Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Parques infantís: estudados 739 aparellos de xogo de 132 áreas de recreo de uso público situadas en 18 cidades españolas : O mantemento de un de cada tres elementos de xogo é insuficiente

A seguridade das zonas de xogo é boa, aínda que precisa melloras

Información e accesibilidade das zonas de xogo e táboa comparativa

Nos parques infantís deben figurar carteis que indiquen as obrigas dos usuarios ao usaren os elementos de xogo, así como información fundamental en caso de emerxencia, todo iso dunha maneira lexible.

Unha información imprescindible para os usuarios dos parques infantís é a que grupo de idades se destina. Non obstante, estes datos só se proporcionaron no 46% dos casos e, por cidades, non se viron en ningún dos parques analizados de Córdoba, de Murcia, de Valencia e de Valladolid. Ademais, é fundamental tamén que o cartel reflicta o número de teléfono ao que chamar en caso de urxencia por accidente e mais cales son os centros sanitarios que están máis preto. O primeiro só se viu no 45% das zonas de xogo (sobresaen Cádiz, Granada e Vitoria, mais non Alacante, Valencia e Valladolid), e o segundo tan só en un de cada cinco parques (destacan Granada e Cádiz). Tampouco se informaba na metade das zonas de xogo sobre a prohibición de introducir animais de compaña. É o caso, por exemplo, de Málaga e de Pamplona, onde non se viron en ningún dos parques visitados.

Na inmensa maioría das zonas analizadas podíase acceder cun cochiño ou con cadeiras de rodas. Tamén é recomendable que os elementos de xogo se pinten con cores rechamantes para que os identifiquen nenos con deficiencias visuais. Non obstante, durante a visita, os técnicos comprobaron que non o estaban en un de cada dez parques infantís. Menos habitual aínda é atopar aparellos a rentes do chan para que xoguen nenos con dificultades de mobilidade (tan só se atoparon nun 22% das áreas infantís analizadas) ou carteis en braille (só se viron nun parque infantil de Barcelona).

O parque 10

O parque infantil ideal ofrécelles seguridade aos pais e entretemento aos máis pequenos. Pola súa condición de equipamento ao aire libre, o seu mantemento debe ser continuado para garantir polo menos 5 anos de vida útil. Velaquí algúns dos aspectos nos cómpre reparar:

  • Área protexida: a cidade é un lugar cheo de perigos para os nenos. Os parques infantís son pequenos espazos nos que os menores se poden divertir con seguridade. Por iso:

    • Deben estar situados en lugares sen unha elevada contaminación atmosférica e acústica, e afastados de tendidos eléctricos, de vertedoiros ou de canalizacións de auga de gran capacidade.
    • Deben estar acoutados e separados do tráfico rodado (mínimo a 30 metros).
  • Xogos atractivos, seguros e resistentes: os xogos deberán ser seguros e resistentes, así como visualmente atractivos, de xeito que resulten estimulantes para os máis pequenos. Para iso:

    • O chan deberá estar composto de materiais brandos que amortezan caídas, como o caucho reciclado ou chans naturais como céspede e codia de árbore.
    • Os elementos de xogo deben estar elaborados con materiais que non sexan metálicos, tóxicos, nin condutores da electricidade. Ademais, deben tratarse para que, co uso e co paso do tempo, non escachen nin se xeren ángulos perigosos.
    • As ancoraxes e suxeicións dos elementos de xogo ao firme serán estables.
    • Entre os xogos deberá existir unha distancia mínima de seguridade con espazos libres de obstáculos.
  • Inspección e mantemento: as áreas de xogo deben manterse en condicións de limpeza para que sexan completamente seguras. Os seus propietarios son os responsables do seu mantemento e conservación e cómpre realizar inspeccións e revisións anuais.
  • Sinalización: é fundamental indicar a idade dos menores que poden utilizar os xogos, a onde acudir en caso de se detectaren danos ou situacións de perigo, e mais a situación dos centros sanitarios máis próximos. Para iso, cómpre instalar carteis nos que, polo menos, se sinale:

    • A recomendación de uso dos xogos por treitos de idade
    • A prohibición de uso dos xogos aos maiores de idade
    • A prohibición de entrada a animais domésticos
    • A situación do teléfono público máis próximo
    • A localización do centro sanitario máis próximo e a indicación do número de teléfono das urxencias sanitarias, en caso de accidente
    • O número de teléfono do servizo encargado do mantemento e reparación de danos do parque infantil.
    • A prohibición de circulación de vehículos de motor e a limitación de uso de bicicletas, patinetes e similares.
  • Accesibilidade: os parques infantís deberán ser accesibles, en especial para persoas minusválidas. Xa que logo, entre outras cousas, as entradas e mais as saídas deberán estar libres de obstáculos e haberá que instalar ramplas en caso de que haxa escaleiras para acceder ao recinto. Ademais, se a superficie é de difícil acceso, é conveniente instalar rutas accesibles ata os elementos de xogo.
  • Vehículos a excesiva velocidade: debe estar prohibida a circulación de calquera vehículo que circule a unha velocidade que poida causar danos persoais. Por exemplo, vehículos a motor, bicicletas, patinetes, etc.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións