Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Informe: : Os outros gastos da compra dunha vivenda

Os trámites burocráticos poden supor un desembolso adicional de ata o 10% do custo da vivenda

Impostos que gravan a compra de vivenda

Vivenda nova

  • Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Abóao o comprador.
    • En vivenda libre: o tipo xeral é o 7% do importe que figura nas escrituras. En Ceuta e Melilla aplícase un 4% do Imposto Produción Servizos Indirectos. En Canarias, supón un 4,5% do Imposto Xeral Indirecto Canario.
    • En vivendas de protección oficial (VPO), de réxime especial ou de promoción pública: o 4%.
      Se se compra unha praza de garaxe conxuntamente coa vivenda, tamén se pagará o IVE ó mesmo tipo; mentres que se se adquire esa praza por separado, o IVE que hai que pagar é o 16%.
      Exemplos:
      Vivenda que custa 120.000 euros: 8.400 euros de IVE (aplicando o 7%, o tipo xeral).
      Vivenda que custa 210.000 euros: 14.700 euros de IVE (aplicando o 7%, o tipo xeral).
  • Imposto de actos xurídicos documentados (IAXD). Abóao o comprador.
    Grava os documentos notariais. Abóase na delegación de Facenda correspondente, sempre que se subscribe un documento notarial con contía económica e inscribible no Rexistro. Aplícase por partida dobre: á escritura de compra da vivenda nova e á escritura da hipoteca. A liquidación deste imposto pódea facer o propio interesado, ou ben pódese efectuar a través do notario ou dun xestor colexiado.
    IAXD na escritura de compra:
    Calcúlase aplicando o 0,5% do importe da escritura -o 0,1% nas comunidades autónomas con réxime foral-. As escrituras de compra de VPO están exentas do pagamento deste imposto.
    Exemplos:
    Vivenda que custa 120.000 euros: 600 euros de IAXD (aplicando o 0,5%, o tipo xeral).
    Vivenda que custa 210.000 euros: 1.050 euros de IAXD (aplicando o 0,5%, o tipo xeral).

    IAXD na escritura da hipoteca:
    Calcúlase aplicando o tipo impositivo do 0,5% -o 0,1% nas comunidades autónomas con réxime foral- pero non sobre o capital do préstamo, senón sobre toda a responsabilidade que garante a hipoteca, é dicir: capital, xuros ordinarios, posibles xuros de demora, custas e gastos no caso de que non se pagase o préstamo e a entidade tivese que executar (vender) o ben hipotecado para resarcirse. Por iso, aínda que a porcentaxe do imposto é a mesma cá da escritura de compra, a cota que cómpre pagar é maior.
    Aconséllase utilizar como cifra base para o seu cálculo o dobre da cantidade solicitada á entidade financeira, pois así cóbrense todos os gastos antes mencionados.

Vivenda usada

  • Imposto de transmisións patrimoniais (ITP). Abóao o comprador.
    O tipo xeral deste imposto é o 6%. Aplícanse na compravenda das vivendas usadas. A base de cálculo é o prezo de compra que figura na escritura. É un imposto autoliquidable: o comprador debe cubrir o impreso de liquidación, calcular o importe e aboalo. Cómpre realizar o pagamento nun prazo de 30 días hábiles desde a sinatura da escritura. A presentación do impreso e o pagamento débense realizar na Administración de Facenda da Comunidade Autónoma.
    Nalgunhas provincias hai rebaixas importantes deste imposto para determinados colectivos. En Guipúscoa, por exemplo, os menores de 35 anos que adquiren a súa primeira vivenda habitual aboan só un 3% en concepto de ITP.
    En Madrid, Cataluña, Galicia, Murcia e Aragón: o 7%
    En Álava: entre o 2,5 e o 6%.
    Resto do territorio: 6%.
    Exemplos:
    Vivenda que custa 120.000 euros: 7.200 euros (aplicando o 6%, o tipo máis habitual).
    Vivenda que custa 210.000 euros: 12.600 euros (aplicando o 6%, o tipo máis habitual).
  • Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, máis coñecido como plusvalía. Abóao o vendedor, salvo pacto en contrario entre as partes. En Navarra correspóndelle ó comprador.
    É un imposto municipal que grava o aumento de valor dos terreos urbanos experimentado durante os anos en que o vendedor foi propietario da vivenda. Calcúlase tendo en conta o valor catastral e o número de anos que transcorreu desde a anterior transmisión. Sobre este incremento aplícase o tipo de gravame, que é fixado por cada Concello segundo uns máximos e uns mínimos fixados por lei. É un imposto autoliquidable: hai un prazo de 30 días desde a sinatura da escritura para liquidalo no Concello. Non é posible ofrecer cifras orientativas sobre o importe deste imposto debido ó dispar das políticas municipais.
  • Imposto de actos xurídicos documentados (IAXD): Na vivenda usada este imposto só grava a escritura de hipoteca, non a de compra. Aplícase do mesmo xeito e co mesmo tipo impositivo ca na escritura de hipoteca da vivenda nova.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións