Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Maquillaxe infantil : Cando o colorete non pinta nada

Para imitar a mamá ou para parecerse a spiderman. Aos nenos encántalles disfrazarse e xogar a ser outro, pero convén ter coidado á hora de aplicar cosméticos na súa cara e elixir ben os produtos. Canto menos anos teñen, máis sensible é a súa pel aos axentes externos.

O experto

O experto: Francisco Javier del Boz, dermatólogo infantil, membro de Grupo Español de Dermatología Pediátrica, que depende da Academia Española de Dermatología y Venereología: “Deberían evitarse en persoas de pel sensible ou con alerxias coñecidas”.

Implica xogar a maquillarse algún perigo para a saúde da pel dun neno?

Pode comportar riscos, como o desenvolvemento de dermatite, sobre todo dependendo da composición química das pinturas.

Que sucede en caso de dermatite atópica ou de enfermidades máis habituais da pel dos menores, como o impetixe?

Os nenos con dermatite atópica son máis propensos a presentar reaccións cutáneas con relación a maquillaxes; estas reaccións (eccemas) poden ser de tipo irritativo ou ben constituír unha auténtica alerxia. Se se padece unha infección como o impetixe, maquillar as lesións podería favorecer a súa resistencia ao tratamento e a súa diseminación a outras zonas.

Que supón a maquillaxe para o acne dun preadolescente?

Na pel desta franxa de idade, a oclusión dos poros pola maquillaxe pode favorecer o desenvolvemento ou empeoramento dun acne.

Recomendaría o emprego de maquillaxe para nenos?

En dermatoloxía recomendámoslle o seu uso a nenos e adolescentes con trastornos na pel que afectan á súa calidade de vida e que poden ser disimulados con determinados produtos en maior ou menor medida. Esta técnica, chamada “maquillaxe ou camuflaxe terapéutica ou correctora”, pode constituír unha ferramenta terapéutica complementaria, non invasiva, económica e facilmente reproducible.

Quen deberían evitalo?

Persoas de pel sensible, como é o caso de nenos máis pequenos ou de pel atópica, ou con alerxias coñecidas.

Como se debería aplicar o maquillaxe para un uso seguro?

O máis importante é a elección dos produtos, que deben ser hipoalerxénicos, libres de graxa e, se é posible, conter protección fronte ás radiacións ultravioleta se se van usar durante o día. Así mesmo, convén intentar que a aplicación sexa limitada no tempo, procurando retirar o produto canto antes e dunha forma adecuada, con produtos desmaquillantes suaves específicos.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións