Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.
Cinco anos de Barómetro de Consumo (2001-2005) : Esixentes no consumo e moi preocupados pola saúde
A macroenquisa mostra a evolución das actitudes e comportamentos dos cidadáns en tanto que consumidores de produtos e usuarios de servizos
Perfil do consumidor español de hoxe
Alimentación
Confía bastante nas marcas de alimentación en xeral, 6,6 puntos, aínda que nas marcas máis baratas (5) e nas máis novas (5,5) a confianza é inferior. Mellora notablemente a confianza nas marcas “brancas” ou de distribuidor: pasa de 5,6 a 6,1 puntos nos últimos 5 anos. Desconfía das marcas máis baratas (5 puntos) e lévao facendo moitos anos.
Cada ano confía máis nos formatos modernos de distribución (hipermercados e supermercados), pero sen que mingüe a confianza que deposita en mercados tradicionais e ultramarinos.
restaurantes ofrécenlle bastante confianza (6,6), pero non así os de comida rápida, que non levantan cabeza: nos últimos cinco anos a súa mellora foi insignificante: de 3,3 a 3,4 puntos, un suspenso rotundo.
Información e defensa do consumidor
A súa fonte de información máis importante sobre temas de consumo non son os medios de comunicación, as empresas nin a Administración pública. Ano tras ano, a principal fonte de información son os familiares e amigos. Seguen en importancia os dependentes das tendas e as asociacións de consumidores.
Pensan que quen mellor defende os seus interese como consumidor son eles mesmos (70%). seguidos de moi lonxe polas asociacións de consumidores (24%). A Administración é citada como principal defensora dos consumidores por só un 3% da poboación.
As fontes máis cribles en temas de alimentación son, novamente, os familiares e amigos (7,4 puntos), seguidos dos servizos sanitarios (7) e as asociacións de consumidores (6,6). O crédito da Administración é escaso (5,5 puntos) se ben mellora respecto a outros anos. O dos medios de comunicación é mediocre (5,7) e, o que é peor, estable.
O diñeiro, o mercado e as reclamacións
Reclama pouco (só o 21% dos consumidores cursaron unha reclamación formal no último ano) pero moito máis ca en 2002 (reclamou só o 12%). Os sectores máis reclamados: telefonía, líder indiscutible (absorbe unha de cada tres reclamacións), seguida de alimentación e seguros.
Por que reclama tan pouco? Quizais sexa porque raramente lle serve para algo: só un de cada tres consumidores consideraron satisfactoria a resolución da súa reclamación, e, case a metade quedaron insatisfeitos. E os datos neste aspecto non melloran en relación a anos anteriores.
Sabe que os mercados da enerxía e a telefonía se liberalizaron, pero aínda lle costa moito dar o paso de cambiar de empresa subministradora, especialmente se se trata de electricidade ou gas (o 91% dos usuarios non o fixo), porque se é de telefonía móbil ou fixa non é tan infrecuente o cambio (un de cada catro cambiou durante os últimos doce meses.
Solidariedade e medio ambiente
Non participa en iniciativas ou campañas para protexer o medio ambiente, aínda que unha porcentaxe significativa da poboación (o 20%) si o faga.
Descoñece o que é o comercio xusto, e non compra estes produtos solidarios con quen traballa nos países menos desenvolvidos, aínda que a proporción dos que o fixeron algunha vez aumenta ano tras ano.
Non está afiliado a ningunha ONG e, se o está, a súa vinculación limítase a achegar diñeiro; son unha minoría os afiliados a ONG que colaboras traballando.
Hábitos de vida e saúde
Fai o posible por manter un bo estado físico saudable e coida que segue hábitos saudables de alimentación, se ben un de cada cinco recoñece levar unha vida sedentaria e un de cada catro estar estresado.
Non recorreu nunca á cirurxía estética, nin pensa facelo.
Tempo de ocio e viaxes
Viaxa de vacacións, e máis se o seu status económico é alto, pero a maioría (o 65%) dos españois fan polo menos unha viaxe vacacional cada ano. Cada vez máis, as viaxes de vacacións repártense ao longo de todo o ano, e deixan de ser case exclusivamente viaxes de verán. O destino da viaxe é nacional (77%) e a duración dunha semana (54% das viaxes), se ben as de dúas semanas son tamén frecuentes (35%).
Novas Tecnoloxías e Internet
Non confía en Internet como medio de compra. O suspenso segue rotundo e inequívoco, aínda que a desconfianza é cada vez menor: en 2001 a cualificación foi de 3,75 puntos, mentres que en 2005 rozou o aprobado, con 4,6 puntos. Os únicos que conceden o aprobado son os máis novos (de 14 a 20 anos), que dan 5,2 puntos.
Paxinación dentro deste contido
- Ir á páxina anterior: « Esixentes no consumo e moi preocupados pola saúde
- Estás na páxina: [Páx. 2 de 4]
- Ir á páxina seguinte CONSUMER EROSKI pregunta, Responden os expertos »