Maternidade a partir dos 35 anos

Máis meditada e responsable, pero non exenta de perigos

O momento da maternidade pódese elixir. A muller dispón desde hai algúns anos de medios para decidir cándo nacerán os seus fillos. A tendencia actual é inequívoca: a chegada dos descendentes posponse
1 Setembro de 2000
Img informe listado 144

Máis meditada e responsable, pero non exenta de perigos

Se nos setenta as mulleres tiñan o seu primeiro fillo na vintena, hoxe é cada vez máis habitual que a muller estree a súa maternidade ben entrada na trintena. A incorporación da muller ó mercado de traballo, con todo o que iso supón -prolonga-la súa educación académica e asentarse, despois, na súa profesión- é a principal razón deste fenómeno. Pero o efecto contrario, o desemprego e a conseguinte imposibilidade de afronta-los gastos que traen consigo os fillos, atópase tamén entre os motivos que explican o atraso na maternidade. As consecuencias evidentes desta tendencia son o descenso no número de fillos, a dificultade da muller para concibir a partir de certa idade e a maior posibilidade de complicacións no embarazo.

O 11% das parellas españolas teñen o seu primeiro fillo cando a muller xa cumpriu os 35 anos. O principal factor que explica este fenómeno é a incorporación da muller ó mercado de traballo, incorporación que non se viu acompañada de cambios estructurais que axuden á muller a compaxinar profesión e tarefas familiares.

As claves do fenómeno

Ademais, o período educacional das mulleres prolongouse para facilita-lo seu acceso ó mercado laboral e, como consecuencia, a estabilidade laboral que ansían para ser nais chega máis tarde, co que o primeiro fillo se atrasa. Ó pospoñe-lo nacemento do primeiro fillo, téñense menos. Ademais, a maternidade a partir dos 30-35 anos vívese de maneira diferente; é máis responsable, son fillos máis desexados e froito dunha decisión máis meditada. Pero en ocasións edúcase a estes fillos de maneira máis permisiva e téndese a sobreprotexelos e a darlles todo o que piden. Ademais, persiste unha concepción da maternidade moi tradicional, polo que os pais, a miúdo, séntense culpables do pouco tempo que poden dedicar ós seus fillos e tratan de compensalo convertendo os nenos nos reis da casa, o que repercute negativamente na súa formación.

Os perigos de pospoñe-la maternidade

Segundo un estudio publicado no British Medical Journal, o 20% das xestacións en mulleres de entre 35 anos e 40 anos, e ata o 50% nas que xa cumpriron 42 anos, fracasan por aborto espontáneo, embarazo ectópico (xestación fóra do útero) ou morte do feto. Nos oitenta a taxa de natalidade aumentou un 31% entre mulleres de 30 a 34 anos, un 60% no grupo de 35 a 39 e un 50% nas maiores de 40 anos. Entre 1990 e 1995, esa taxa incrementouse un 2% entre as de 30 a 34 anos, o 8% entre as de 35 a 39 e o 20% no grupo de 40 a 44 anos.

A partir dos 35 anos é máis difícil que unha muller quede embarazada. E constátase que moitas mulleres pensarían antes na maternidade, de coñecer que lles custaría tanto poder concibir un fillo.

Nas maternidades tardías é tamén máis frecuente que aparezan problemas de hipertensión, procesos varicosos, diabetes e anemia ferropénica, todos eles controlables polo médico. Os riscos dunha muller embarazada sa de 35 anos non difiren dos de unha de entre 20 e 30 anos, pero si hai maiores probabilidades de que as nais de máis idade sufran esas doenzas.

No que respecta ó parto, a idade da nai inflúe nas posibles complicacións. O perigo de cesárea multiplícase segundo aumenta a idade da xestante, o parto das primíparas de máis de 35 anos é máis difícil. Os tecidos en mulleres desa idade son menos flexibles e aumenta o período de dilatación, o que produce unha expulsión máis lenta que, á súa vez, entraña maior perigo de sufrimento para o feto. Así, ante a menor posibilidade de dano fetal, practícase unha cesárea.

Aumenta a taxa de natalidade

Se ben a taxa de natalidade aumentou, non o fixo o número de fillos por familia. A xeración do baby boom ten fillos, pero só un. Hai uns anos unha taxa de natalidade alta era signo de atraso, pero agora ocorre o contrario nos países desenvolvidos. Un claro exemplo é Suecia, país no que a incorporación das mulleres ó mercado laboral é maior que en España, o non foi impedimento para que as mulleres continuaran tendo fillos e a taxa de maternidade non descendera. As políticas de natalidade (gran despregue de garderías, facilidades laborais para que as nais atendan os seus fillos…) permitiron a Suecia garanti-lo relevo xeracional. No noso país, en cambio, as axudas son só económicas e reveláronse de todo insuficientes. Tamén os factores culturais explican que as mulleres se decidan a posterga-la maternidade e ter menos descendencia: o reparto das tarefas no fogar non é equitativo; ademais da xornada laboral, as mulleres levan sobre os seus ombreiros a maior parte das responsabilidades domésticas. E o goce da baixa por paternidade continúa sendo testemuñal: tan só o 2% dos pais a solicitan.

A seguridade do feto

Os problemas dun embarazo tardío non só afectan á nai. Tamén se debe valora-la incidencia no bebé de defectos conxénitos, como o Síndrome Down. As cifras son elocuentes: un de cada 1.250 nenos nacidos dunha nai de 25 anos sofre esta deficiencia; se a nai ten 30 anos as probabilidades son de unha por cada 952 partos; unha de 378 ós 35 anos; unha de 106 ós 40 e unha por cada 30 nacementos a partir dos 45 anos. Cando a nai supera os 35 anos, recoméndase un diagnóstico prenatal que determina o 90% dos defectos conxénitos. A seguridade, fiabilidade e menores riscos de hemorraxias ou de aborto (un caso de cada 400) converten a amniocentese na proba máis común. Efectuada entre as semanas 14 e 18 de xestación, consiste nunha punción abdominal para extrae-lo líquido amniótico que rodea o feto e determina-las posibles alteracións cromosómicas. No 20% dos casos prodúcese un diagnóstico prenatal non desexado.

Escasas axudas á natalidade

O gran gasto que ocasiona un fillo, que pode alcanza-lo millón de pesetas por ano, e as escasas axudas por parte da Administración, incide na decisión de posterga-lo momento de ter descendencia ata alcanzar certa estabilidade laboral. As axudas son escasas. Desde 1990 a contía que corresponde por fillos menores de 18 anos sen minusvalías non variou. Así, as familias con fillos reciben 36.000 pesetas anuais por cada un ata a súa maioría de idade. Aínda que recentemente se aprobou unha axuda de 75.000 pesetas anuais para familias con tres fillos, esta cantidade segue sendo exigua se a comparamos coas doutros países da Unión Europea, que comezaron o seu apoio á natalidade durante os 80. As mulleres danesas reciben do goberno 19.000 pesetas mensuais por fillo e as finlandesas entre 15.000 e 29.000 pesetas ó mes, segundo o número de fillos. En Luxemburgo, unha familia con tres fillos percibe unha axuda mensual de máis de 75.000 pesetas, e en Francia, co terceiro fillo a axuda é de 35.000 pesetas ó mes.

Fecundación asistida: todo un presuposto

Un tercio das mulleres de entre 35 e 40 anos, e a metade das que pasaron a barreira dos 40 anos sofren problemas de fertilidade. No 40% dos casos hai solución: someterse a algún destes custosos tratamentos de reproducción asistida. O éxito dos tratamentos diminuirá a medida que aumenta a idade da nai.

Inducción á ovulación

Mediante fármacos inxectables, estimúlase a ovulación co fin de obter máis dun oocito (óvulo fecundado). Se o ovario responde ben, o tratamento dura entre 10 e 12 días. O seu custo pode alcanza-las 25.000 pesetas.

Fecundación in vitro

Tras un tratamento hormonal para estimula-la ovulación, extráense os óvulos, fecúndanse no laboratorio e vólvense implantar no útero materno. En cada proceso transfírense catro embrións, e o seu custo total anda nas 500.000 pesetas. Este método ten un nivel de éxito do 25%.

Microinxección espermática

Séguese o mesmo proceso que na fecundación in vitro, coa diferencia de que ó home se lle extrae o espermatozoide directamente do testículo. O éxito deste método depende da maduración dos espermatozoides. O seu custo oscila entre 600.000 e 700.000 pesetas. Inseminación conxugal. Colócanse os espermatozoides, illados do seme exaculado, dentro do útero. Este tratamento pode durar ata 2 anos, cun máximo de 6 ciclos. O seu custo oscila entre as 50.000 e as 100.000 pesetas por ciclo. En cada intento a porcentaxe de éxito é do 15%.

Doazón de oocitos

Fecúndanse os oocitos dunha doante anónima co seme do varón, e os embrións transfírense ó útero. O seu custo pode alcanza-las 800.000 pesetas, e as probabilidades de éxito son do 50%.

A lei ante as tarxetas de crédito

Tot i la gran difusió de les targetes electròniques, els estudis jurídics escassegen i d’això es queixen els tribunals i la doctrina més autoritzada. El contracte de targeta és un contracte atípic i, sens dubte, d’adhesió: firmar-lo significa acceptar les condicions que hi figuren, sense opció a negociar-les. Destaca l’absència de normativa especifica, encara que es troba recollida en algunes normes recents sobre ordenació i disciplina de les institucions financeres de crèdit i les de crèdit al consum. Estes són algunes de les lleis i normatives aplicables a les targetes de crèdit: – El Codi Penal, que considera les targetes com a claus, en tipificar els delictes de robatori amb força en les coses. I també com a monedes, quant als delictes de falsificació de moneda i efectes timbrats. – Les disposicions que regulen les relacions entre les entitats de crèdit i la clientela – La Llei de Defensa del Consumidor i Usuari i la Llei de Condicions Generals de la Contractació. – La Llei de Crèdit al Consum, amb un àmbit d’aplicació enrevessat i restringit. – La Llei d’Ordenació del Comerç Minorista

Pautas para un embarazo sen riscos

As normas que deben segui-las embarazadas de idade madura non difiren moito das xerais para evitar perigos. A única diferencia é que deben seguir con rigor as indicacións do xinecólogo, e pasar por controis médicos máis exhaustivos.

  • Informe o seu médico sobre posibles enfermidades hereditarias, así como sobre o seu estado de saúde. Pídalle información antes de quedar embarazada.
  • Manteña unha estreita colaboración e comunicación co seu xinecólogo. Consúltelle calquera dúbida, por pequena que pareza e aínda que non sexa estrictamente médica.
  • Non se automedique e non varíe o tratamento que lle prescribira o seu xinecólogo. Durante a xestación, siga unha alimentación variada, sa e suficiente. Restrinxa a inxestión de sal e de cafeína. Non consuma bebidas alcohólicas nin tabaco.
  • Extreme as medidas hixiénicas no aspecto persoal, nos alimentos e no contorno que a rodea.
  • Evite o manexo de substancias ou productos tóxicos, tanto nas tarefas domésticas como no traballo.
  • Non realice actividades que esixan un esforzo físico considerable, que a obriguen a permanecer en ambientes nocivos ou impliquen exposicións a outros perigos.
  • Adopte precaucións no contacto con animais, xa que poden transmitir enfermidades (tosmoplaxtose) e poñer en risco o seu embarazo.