Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: Melloran condutores e peóns, pero aínda están moi lonxe do desexable

O comportamento inadecuado dentro e fóra do automóbil explica os numerosos e graves accidentes nas vías urbanas

De mellor a peor, cada cidade y táboas comparativas

Pamplona:

  • /imgs/20061201/img.ciudades.13.jpgCondutores: moi mal
  • Peóns: regular
  • O mellor: case todos os ocupantes de bicis, motos, ciclomotores e quads levaban casco, agás un 2%.
  • O peor: o 71% dos condutores non fixeron correctamente o stop e o 38% falaba polo móbil mentres conducía. Case tres de cada dez ocupantes non levaban o obrigatorio cinto de seguridade e o 15% dos condutores cruzaron cando o semáforo está en vermello ou ámbar.

A Coruña:

  • /imgs/20061201/img.ciudades.14.jpgCondutores: mal
  • Peóns: moi mal
  • O mellor: Foron dos condutores que máis respectaron o sinal ámbar ou vermello do semáforo.
  • O peor: case tres de cada catro condutores non facían correctamente o stop. Os peóns da Coruña foron os máis infractores no momento de cruzar por zonas distintas do paso de peóns (49%). Ademais, un de cada tres atravesou o paso de peóns sen mirar. O 12% dos ciclistas, ocupantes de motos ou quads non levaba casco no momento da observación, unha das porcentaxes máis elevadas.

Granada:

  • /imgs/20061201/img.ciudades.15.jpgCondutores: moi mal
  • Peóns: mal
  • O mellor: non destaca positivamente en nada.
  • O peor: é a cidade, xunto con Vitoria, na que os condutores menos respectaron o semáforo en vermello ou ámbar (19%) e tamén onde máis ocupantes sen cinto de seguridade se viron (44%). Ademais, a metade deles conducían falando polo móbil. Un de cada tres peóns cruzaron co semáforo en vermello e o 28% atravesou o paso de peóns sen mirar. Tamén foi a capital na que máis ocupantes de bicis, motos, ciclomotores e quads se viron sen o obrigatorio casco.

Málaga:

  • /imgs/20061201/img.ciudades.16.jpgCondutores: moi mal
  • Peóns: mal
  • O mellor: non destaca positivamente en nada
  • O peor: os condutores malagueños foron os terceiros que máis cruzaron cando o semáforo vermello ou ámbar llelo impedía. Dous de cada dez, o dobre da media do estudio, conducían falando polo teléfono móbil. Catro de cada dez ocupantes do vehículo non levaban cinto de seguridade. O 41% dos peóns cruzou co semáforo en vermello.

Vitoria:

  • /imgs/20061201/img.ciudades.17.jpgCondutores: moi mal
  • Peóns: mal
  • O mellor: non hai nada positivo que salientar.
  • O peor: é a cidade, xunto con Granada, onde os condutores máis se saltaron os semáforos en vermello ou ámbar e un 71% non se detivo correctamente no stop. Ademais, un 35% non cedeu o paso nos pasos de peóns e nesa mesma proporción os ocupantes dos vehículos non levaban o cinto de seguridade posto. Máis da metade dos peóns cruzaron co semáforo en vermello e un 20% dos ocupantes de bicis, motos e quads desprazábanse sen casco.

Murcia:

  • /imgs/20061201/img.ciudades.18.jpgCondutores: moi mal
  • Peóns: moi mal
  • O mellor: non destaca positivamente en nada.
  • O peor: Tres de cada dez peóns cruzaron co semáforo en vermello e a metade atravesou o paso de peóns sen mirar. O 31% cruzou por zonas distintas do paso de peóns. O 70% dos condutores non fixeron correctamente o stop e foron os que menos cederon o paso nos pasos de peóns.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións