Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Maquillaxe infantil : Cando o colorete non pinta nada

Para imitar a mamá ou para parecerse a spiderman. Aos nenos encántalles disfrazarse e xogar a ser outro, pero convén ter coidado á hora de aplicar cosméticos na súa cara e elixir ben os produtos. Canto menos anos teñen, máis sensible é a súa pel aos axentes externos.

7 claves para ser especialista en lambonadas

/imgs/20181201/GettyImages-675603751.jpg

Seguro que che encantan os caramelos, piruletas, gominolas ou as regalicias. Pero que sabes realmente destas golosinas? Convértete nun especialista lendo estes consellos.

  1. Unha lambonada é un produto comestible, doce e de cores e formas vistosos, pero non é bo para o corpo.
  2. Aínda que os refrescos non se mastigan como os caramelos ou as regalicias, poden considerarse lambonadas porque teñen moito azucre e outros ingredientes para darlles cor e sabor. Non lle proporcionan nutrientes ao noso organismo, pero poden danalo.
  3. Un caramelo ou un osiño de goma están feitos sobre todo de azucre, un ingrediente que pode causar caries nos teus dentes. Talvez non o saibas, pero hai alimentos moi sans, como a froita madura ou a deshidratada (á que se lle quitou a auga), que tamén son moi doces e non danan os teus dentes.
  4. Outro bo consello: nunca tomes lambonadas antes das comidas porque poderían quitarche as ganas de comer: as súas altas cantidades de azucre provocan sensación de estar cheo. Se cando sentas na mesa non tes ganas para comer, non terás forza suficiente para estudar, xogar ou facer deporte.
  5. Ademais de provocar caries e evitar que comas comida sa, as lambonadas poden facer que engordes. Un 30% da poboación padece obesidade, incluídos os nenos e nenas. A obesidade é un ‘inimigo’ do noso corazón porque aumenta a tensión arterial, o colesterol e a probabilidade de padecer diabetes.
  6. Entón, cantas veces podemos comer lambonadas? O mellor é facelo moi ocasionalmente, a fin de semana como moito.
  7. Recorda: as lambonadas son produtos que engordan, pero non alimentan ben. Controla as que comas e nunca as tomes a diario, desta forma coidarás a túa saúde e os teus dentes! Fai que a froita sexa a túa lambonada favorita.

Paxinación dentro deste contido

  • Ir á páxina anterior: « O experto
  • Estás na páxina: [Páx. 4 de 4]

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións