Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Escolas infantís : Continúan a faltar prazas nas garderías públicas

A situación practicamente non mudou nos últimos 6 anos. As públicas, en termos xerais, son algo mellores cás privadas. A dotación e cualificación do persoal segue sendo satisfactoria

Cómpre ter en conta...

  • Manteña un contacto permanente co persoal da gardería: aproveite que acode a recoller o neno a cotío para interesarse pola súa evolución, participe nas actividades organizadas polo centro, fale con outros pais e solicite unha entrevista cos educadores se advirte actitudes ou comportamentos estraños no seu fillo ou filla.
  • A maioría das escolas infantís públicas non permiten a estancia do neno por un período superior a oito horas diarias. O horario das privadas é máis amplo, pero as súas tarifas son normalmente máis caras.
  • Algunhas, sobre todo privadas, ofrecen servizos engadidos (almorzo, piscina, ludoteca) que se pagan á parte. En moitas privadas cóbrase tamén (unha ou dúas veces ó ano) en concepto de “material escolar”.
  • Por razóns de seguridade, os nenos só poden ser recollidos por persoas autorizadas previamente indicadas á escola. En caso de cambio, avise con antelación.
  • Cando o pequeno precise que se lle administre un medicamento en horario lectivo, especifique por escrito no envase do medicamento o seguinte: dose, hora de administración, duración do tratamento e nome do neno. Saiba que algunhas escolas non realizan este labor.
  • Se o neno ou nena queda a comer no centro, informe se é alérxico a algún alimento ou se segue unha dieta especial.
  • Algunhas aplícanlles descontos ás familias con máis dun neno no centro. É un elemento máis que cómpre ter en conta á hora de elixir.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións