Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Accesibilidade nas cidades: analizados zona centro, concellos, ambulatorios, bus urbano e eurotaxi en 18 cidades : As cidades marxinan aínda máis a cegos e xordos ca aos que usan cadeiras de rodas

Só A Coruña supera o "aceptable" na nota global de accesibilidade. As maiores carencias rexístranse nas medidas de adaptación para as persoas cegas e xordas. Os que se desprazan en cadeira de rodas viron mellorar algo a súa situación

Centros de saúde

Tres dos centros de saúde visitados (os de Alacante, Córdoba e Vitoria) carecían de entrada accesible. Ademais, en varios deles a pendente das ramplas era demasiado pronunciada, en ningún se observou unha placa ou letreiro con información en braille que identificase o edificio, só en cinco deles a porta era automática e en máis da metade non había pasamáns. A isto súmase que en case a metade dos ambulatorios visitados as mesas de atención ao público non permitían que os usuarios en cadeira de rodas se achegasen. Unha das principais dificultades dos invidentes é a ausencia de alternativas para encher impresos, como documentos en braille, soportes dixitais, etc. A única opción que teñen é que o persoal dos distintos mostradores lles axuden a enchelo, co que queda vulnerada a súa intimidade e quizais tamén a súa autoestima.

Por outra banda, ningún dos centros de saúde visitados nestas 18 cidades contaba con intérprete profesional da lingua de signos e, ademais, unicamente nos de Barcelona e Oviedo se podía solicitar este servizo (con tres e dous días de antelación, respectivamente). Na avaliación da accesibilidade dos baños, os resultados foron mellores ca nas casas do concello. Salvo os visitados en Córdoba e Valladolid, todos tiñan aseo adaptado.

Transporte urbano: bus e eurotaxi

A accesibilidade do servizo dun autobús urbano debe comezar nas paradas destes vehículos, pero no 28% das que se visitaron non había espazo abondo para a cadeira de rodas, e nunha de cada tres atopáronse obstáculos, problema tamén relevante para usuarios invidentes. Para estes últimos, ningún dos apeadeiros dispuña de sistema sonoro para avisar da chegada do urbano. Ademais, ningún dos paneis ou informacións da parada estaba escrito en braille. E nunha de cada catro paradas de bus as informacións expostas non estaban a unha altura accesible para persoas en cadeira de rodas.

En cinco das 18 cidades (Cádiz, Córdoba, Málaga, Valladolid e Vitoria) os condutores non agardaron a que a persoa con dificultades de mobilidade estivese completamente situada no seu sitio para arrancar. En sentido ben contrario, nos buses estudados na Coruña, Alacante, Murcia e Oviedo, o chofer proporcionoulle axuda ao usuario en cadeira de rodas tanto na suba coma na baixada e na acomodación no seu asento. En calquera caso, en todos os urbanos había unha zona adaptada para persoas con minusvalidez motora, a maioría contaban con cintos de seguridade e botón para solicitar a parada, aínda que só unha de cada tres tiña sistema de ancoraxe para a cadeira. Outra das deficiencias é que o sistema acústico para alertar das paradas, implantado só nun de cada catro autobuses visitados, só se escoitaba correctamente en Oviedo e Valencia e ningún dos vehículos visitados contaba con información en braille para usuarios invidentes.

En ocasións, as persoas con minusvalidez recorren ao taxi. Necesitan, polo tanto, un vehículo adaptado, denominado eurotaxi. Todas as cidades visitadas contaban con este servizo. Non obstante, non foi posible utilizalo en Córdoba (había que agardar dúas horas) e Málaga (o servizo non se atopaba dispoñible nese momento). No resto das capitais os usuarios ficticios tiveron que agardar unha media de doce minutos. En todos os casos, iso si, o taxista ofreceulles a súa axuda ás persoas con problemas de mobilidade. As críticas diríxense sobre todo ao insuficiente número de taxis adaptados. Isto fai que, en ocasións, cando se require dun taxi destas características, non haxa ningún dispoñible. A isto hai que engadir que as tarifas son máis caras ca as un taxi normal.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións