Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Informe: : Os outros gastos da compra dunha vivenda

Os trámites burocráticos poden supor un desembolso adicional de ata o 10% do custo da vivenda

Outros gastos

  • Rexistro da Propiedade. Os honorarios dos rexistradores, ó igual ca dos notariais, están fixados legalmente no seu arancel e son os mesmos para todos os rexistradores de España. O seu importe depende do prezo da compravenda.

Tarifas dos rexistradores

Inscrición:

  • Se o valor da finca ou dereito non supera os 6.010,12 euros: 24,04 euros.
  • Polo exceso comprendido entre 6.010,13 e 30.050,61 euros: 1,75 por 1.000.
  • Polo exceso comprendido entre 30.050,62 e 60.101,21 euros: 1,25 por 1.000.
  • Polo exceso comprendido entre 60.101,22 e 150.253,03 euros: 0,75 por 1.000.
  • Polo exceso comprendido entre 150.253,04 e 601.012,10 euros: 0,30 por 1.000.
  • Polo valor que supere os 601.012,10 euros: 0,20 por 1.000.

Exemplos:
Vivenda que custa 120.000 euros: 148,60 euros por asento, máis o 16% de IVE.
Vivenda que custa 210.000 euros: 189,21 euros por asento, máis o 16% de IVE.

  • Gastos de xestoría. Derivan da tramitación das escrituras, tanto de compravenda coma de hipoteca, cancelación, subrogación, etc. A contratación do xestor é optativa para o comprador cando só tramita unha operación de compravenda, xa que este pode realizar as xestións persoalmente. Non obstante, é obrigatoria cando a compra se tramita cun préstamo hipotecario, debido a que as entidades financeiras só desembolsan o importe do préstamo no momento da sinatura das escrituras de compravenda e hipoteca se teñen a garantía de inscrición no rexistro das mesmas. Por iso os bancos ou caixas impoñen a participación dun xestor como condición para o pagamento inmediato dos préstamos hipotecarios. Este xestor debe elixirse de común acordo.

As custas de xestiónúanse entre 150 e 300 euros por operación.

  • Gastos de notaría. O notario dá fe de que se levou a cabo unha acción, neste caso a compravenda dunha vivenda, dentro da legalidade vixente. As tarifas dos notarios, denominadas aranceis, son aprobadas polo Goberno mediante Real Decreto e son as mesmas para todos os notarios. Cando se escritura unha vivenda, sexa nova ou usada, cóbrase en función dunha escala que toma por base o prezo da vivenda.

Tarifas

  • Cando o valor non supere os 6.010,12 euros: 90 euros.
  • Polo exceso comprendido entre 6.010,13 e 30.050,60 euros: 4,5 por 1.000.
  • Polo exceso comprendido entre 30.050,61 e 60.101,21 euros: 1,50 por 1.000.
  • Polo exceso comprendido entre 60.101,22 e 150.253,03 euros: 1 por 1.000.
  • Polo exceso comprendido entre 150.253,04 e 601.012,10 euros: 0,5 por 1.000.
  • Polo que supera os 601.012,11 euros ata 6.010.121,04 euros: 0,3 por 1.000.
  • Polo que supera os 6.010.121,05 euros o Notario percibirá a cantidade que libremente acorde coas partes outorgantes.

* As tarifas reduciranse nun 25% nos préstamos e créditos persoais ou con garantía hipotecaria.

Exemplos:
Vivenda que custa 120.000 euros: 300 euros aproximadamente, máis o 16% de IVE.
Vivenda que custa 210.000 euros: 425 euros aproximadamente, máis o 16% de IVE.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións