Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Bicicletas na cidade: analizados 37 carriles bici e 11 servizos públicos de préstamo de bicicletas : As cidades danlles as costas á bicicleta

Escasa dotación de carrís bici, carencia de estacionamentos axeitados e insuficiente conexión co transporte público condicionan a aposta da bicicleta como alternativa de transporte urbano

Aparcabicis: poucos e deteriorados

/imgs/20080701/tema4.jpgAmais de carrís para transitar con seguridade, precísanse espazos para poder estacionar as bicicletas. Neste apartado, destaca Barcelona, con 14.000 aparcadoiros para bicicletas, e, en menor medida, San Sebastián, con 590. O peor equipado é Valladolid, con só 66. Ademais, cómpre salientar o caso de Córdoba, que dispón de aparcabicis subterráneos con capacidade para 200 bicicletas.

Na análise realizada polos técnicos desta revista, os 89 aparcabicis estudados recibiron un inequívoco ‘mal’. En boa parte das rutas realizadas, este equipamento brillaba pola súa ausencia. Son os casos da Coruña, de Pamplona, Santander e Zaragoza. En Murcia, Sevilla e Valladolid só se atopou un e o seu estado de mantemento non era bo. A mellor valoración corresponde a Córdoba, onde se atopou un aparcabicis cada 500 metros (o normal é que se sitúen cada 600-1.000 metros), todos eles en perfectas condicións. Non obstante, só Barcelona dispuña dun sistema antirroubo (ancoraxes), un elemento relevante ante as numerosas subtraccións destes vehículos (estímase que o 15% dos ciclistas sufriron nalgunha ocasión o roubo da súa bicicleta). Atopouse en seis de cada dez aparcabicis localizados.

Outro dos aspectos clave que inflúen na viabilidade do uso da bicicleta na cidade é a posibilidade de introducir estes vehículos nos medios de transporte público. Na maior parte das cidades analizadas está prohibido facelo por problemas de espazo. Nos autobuses, só se pode en San Sebastián (nalgunhas liñas) e en Sevilla (e só se son pregables); e no metro e tranvía de Bilbao, Valencia, Murcia, Madrid e Alacante tamén, aínda que en horarios concretos. O caso de Barcelona é diferente: as paradas de metro contan con aparcabicis nos que se poden alugar as bicicletas ou deixalas alí estacionadas, o que representa outro xeito de fomentar a intermodalidade en medios de transporte públicos.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións