Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Fracaso escolar : Atopar a orixe do problema, primeiro paso para superalo

O traballo común de pais e educadores é un elemento básico para afrontar unha realidade crecente e preocupante

Os pais, peza clave para superar o fracaso escolar

  • /imgs/20050101/img.informe.04.jpgRecoñeza e acepte que o seu fillo ten dificultades. Estude o problema, localice onde falla o proceso educativo e poña os medios necesarios para superalo.
  • Demóstrelle que o quere non polos seus éxitos, senón por el mesmo.
  • Infórmese de todo o relacionado coa súa escola. Non só polas notas, tamén son importantes os seus problemas cos compañeiros ou de relación cos profesores. O neno debe sentir que os seus estudos son un asunto que interesa.
  • Participe nas actividades escolares que impliquen a presenza dos pais.
  • Amose predisposición e atenda as súas necesidades e preguntas na casa, pero nunca lle faga o traballo.
  • Fágalle saber ó seu fillo que vostede non coñece a resposta a tódalas preguntas e propóñalle buscar xuntos aquelas que descoñeza.
  • Potencie no neno a confianza en si mesmo. O entusiasmo contáxiase.
  • Permítalle que tome decisións e que asuma responsabilidades acordes coa súa idade.
  • Nunca o compare cos seus irmáns ou amigos.
  • Xamais o faga sentirse inútil ou culpable.
  • Sexa coherente. Se o seu fillo ve ler na súa casa e vostede comparte con el coñecementos é máis doado espertar o seu desexo de aprender.
  • Cree unha atmosfera que estimule a súa curiosidade.
  • Non asedie o seu fillo coa idea do estudo. Explíquelle cales son os obxectivos e que é o que se agarda del.
  • Antes de decidir, fale co neno para saber cal é o seu problema e que tipo de axuda lle pode ofrecer vostede.
  • Non ameace nin castigue. Aposte, sobre todo, pola persuasión e a estimulación.
  • O estudo require as súas técnicas. Ensine os seus fillos a estudar.
  • Ensíneos a non desanimarse. Explíquelle que hai que ser teimoso e buscar alternativas.
  • Evite transmitir mensaxes negativas do tipo «es un mal estudante» porque pode chegar a crelas e bloquear o seu desenvolvemento posterior.
  • Celebre os seus éxitos, por mínimos que sexan.
  • As clases particulares non sempre son a solución. Se o fai, debe suprimir a axuda así que se obteñan os resultados desexados.
  • Enriqueza o seu lecer. Que non só vexa a televisión. Ensínelle programas adecuados, léveo a museos, cóntelle historias, faga que teña contacto coa natureza.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións