Marmeladas e confeitos de amorodo

Enerxía doce sen exceso de calorías

Amorodo e azucre son os principais compoñentes dun produto que proporciona unhas 50 calorías por ración de consumo
1 Outubro de 2006
Img analisis listado 133

Enerxía doce sen exceso de calorías

O sabor doce mantense como o rei dos almorzos nos fogares españois grazas, entre outros produtos, ás populares marmeladas e confeitos. Compañeiros tradicionais de torradas ou galletas e contrapunto perfecto ao toque salgado dunha rebanda de pan con queixo ou manteiga, hainos para todos os gustos: de pexego, albaricoque, ameixa, framboesas, laranxa amarga e unha chea de sabores máis.

As marmeladas e confeitos constitúen un bo complemento do almorzo, grazas a que proporciona azucres -hidratos de carbono simples- e enerxía coa que afrontar desde a mañá á noite a xeira cotiá. Aínda que hai quen coida que se trata de alimentos moi calóricos, o certo é que por cada 20 gramos, como moito, se inxiren 50 calorías -cantidade inferior á que achegan 3 terróns de azucre-, no caso dos confeitos, e 35 nas marmeladas. É dicir, pódeno tomar persoas sas de todas as idades.

Que diferenza a marmelada e os confeitos?

Compóñense basicamente do tipo de froita seleccionada, de azucres e de auga. Ambos produtos teñen en común que proceden da cocción de froita en xarope -solución de auga e azucre-. Son varias as razóns que xustifican a súa diferente denominación: a marmelada elabórase con pezas de froita enteiras, en cachiños ou trituradas, cun contido mínimo dun 30% de froitas. Se é igual ou superior ao 50%, adquiren o cualificativo de”Extra”. O confeito, a diferenza da marmelada, elabórase coa polpa ou puré da froita, é dicir, é unha mestura de consistencia xelatinosa, elaborada con azucres, polpa ou puré da froita e auga. A cantidade debe ser, como mínimo, do 35%, e se o contido é igual ou superior ao 45% pódese cualificar como”Extra”.

Analizáronse cinco marmeladas de amorodo (La Vieja Fábrica, Bebé, Helios, Anko e Ligeresa -esta última light-) e dous confeitos tamén de amorodo (Hero y Bonne Maman). Os sete comercialízanse en botes de cristal e en formatos desde 330 ata 370 gramos de peso neto. A mostra máis barata é o confeito Hero (sae a 3,48 euros o quilo) e a máis cara, outro confeito, Bonne Maman, a 5,18 euros o quilo).

A mellor relación calidade-prezo correspóndelle á marmelada de amorodo Helios, a segunda con máis froita, e, ademais, non engade aditivos e ocupa unha posición intermedia no prezo e mais na cata. Entre os confeitos, Hero, o máis barato de toda a mostra, é a mellor elección. Precisamente, Hero foi un dos produtos máis destacados na cata (6,9 puntos), xunto a La Vieja Fábrica (6,6 puntos) e o confeito Bonne Maman (6,3 puntos). As menos valoradas foron as marmeladas Bebé (4,8 puntos) e Anko (5,2 puntos).

Proporción de froita e azucres

Agás as dúas marmeladas La Vieja Fábrica e Anko, que non indican nada neste sentido, todas as mostras afirman pertencer á categoría Extra, o que obriga os fabricantes a elaboraren os seus produtos cun mínimo dun 50% de froita no caso das marmeladas, e dun 45% nos confeitos, requisito que cumpren segundo reflicte a súa etiqueta.

Nos sete produtos estudados, os amorodos encabezan a lista de ingredientes. O segundo compoñente en cantidade é o azucre, procedente da propia froita e mais do que se engade na fabricación destes produtos, o xarope. Os azucres máis abundantes son a frutosa, o xarope de glicosa e a sacarosa ou azucre común (as sete conservas utilízano). Nas marmeladas, a cantidade de azucres varía desde o 40% de Bebé ata o 47% de La Vieja Fábrica, mentres que na única tipo light (Ligeresa), a cantidade descende ata un 37%. Nos confeitos, a cantidade de azucre é superior á das marmeladas; Hero presenta un 56% e Bonne Maman, a máis azucrada, un 59%. En ningún caso o contido real de azucres superou o declarado nos envases.

Desde 160 ata 190 calorías cada cen gramos

No noso estudo, cada 100 gramos de marmelada achegan entre 160 e 190 calorías; mentres que na light(Ligeresa) a cifra é de 147 calorías. Os confeitos, ao levaren máis azucre, teñen unha achega calórica lixeiramente superior. En concreto, os dous confeitos analizados achegan 222 calorías/100 gramos, no caso de Hero, e 237 cal/100 g, en Bonne Maman, o máis calórico da análise. Malia todo, se tomamos como referencia a ración habitual de consumo -20 gramos-, a diferenza entre as marmeladas e os confeitos, tanto en calorías como en azucres, é pouco relevante.

Nas marmeladas e confeitos tipo light ou diet, o terceiro compoñente que adoita aparecer na lista de ingredientes é a auga, presente en maior cantidade ca nas convencionais. O seu fin é reducir así o seu contido en azucres e, polo tanto, a súa achega calórica. A quen sofre de diabetes -asociada ou non a exceso de peso- ou hipertrigliceridemia, convéñenlle aquelas marmeladas que substitúen os hidratos de carbono simples por edulcorantes non calóricos -ciclamato sódico, sacarina, aspartame e similares-, e que cumpren verdadeiramente coas recomendacións referentes aos produtos light.

Os amorodos contribúen a enriquecer estes produtos en vitaminas e minerais. Así e todo, a cocción destrúe boa parte das vitaminas da froita fresca, que son sensibles á calor e, ademais, hai que ter en conta que as cantidades de consumo son relativamente baixas, polo que a súa contribución á dieta nestes nutrientes é pouco significativa.

Como elixirmos unha boa marmelada ou confeito?

Na elección dunha ou doutra marca comercial, convén reparar na denominación de venda -marmelada normal ou extra, confeito normal ou extra, tipo light-, na proporción de froita e de azucres, na lista de ingredientes -hai diferenza dunhas a outras, en particular no tocante ao uso de aditivos-, e tamén na súa aparencia -presenza ou non de cachos de froita, cor…-, no prezo por quilo, etc. Convén lembrar que o brillo ou unha intensa cor vermella non implica unha maior calidade do produto, e que tampouco a presenza de anacos de amorodo grandes, nin sequera de amorodos enteiros, se corresponde cunha maior cantidade de froita. Ademais, naquelas que indican ser light ou diet, haberá que comprobar que son o que din ser. Para rematar, non hai que se deixar enganar polos envases que teñen unha aparencia máis”caseira ou artesanal”, xa que non implica que sexan de mellor ou peor calidade ca o resto.

En síntese e Táboa comparativa

En síntese

Analizáronse cinco marmeladas de amorodo (La Vieja Fábrica, Bebé, Helios, Ligeresa e Anko) e dous confeitos tamén de amorodo (Hero e Bonne Maman). Os sete comercialízanse en botes de cristal e en formatos desde 330 ata 370 gramos de peso neto. A mostra máis barata é o confeito Hero (sae a 3,48 euros o quilo), e o máis caro, outro confeito, Bonne Maman, a 5,18 euros o quilo.

  • Os confeitos teñen máis azucres (un 57% de media) e son, xa que logo, máis enerxéticos (222 e 237 calorías cada cen gramos) ca as marmeladas (entre 150 e 187 calorías cada cen gramos), que só teñen un 42% de azucres. Ambos os dous constitúen un alimento axeitado para o almorzo.
  • Nin uns nin outros conteñen graxas, e a súa achega proteica é insignificante.
  • Todas as mostras cumpren coa norma de etiquetaxe, axústanse aos parámetros de calidade prescritos e, atendendo ao que indican sobre o seu contido en froita, pertencen á categoría comercial que declaran. Anko, a de máis froita, indica un 65% de amorodo, e La Vieja Fábrica, no outro extremo, declara un 45%.
  • Todas incorporan aditivos espesantes ou xelificantes, pero só tres (Bebé, La Vieja Fábrica e Ligeresa) empregan conservantes. Ligeresa utiliza tamén colorantes (vermello cochinilla), antioxidantes (ácido ascórbico) e aromas.
  • Destacaron na cata o confeite Hero (6,9 puntos), a marmelada La Vieja Fábrica (6,6 puntos) e o confeite Bonne Maman (6,3 puntos). A menos valorada foi a marmelada Bebé (4,8 puntos) e Anko (5,2 puntos).
  • A mellor relación calidade-prezo é a marmelada de amorodo Helios, a segunda con máis froita. Non engade aditivos, e ocupa unha posición intermedia no prezo e mais na cata. Entre os confeitos, Hero é mellor elección ca Bonne Maman.
Marca Helios Hero La Vieja Fábrica Bebé
Denominación Marmelada de amorodo Extra Confeito Extra de amorodo Marmelada de amorodo Marmelada Extra de amorodo
Prezo (euros / quilo) 3,77 3,48 3,54 3,89
Formato (gramos) 340 345 350 340
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta Correcta
Contenido froita declarado (g/100 g) 1 60 50 45 57
Materia seca soluble (%) 2 43,6 62 49,6 47,6
Sacarosa (%) 3 16,9 25,7 17,5 4,1
Fructosa (%) 12,9 8,3 14,7 12,3
Glucosa (%) 12,8 14,1 14,6 16,7
Maltosa (%) 0 7,5 0 7,3
Azucres totais (%) 42,6 55,6 46,8 40,4
Valor calórico (kcal/100 g) 170 222 187 162
Ácido sórbico E-200 (ppm) 4 Non detectado Non detectado 516 Non detectado
Ácido benzoico E-210 (ppm) 4 Non detectado Non detectado Non detectado 183
Vermello cochinilla E-124 (ppm) 5 Non detectado Non detectado Non detectado Non detectado
Ácido Ascórbico E-300 (ppm) 6 33 192 Non detectado 82
Cata (1 a 9) 5,6 6,9 6,6 4,8
Marca Anko Bonne Maman Ligeresa
Denominación Marmelada de amorodo Confeito de amorodo Extra Marmelada Extra de amorodo
Prezo (euros / quilo) 4,13 5,18 3,91
Formato (gramos) 335 370 330
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta
Contenido froita declarado (g/100 g) 1 65 50 50
Materia seca soluble (%) 2 43,4 61,6 42
Sacarosa (%) 3 21,3 30 12,4
Fructosa (%) 9,8 14,6 6,3
Glucosa (%) 9,7 14,7 9,6
Maltosa2 (%) 0 0 8,4
Azucres totais (%) 40,8 59,3 36,7
Valor calórico (kcal/100 g) 163 237 147
Ácido sórbico E-200 (ppm) 4 Non detectado Non detectado 209
Ácido benzoico E-210 (ppm) 4 Non detectado Non detectado Non detectado
Vermello cochinilla E-124 (ppm) 5 Non detectado Non detectado 14
Ácido Ascórbico E-300 (ppm) 6 190 138 213
Cata (1 a 9) 5,2 6,3 5,3

(1) Contido de froita declarado: a cantidade mínima de froita en 100 gramos de marmelada Extra debe ser de 50 gramos e no confeito Extra de 45 gramos. Nas marmeladas de categorías inferiores a cantidade mínima é de 30 gramos.
(2) Materia seca soluble: nas marmeladas o contido mínimo de materia seca soluble é do 40% e nos confeitos do 60%.
(3) Sacarosa: é o azucre común e a súa presenza débese a unha adición externa.
(4) Ácido sórbico e ácido benzoico: aditivos conservadores autorizados, aínda que presumiblemente innecesarios. Atopábanse en todas as mostras dentro dos límites establecidos pola norma.
(5) Vermello cochinilla: un colorante natural permitido ata un máximo de 100 ppm.
(6) Ácido ascórbico: un antioxidante natural permitido de acordo ao principio de quamtum satis, é decir, segundo as “boas prácticas” de fabricación.

Un a un

Un por un, 5 marmeladas e 2 confeitos de amorodo

HELIOS

“Marmelada de amorodo Extra”
/imgs/20061001/img.analisis1-merme1.jpg
A mellor relación calidade-prezo.
Tarro de cristal de 340 gramos. Sae a 3,77 euros o quilo.
A mellor relación calidade-prezo. Di achegar 60 gramos de amorodo por cada cen de marmelada: a segunda con máis froita. O 43% do produto son azucres. Sen conservadores nin colorantes.
Na cata: recibe 5,6 puntos. Gusta o seu”bo grao de dozura” e critícase polo seu”sabor forte” e pola súa cor pouco atraente.

HERO

“Confeito extra de amorodo”
/imgs/20061001/img.analisis1-merme2.jpg
A mellor opción dos dous confeites estudados.
Tarro de cristal de 345 gramos. Sae a 3,48 euros o quilo, o máis barato.
Di achegar 50 gramos de amorodo por cada 100 de confeito. O 56% son azucres e achega 222 calorías cada cen gramos. Sen conservadores nin colorantes engadidos.
Na cata: 6,9 puntos, un dos mellores. Gusta polo seu”sabor natural” e pola”cor”; tamén é criticado por”espeso”.

LA VIEJA FÁBRICA

“Marmelada de amorodo”
/imgs/20061001/img.analisis1-merme3.jpg
Tarro de cristal de 350 gramos. Sae a 3,54 euros o quilo, a segunda máis barata.
Di conter o 45% de amorodo, é a que menos cantidade de froita indica. Dentro das marmeladas, é a de máis azucres (47%) e a máis calórica (187 cal/100 g). Unha das dúas que engaden ácido sórbico como conservador.
Na cata: 6,6 puntos, e entre as que máis gustan. Destaca polo seu”sabor”, pola súa”cor” e pola”cantidade de anacos de amorodo”, pero é criticada por”demasiado doce” e por ter”cachos moi grandes”.

BEBÉ

“Marmelada Extra de amorodos”
/imgs/20061001/img.analisis1-merme4.jpg
Tarro de cristal de 340 gramos. Sae a 3,89 euros o quilo.
Di ter o 57% de amorodo. Os azucres representan o 40%.
A única que engade ácido benzoico, un conservador.
Na cata: con 4,8 puntos, entre as peores. Gusta o seu”sabor” e”cremosidade”; aínda que varios consumidores opinaron que o seu sabor é”artificial” e non lles gustou por”espesa” e pola cor pouco atraente.

ANKO

“Marmelada de amorodo”
/imgs/20061001/img.analisis1-merme5.jpg
Tarro de cristal de 335 gramos. Sae a 4,13 euros o quilo, a segunda máis cara. Di conter un 65% de amorodo, a que máis. Non indica a súa categoría comercial. Os azucres representan o 41% do produto. Non engade conservantes nin colorantes.
Na cata: con 5,2 puntos, entre as peores. Gusta por”cremosa” e”sabor natural”, pero critícase pola súa cor.

BONNE MAMAN

“Confeito de amorodo extra”
/imgs/20061001/img.analisis1-merme6.jpg
Sae a 5,18 euros o quilo, a máis cara.
Tarro de cristal de 370 g. Di incluír 50 g de amorodo por 100 g de confeito. O máis azucrado (59%) e calórico (237 cal/100 g). Non engade conservadores nin colorantes.
Na cata: con 6,3 puntos, entre os que máis gustan. Destaca pola súa”consistencia” e pola súa”cor”; tamén é criticado polo”sabor que deixa”.

LIGERESA

“Marmelada Extra de amorodo”
/imgs/20061001/img.analisis1-merme7.jpg
Sae a 3,91 euros o quilo.
Tarro de cristal de 330 g. Di incluír 50 g de amorodo por 100 g de marmelada.
Presenta a menor cantidade de azucres (37%) e calorías (147 cal/100 g); a cambio, é a que máis auga presenta. Emprega o maior número de aditivos: conservadores (ácido sórbico, en 209 ppm), o único que incorpora colorantes (vermello cochinilla, en 14 ppm), o único que incorpora antioxidantes (ácido ascórbico, en 213 ppm) e o único que incorpora aromas.
Na cata: consegue 5,3 puntos. Gusta por”doce” e pola súa”cor”; pero tamén a critican por”estoxadiza” e”pouco espesa”.