Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Fumar en espacios públicos: despois de case cinco anos, outro informe de CONSUMER : Os lugares públicos "libres de tabaco" seguen sen se respectar

Fumaban os usuarios, de media, no 46% dos espacios nos que estaba prohibido, e facíao algún empregado no 24% dos lugares visitados

Razóns para deixar de fumar e de prexudicar ós demais.

Deixar de fumar é a decisión máis saudable que se pode tomar: que unha persoa de 20 anos deixe de fumar aumenta a súa esperanza de vida tres veces máis que se controla adecuadamente a súa hipertensión, e dez veces máis que se fai o propio co colesterol (CNPT, comité nacional de prevención do tabaquismo, 1998).

  • En 1999, en España había 9.572.691 fumadores, o 61% homes.
  • De media, os fumadores consumen entre 6 e 12 cigarros ó día, 2.000-4.000 ó ano.
  • O tabaco xera durante súa combustión algo máis de 3.000 substancias. As máis coñecidas son monóxido de carbono, alcatrán e nicotina. Pero hai outras, que causan cancro, como nitrosaminas, benzopirenos e aminas aromáticas.
  • Fumar é sempre malo, non hai nivel mínimo de seguridade. O número de cigarros define o grao de adicción, pero todos, desde o primeiro, son prexudiciais.
  • O tabaco é un veleno: mata no mundo a 560 persoas cada hora, 13.400 ó día e case 5 millóns de seres humanos cada ano (datos da OMS, 2002). e na UE causa medio millón de mortes ó ano (Consello Europeo, 1996).
  • Unha de cada dez mortes en varóns españois está directamente relacionada co consumo de tabaco (CNPT, 2000).
  • O 85% das persoas afectadas por cancro de pulmón foron fumadoras.
  • O tabaco provoca cancro de: farinxe, larinxe, esófago, estómago, páncreas e vexiga.
  • E, ademais: bronquite crónica, enfermidades cardiovasculares e enfisema.
  • No tabaco, a droga que crea a adicción (dependencia física) é a nicotina.
  • Ós 50 anos de idade, un fumador ten a mesma capacidade pulmonar que terá un non fumador cando cumpra 75 anos (CNPT, 1998).
  • O tabaquismo pasivo (inhalar a miúdo o fume do tabaco consumido por outras persoas) relaciónase co aumento do risco do cancro de pulmón, do asma e doutras enfermidades respiratorias.
  • A OMS estima que na UE morren polo tabaco cada ano entre 50.000 e 94.000 persoas que non fuman pero conviven en espacios onde se fuma.
  • O fume dun cigarro emana o dobre de alcatrán e nicotina do inhalado polo fumador.
  • Os nenos fumadores pasivos están máis expostos a bronquites, pneumonía, asma e enfermidades do oído que causan xordeira.
  • Os nenos son moi vulnerables ó fume do tabaco: os seus pulmóns son máis pequenos e o seu sistema inmunitario está menos desenvolvido.

O que din as leis e o que dirán

O Real Decreto 192/1988, de 4 de marzo, sobre limitacións na venda e uso do tabaco para protección da saúde da poboación, modificado en catro dos seus artigos polo Real Decreto 1293/1999, de 23 de xullo, establece no seu primeiro artigo o seguinte:

De acordo co establecido no artigo 25.2 da Lei Xeral de Sanidade declárase o tabaco substancia nociva para a saúde da persoa. En caso de conflicto prevalecerá sempre o dereito á saúde dos non fumadores sobre o dereito dos fumadores a consumir labores do tabaco en todos aqueles lugares ou circunstancias en que se poida afecta-lo dereito á saúde dos primeiros, conforme ós termos do Real Decreto.
Tamén establece:

  • Prohíbese a venda a menores de 16 anos.
  • Prohibición absoluta de fumar en tódolos vehículos ou medios de transporte colectivo urbano e interurbano. Terán a consideración de vehículos de transporte colectivo os funiculares e teleféricos.
  • Non está permitido fumar en ningunha área laboral onde traballen embarazadas.
  • Nin en centros docentes.
  • Nin en centros de atención sanitaria.
  • Nin en zonas de oficinas da Administración pública destinadas á atención directa ó público.
  • Nin en salas de uso público xeral, lectura e exposición.
  • Nin en locais pechados con frecuente afluencia de xente.

Pola súa banda, o novo Plan de Prevención do Tabaquismo presentado polo Ministerio e que pretende desenvolverse no período 2003-2007, propón;

  • Prohibi-la publicidade directa e indirecta, así como o patrocinio de productos do tabaco.
  • Excluír do IPC o tabaco.
  • Aumenta-los impostos sobre o tabaco.
  • Prohibi-la venda a menores de idade.
  • Suprimi-las máquinas expendedoras de cigarros.
  • Prohibi-la venda de cigarros soltos.
  • Declara-lo tabaco enfermidade crónica.
  • Incluír tratamentos antitabaco nas prestacións sanitarias.
  • Facer referencia ó consumo de tabaco na historia clínica das persoas.
  • Limita-las prazas hoteleiras para fumadores.

Establecéronse unha serie de metas: para o 2003, converter en espacios libres de fume o 95% das escolas, centros sanitarios e da Administración; para o 2004, desenvolver normas que regulen o consumo de tabaco en tódolos lugares públicos; para o 2005, estimular ó 70% das empresas para crear espacios libres de fume; e para o 2007, reduci-lo número de fumadores nun 30% con respecto ós datos do 2003.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións