Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Zonas verdes urbanas: 36 parques, a estudio : Equipamento e seguridade, aspectos que cómpre mellorar

A calidade "verde" destes parques urbanos aproba con nota, e aínda que se rexistraron deficiencias noutros apartados ningún suspende globalmente o exame

O mellor e o peor... cidade por cidade

Pamplona

Parques estudiados: Media Lúa, A Taconera, Yamaguchi

O mellor:

  • Entre os mellores en calidade de espacios verdes.
  • A posibilidade de gozar do céspede en tódalas zonas analizadas.
  • A existencia de flores e o seu óptimo estado de conservación e limpeza.
  • A existencia de áreas infantís, fontes e cabinas telefónicas.
  • A cuarta mellor valoración global das doce cidades analizadas (7,6 puntos de media).

O peor:

  • Inexistencia de persoal de seguridade.
  • Non hai urinarios para cans en ningunha zona verde estudiada.
  • Faltan zonas cubertas nas que pórse ó abeiro da chuvia.

Logroño

Parques estudiados: Príncipe de Vergara (O Espolón), San Miguel, O Carme.

O mellor:

  • Non teñen barreiras arquitectónicas para minusválidos nas súas zonas verdes urbanas, e dispoñen de obras artísticas nun óptimo estado de conservación.

O peor:

  • Non hai zonas cubertas nas que pórse ó abeiro da chuvia.
  • Só un dos tres parques tiña flores.
  • A presencia dunha canle de auga a rentes do chan sen sinalizar e moi accesible no Parque do Carme, amais de faros con cables soltos ó alcance dos nenos.
  • A segunda peor cidade no bloque de seguridade, con 6,3 puntos.

Santander

Parques estudiados: Xardíns de Pereda, Península da Madalena, Piquío.

O mellor:

  • Papeleiras en perfecto estado de conservación e limpeza e ben repartidas por toda a extensión do parque. É a única cidade na que esto ocorre nas tres zonas.

O peor:

  • O parque Pereda non aproba (4,8 puntos) o bloque de calidade debido ó mal estado de conservación e limpeza do céspede, aínda que disque as obras de mellora deste parque comezaran axiña.
  • Tan só nun espacio verde hai aseos públicos, e o seu estado de conservación e limpeza deixa moito que desexar.
  • A terceira peor nota en equipamento das doce cidades do estudio, por detrás de Alacante e Madrid.
  • A segunda peor valoración global (aínda que con 6,4 puntos) despois de Málaga.

Valencia

Parques estudiados: Parque do Oeste, Xardíns do Real, Xardín do Turia (tramo X-XI).

O mellor:

  • Os parques mellor valorados de media (8,1 puntos).
  • A seguridade: acadan 8,3 puntos, a segunda mellor valoración.
  • Presencia continua de persoal de seguridade en dous dos tres espacios verdes visitados.
  • Árbores en perfecto estado de conservación e capaces de prover unha boa sombra.

O peor:

  • Dous dos tres parques analizados teñen horario de peche.
  • Ningún dispuña de urinario específico para cans.

Alacante

Parques estudiados: Lomorán, O Palmeiral e Castelo San Fernando

O mellor:

  • As zonas de céspede, as mellores do estudio.
  • Parques valados ou delimitados dalgún xeito no seu perímetro, moi útil para que os nenos non escapen.

O peor:

  • Árbores, sebes e flores en mal estado.
  • O equipamento (4,8 puntos): ningún dos parques analizados dispón de cabinas nin de urinarios para cans e só un ten un adecuado acceso para minusválidos.
  • Xunto con Logroño, a única cidade na que dous dos tres parques analizados carecen de flores.

A Coruña

Parques estudiados: Xardíns Méndez Núñez, Parque Santa Margarida e Parque Europa.

O mellor:

  • Xunto cos parques de Bilbao, os mellores en equipamento (7,4 puntos).
  • Os segundos mellores na valoración global (7,9).
  • Parques abertos todo o día e deseñados para facilitárlle-lo acceso ós usuarios minusválidos.
  • Xunto cos de Barcelona, dispoñen das mellores zonas cubertas.
  • Entre as mellores zonas de árbores.

O peor:

  • O tráfico atravesa dous dos parques analizados, dificultando o normal desenvolvemento das actividades de lecer.

Barcelona

Parques estudiados: Parque da Cidadela, Diagonal Mar, Güell.

O mellor:

  • Os máis seguros (9,4 puntos), aínda que o feito de que permanezan pechados a determinadas horas do día contribúe a que a nota neste sentido sexa positiva.
  • Dous dos parques analizados dispuñan de persoal de seguridade.
  • Tódolos parques tiñan bancos, obras artísticas e fontes en bo estado de conservación e limpeza.
  • Xunto cos da Coruña e Bilbao, os mellores no tocante á presencia de zonas cubertas.
  • Os que máis espacios deportivos posúen.

O peor:

  • Carecen de cabinas telefónicas.
  • Tódolos parques analizados permanecen cerrados a certas horas do día.

Madrid

Parques estudiados: O Retiro, Parque do Oeste e Xardín do Capricho

O mellor:

  • Xunto cos de San Sebastián, Valencia e Pamplona, os mellores na calidade das zonas verdes (9 puntos).
  • Os tres parques visitados teñen zona de árbores e de flores.
  • Obras artísticas en bo estado de conservación.

O peor:

  • Xunto cos de Alacante, os peores en equipamento (4,5).
  • Ningún conta con área infantil ou zonas cubertas.
  • En dous dos tres parques non hai aseos públicos ou cando os hai, o seu estado de conservación e limpeza non é axeitado. Ademais, ningún ten urinario para cans.

San Sebastián

Parques estudiados: Aiete, Miramar e Cristina Enea

O mellor:

  • A segunda mellor valoración global: 7,9 puntos.
  • Os segundos mellores en calidade das zonas verdes (9,3 puntos), tralos de Valencia.
  • Todos dispoñen de área infantil de xogos, obras artísticas, fontes en bo estado de conservación, e garántenlle-lo acceso ós minusválidos.

O peor:

  • Carecen de cabinas telefónicas e aseos para cans.
  • Todos permanecen pechados a determinadas horas do día.
  • Dous deles teñen varias zonas sen sinalización nin varanda, as únicas dúas deficiencias en seguridade dos tres parques.

Bilbao

Parques estudiados: Dona Casilda, Etxebarria e Parque Europa (Txurdinaga)

O mellor:

  • O equipamento: o mellor das doce cidades estudiadas.
  • O gran número de papeleiras e o seu óptimo estado de conservación e limpeza.
  • Espacios deportivos en moi bo estado.

O peor:

  • Non hai persoal de seguridade en ningún dos espacios verdes.

Vitoria

Parques estudiados: A Florida, Lakua-Arriaga e O Prado.

O mellor:

  • As tres zonas verdes permanecen abertas todo o día.
  • Única cidade na que dous dos tres espacios contan con carril de bicis.
  • Ausencia de barreiras arquitectónicas para os minusválidos en tódalas áreas.

O peor:

  • A peor valoración na calidade de céspede, árbores, etc.
  • Presencia de toxicómanos e xiringas nun dos parques, e de prostitutas noutro.

Málaga

Parques estudiados: Paulo Ruíz Picasso, Paseo do Parque e Parque do Oeste.

O mellor:

  • O coidado, o estado de limpeza e conservación das sebes, que destacan tamén por non teren camiños creados polos usuarios.

O peor:

  • A peor nota global, con 6 puntos.
  • Ausencia de persoal de seguridade.
  • Só un dos parque está libre de tráfico
  • A presencia, nuns dos parques, de tapas metálicas no chan, con buratos e óxido, que poden resultar cortantes.
  • A única cidade que suspende na seguridade dos espacios verdes (4,2 puntos).

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións