Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Mercar unha vivenda, hoxe : Os créditos hipotecarios baratos son cousa do pasado

A adquisición dunha vivenda é o obxectivo prioritario e a decisión económica máis importante de millóns de persoas, xa que afectará notablemente á súa calidade de vida e ó seu peto durante dez, quince ou mesmo máis anos.

O Libro do Edificio

Unha vez rematada a obra, entregaráselles ós usuarios finais o Libro do Edificio, acta que incluirá a relación dos axentes que interviñeron durante a edificación, así coma as instruccións de uso e mantemento do inmoble e as súas instalacións, de conformidade coa normativa de aplicación. Este libro, aínda que se regula escasamente na lei, é unha peza clave para saber cómo se desenvolveu a construcción. Máis garantías para cantidades adiantadas. O Código Civil permítelle ó promotor pedirlle ó consumidor entregas a conta antes ou durante a construcción da vivenda. Para evitar abusos coas cantidades adiantadas, a anterior normativa establecía medidas legais -aval bancario- como garantía de devolución, no caso de que a construcción da súa vivenda non fose finalmente levada a cabo. A nova LOE mantén a vixencia desta lei, aínda que con modificacións:

  • A partir de agora, serán válidos tanto o aval bancario coma o contrato de seguro, máis un 6% de interese.
  • No momento de outorga-lo contrato, o promotor debe entregarlle ó comprador o documento que acredite a garantía individualizada das cantidades anticipadas.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións