indicacións aos pasaxeiros para saber que facer en situacións de perigo ou ante accidentes.

En cada un dos autobuses as ventás de emerxencia estaban perfectamente indicadas. Non obstante, un de cada catro autobuses carecía (ou non se viron) de martelos para romper as ventás en caso de evacuación. Así mesmo, en oito de cada dez autobuses atopouse, polo menos, un extintor, proporción moi superior á de boticas de primeiros auxilios (apenas un de cada tres contaba con este elemento á vista dos pasaxeiros).

Nove de cada dez autobuses analizados estaban adaptados para persoas con mobilidade reducida, aínda que nalgunhas capitais a proporción era menor. É o caso de Pamplona, Valencia (no 21% dos vehículos non se tomaron medidas), Valladolid (non está adaptado o 18% dos vehículos) ou Sevilla (o 15% está sen adaptar). Unha vez no interior do autobús observouse que o 96% dos autobuses contaban cunha zona habilitada para persoas minusválidas. No 85% destes espazos hai un botón para solicitar a parada a unha altura axeitada, así como un cinto de amarre. A situación é peor para as persoas con minusvalía visual, xa que un de cada catro autobuses non conta con ningún dispositivo acústico que lle facilite o uso deste servizo a este colectivo.

Paxinación dentro deste contido

  • Ir á páxina anterior: « No autobús
  • Estás na páxina: [Páx. 5 de 5]

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións