Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Autoescolas, comparáronse os prezos de 210 en 14 cidades : Polo mesmo carné, unhas autoescolas cobran o triple ca outras

A información en materia de prezos é pouco transparente e a competencia en prezos, escasa en moitas cidades

Saca-lo carné por libre: pouco habitual pero posible

Quen non acode a unha autoescola e opta por acada-lo carné “por libre” representa hoxe una minoría cada ano máis exigua. A axuda que prestan as autoescolas é de gran valor para o aspirante a conductor. Pero, de tódolos xeitos, quen decide saca-lo carné de conducir “por libre” debe segui-los seguintes pasos:

  • Realizar unha solicitude na delegación correspondente da Dirección Xeral de Tráfico.
  • Pagar 70,80 euros para ter dereito a convocatoria.
  • Achegar unha fotocopia do DNI, o certificado médico e dúas fotografías.
    Se tras suspende-la primeira convocatoria se decide acudir a unha autoescola para preparar de xeito convencional a segunda oportunidade que queda, cómpre pagar preto de 6 euros para traslada-lo expediente.

Aprobado o teórico, é imprescindible acudir ó exame práctico cun coche de dobre mando, e xa que o habitual é non dispor del, cómpre acudir a unha autoescola, paga-la matrícula, algunha clase de conducir e o custo do exame práctico. Isto explica que a maioría dos consumidores prefira matricularse en autoescolas para realiza-las dúas partes do exame.

En qué cómpre fixarse para elixir autoescola

  • Calidade do ensino
    É un factor determinante na elección dunha autoescola. Trátase dun concepto directamente relacionado coa calidade técnica e pedagóxica dos profesionais da autoescola. Segundo os especialistas, o mellor indicador da calidade de ensino dunha autoescola é a súa porcentaxe de aprobados. Pode solicitarse na propia autoescola ou consultarse no Rexistro de Autoescolas. Tamén se poden pedir referencias na Confederación de Autoescolas.
  • Prezo:
    Invistamos tempo en comparar tarifas, paga a pena de certo. Percorramos varias autoescolas da nosa cidade analizando os prezos que cobran por cada concepto. E, se a nosa cidade é das máis caras, valorémo-la posibilidade de acudir a unha autoescola doutra cidade ou provincia. Distingamos entre as ofertas. Algunhas do tipo “matrícula gratis” poden ser, ó final, moi pouco interesantes. Para poder comparar e elixir, pidamos que nos especifiquen os conceptos polos que nos van cobrar. Se a matrícula (ou a oferta) inclúe distintos conceptos, convén saber cáles son. Se non, podemos pasar por alto algúns, como as taxas de tráfico, que ó final deberemos pagar. Nalgunhas autoescolas, o pagamento polas clases teóricas é único, e non hai un prazo máximo para aproba-lo exame teórico. Pero noutras hai que volver aboar esa cantidade se o teórico non se saca nun prazo estipulado pola autoescola. Cumprirá estimar, en función das horas que se prevé ir ás clases e a dispoñibilidade de tempo para facer test, o tempo aproximado que investiremos nesta proba.
  • A duración das clases prácticas varía:
    Polo mesmo prezo algunhas autoescolas ofrecen clases dunha hora, mentres que outras as realizan de 45, 50 ou 55 minutos (lembremos que tres clases dunha hora equivalen a catro de 45 minutos). Nalgunhas autoescolas, a matrícula do carné de conducir ten un período de validez limitado. Convén, nese caso, informarse sobre ese prazo e non deixar pasa-lo tempo, xa que unha vez transcorrido a autoescola pode rescindi-lo contrato, E, daquela, o alumno só poderá recupera-las taxas de tráfico, se as aboou.
  • Avances tecnolóxicos:
    Algunhas autoescolas incorporan tests por ordenador ou vía Internet, simuladores de conducción, etc. Son avances que poden ameniza-las clases pero considéranse prescindibles para a aprendizaxe.
  • Compatibilidade de horarios entre clases teóricas e prácticas:
    Quizais os horarios de certas autoescolas non son compatibles cos seus. Infórmese.
  • A proximidade da autoescola:
    Aínda que para algúns usuarios pode ser un condicionante, non debería esgrimirse como un criterio de elección importante.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións