Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

: Clases particulares: só unha axuda conxuntural

Convén entendelas como unha solución temporal, que concluirá así que se acaden os resultados desexados

Quen é quen no mundo das clases particulares

Os profesores particulares adoitan ser universitarios que están acabando a carreira ou que acaban de se licenciar, e estudantes de Bacharelato que queren gañar uns cartos. Polo xeral, desprázanse ata a vivenda do alumno, polo que a atención é individual. Dada a escasa preparación como docentes destes profesores, os seus alumnos adoitan ser estudantes de Primaria e Secundaria (de 10 a 16 anos).

As academias contan con profesores que superaron unha selección que determina a súa idoneidade para ensinar. Ademais, sométense periodicamente a xornadas de reciclaxe coas que poder asegurar sempre a súa axeitada capacitación. Os seus alumnos adoitan ser estudantes de bacharelato e universitarios, que asisten a clases que se compoñen de dous ou máis alumnos.

As empresas de clases particulares xorden como figura intermediaria entre o alumno, ou proxenitores, e o profesor. Estas empresas ofrecen servizos de clases particulares a domicilio para todos os niveis educativos: Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Formación Profesional, Bacharelato e Universidade. Na matrícula que hai que aboar para acceder aos seus servizos -o custo das clases págase á parte-, inclúese un labor de apoio e orientación pedagóxica, para o alumno e mais para os pais e profesores, amais dun seguimento da súa evolución.

Claves para que as clases de apoio sexan un éxito

  • A decisión de tomar un profesor particular non pode xurdir dun enfado pasaxeiro polas notas do neno.
  • Avalíe tranquilamente a conveniencia dun profesor particular para o seu fillo:
    • Se manifesta un atraso notable na aprendizaxe dalgunha materia.
    • Se ten unha dificultade especial para aprender e perfeccionar a lectura e escritura, debido a algún trastorno de aprendizaxe, como a dislexia.
    • Se observa actitudes negativas habituais cara ao estudo, como a apatía, indisciplina, desorde na realización do traballo, etc.
    • Se presenta carencias de hábitos de traballo ou deficiencias importantes no método de estudo.
    • Se estes problemas causan pelexas na casa que desgastan a relación familiar e acaban coa paz do fogar.
  • O neno debe saber que esta é unha axuda temporal por un problema específico. Non permita que se relaxe na clase pensando que na casa se porá ao día.
  • Para que os resultados sexan os desexados é fundamental que o neno se sinta motivado e cómodo nas clases.
  • Manteña unha comunicación constante co profesor para ir controlando os logros do seu fillo.
  • Cando as clases alcancen o obxectivo desexado, vaia distanciándoas, ata suprimilas por completo.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións
Fundación EROSKI

Validacións desta páxina

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto