Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Campamentos, colonias e granxas-escola : Diversión e educación para os nenos, axuda e tranquilidade para os pais

Os pais deben sopesar os intereses do neno, os seus gustos, habilidades, preparación física e madureza antes de o enviar a un destes centros de diversión e educación alternativa

Distintas alternativas

/imgs/20070701/img.informe-2.03.jpg

Colonias. Son unha opción segura e cómoda, especialmente para os máis pequenos, xa que a diferenza dos campamentos, o aloxamento realízase na propia casa do neno, hoteis, escolas ou albergues preparados para acoller grupos numerosos.

As colonias urbanas. As máis solicitadas nos últimos anos. Amais de seren a alternativa máis económica, supoñen unha excelente elección para os nenos máis pequenos (poden acudir a partir de tres anos) e para os pais que non se queren afastar dos seus fillos durante o verán. Funcionan igual ca un centro escolar. Abren as súas portas cara ás nove da mañá (algunhas inclúen a comida) e péchanas sobre as seis da tarde, e as actividades non difiren demasiado das demais opcións: hainas deportivas, ambientais, musicais, de pintura, de teatro, de idiomas, de maxia, etc.

Campamento de verán. De características semellantes ás colonias, pero neles os nenos conviven en tendas de campaña instaladas en paraxes naturais, de acordo á súa filosofía de que os nenos estean en contacto coa natureza. Por iso, aínda que sen esquecer os idiomas e outras materias artísticas e deportivas, teñen especial relevancia as actividades relacionadas co medio, como a observación da flora e fauna da zona, e as excursións e itinerarios ecolóxicos.

Granxas-escola. Orientadas ao coñecemento da vida rural, representan unha combinación entre unha colonia e o campamento, xa que se pasa a noite en edificios (camas) en pleno contacto coa natureza. Os programas combinan as actividades lúdicas e formativas cos labores propios do medio rural: traballo no campo, elaboración artesanal de útiles e alimentos (xabón, pan, queixo, manteiga) e coidado dos animais e da horta.

A seguridade, un elemento clave

  • Os monitores están en posesión do Diploma de Monitor de Tempo Libre ou titulación equivalente. Se os pais teñen algunha dúbida, poden solicitar que llelo amosen.
  • Tanto nas colonias como nas granxas e campamentos dispoñen dunha botica de primeiros auxilios e persoal con coñecementos para atender posibles problemas de picaduras, cortes, golpes, diarrea, febres, vómitos, catarreiras, etc.
  • Tamén contan con persoal médico especializado para atender algún caso grave de saúde que se poida dar. Ademais, está todo preparado para realizar unha saída urxente a un centro hospitalario.
  • Os campamentos contan cunha póliza de seguros de accidentes e de responsabilidade civil que cobre a seguridade dos participantes.
  • Os organizadores e monitores teñen os teléfonos e enderezos de todos os pais e nais, de xeito que ante calquera imprevisto chamarán de inmediato. Por iso é moi importante que os proxenitores dean un número telefónico e un enderezo de correo electrónico onde poidan ser localizados.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións