Analizadas 4 bandas de cera, 4 ceras e 4 cremas depilatorias

As bandas de cera son a opción máis barata para depilarse na casa

Depilarse do xeonllo ao nocello con ceras de depilación custa, de media, o dobre que facelo con bandas ou con cremas depilatorias. A depilación definitiva esixe un desembolso mínimo de 600 euros, equivalente a 5 anos de depilación á cera nun centro estético
1 Xullo de 2009
Img analisis

As bandas de cera son a opción máis barata para depilarse na casa

Os homes prehistóricos empregaban navallas de ferro e cobre, as mulleres exipcias valíanse de ceras fabricadas con azucre e os gregos usaban pedra pómez. Distintos medios para un mesmo fin: cortar o pelo ou a lanuxe. A Humanidade buscou dende os seus albores métodos para facer desaparecer a parte visible do pelo. A industria médica e cosmética conseguiu crear sistemas de eliminación do cabelo máis duradeiros (fotodepilación, depilación eléctrica, láser…) e avanzou na creación de ceras frías e semifrías boas de aplicar, aínda que non deu acabado coa dor que produce arrincar o pelo dende a súa vulva ou papila pilosa.

CONSUMER EROSKI analizou tres sistemas de depilación das marcas Veet, Taky, Byly e Daen: bandas depilatorias, cera de depilación e cremas depilatorias. Ademais, preguntouse o prezo dunha sesión de depilación á cera en tres salóns de beleza e visitáronse 30 centros estéticos e médicos para coñecer as tarifas por fotodepilación con luz pulsada e depilación láser. Para quen opte por se depilar na casa, a opción máis barata son as bandas, xa que depilarse do xeonllo ao nocello custa 1,75 euros con este sistema fronte aos 3,60 euros que custa facelo con ceras. As cremas teñen un prezo intermedio, 3,28 euros, pero a duración do depilado é menor, xa que non arrincan o pelo de raíz. Entre as cremas e ceras a mellor relación calidade-prezo foi Byly e nas bandas depilatorias sobresaíu Daen. A depilación duradeira esixe un desembolso superior aos 600 euros no caso da fotodepilación e próximo aos 1.000 euros se se opta polo láser, pero é unha opción interesante para os quen se depilan a miúdo á cera nun salón de beleza, xa que o investimento amortízase en tan só 5 anos.

Bandas: a opción máis barata

As bandas son “ceras frías”, que non requiren quecer para a súa utilización. Debido á súa consistencia semisólida mantéñense estables dentro do seu envase orixinal dúas láminas flexibles que se adhiren á pel e que arrincan a lanuxe de raíz ao tirar delas. É o método de depilación caseiro máis económico xa que, de media, depilar medias pernas con bandas de cera fría custa 1,75 euros e tan só 1 euro se se utilizan bandas depilatorias Daen. Todas as mostras inclúen dúas toalliñas post depilación, tres no caso de Veet (a terceira de regalo). Ademais, Daen ofrece unha toalliña retardante e Taky dúas toalliñas predepilación.

Byly foi a banda con maior lonxitude de cera (14,8 centímetros, dous máis ca a media), mentres que Daen resultou ser máis ancha (6,6 centímetros, fronte á media de 5,9 centímetros). Byly tiña maior superficie de cera (78,4 centímetros cadrados) e maior gramaxe de cera (235,9 gramos/cm2), é dicir maior cantidade de cera por área de pel e polo tanto, maior eficacia. Na proba de uso non se rexistraron diferenzas significativas, as notas movéronse entre o 6,4 de Veet e o 6 de Daen e Byly. A mellor relación calidade-prezo foi para Daen, a máis barata en prezo por banda e sesión, a máis ancha, a segunda con maior superficie de cera e a única que ofrecía toalliñas retardantes.

Ceras: mellor con rolo

As ceras de depilar son produtos químicos de aspecto similar á cera de abella, que se aplican quentes sobre a pel, abren os poros e facilitan a extracción do cabelo mediante un tirón enérxico. Na proba con 30 consumidoras concluíuse que se trata do método de depilación doméstico máis caro: depilarse dende o nocello ao xeonllo custa de media 3,60 euros. Así e todo, as diferenzas de prezo entre as marcas son salientables (con Daen custa 1,63 euros e con Taky 5,89 euros). En todo caso, depilarse na casa é tres veces máis barato que facelo nun salón de beleza, onde se cobra de media algo máis de 14 euros.

En todos os casos a etiquetaxe foi correcta, aínda que Bily ao chocolate e Taky froitos vermellos teñen unha etiquetaxe que se asemella a produtos de alimentación e podería resultar atraente para os nenos. Daen indica na etiquetaxe que inclúe unha toalliña que atrasa a aparición da lanuxe, pero algunhas das unidades adquiridas para realizar a comparativa carecían dela.

A cera Taky retírase da pel tirando directamente dela, mentres que as outras tres inclúen bandas de tecido que se poden aplicar sobre a cera estendida para retirala. Daen e Byly foron ben valoradas na proba de uso porque teñen un rolo ou sistema de aplicador roll-on que axuda a estender o produto sobre a pel.

Byly, Daen e Veet son ceras mornas, xa que os seus ingredientes principais, a sacarosa e a glicosa, se funden a baixa temperatura. Ademais, son solubles en auga e polo tanto elimínanse da pel e pódense reutilizar con máis facilidade. Taky, non obstante, utiliza unha base de resina que non amolece ata que non alcanza os 55 ºC, os seus compostos non son solubles en auga (polo que resulta máis complicado limpalos) e é a referencia máis viscosa. Ademais, como non é un produto con base acuosa non se puido determinar o seu pH. Nas outras tres referencias, este foi máis ácido que o da pel sa (5,5). Finalmente, Taky foi a referencia con máis extracto seco (maior porcentaxe de ingredientes activos), aínda que todos amosaron porcentaxes moi elevadas, superiores ao 90%.

Na proba de uso non houbo diferenzas significativas e aínda que Taky obtivo a mellor cualificación (7,1 sobre 9), o galardón de mellor relación calidade-prezo foi para Byly. É o máis económico dos catro, resulta doado de aplicar e obtivo unha boa cualificación por parte das consumidoras (6,3 puntos sobre 9).

Cremas: depilación química

As cremas depilatorias eliminan a parte visible do pelo grazas á acción do ácido tioglicólico e a un pH moi superior ao da pel sa que hidrata a lanuxe rapidamente e a rompe. A súa vantaxe fronte ao rasurado é que evitan calquera perigo de cortes ou de abrasión da pel en zonas como as axilas, onde é difícil guiar a máquina de afeitar ou a coitela, aínda que convén aplicalas sobre a pel seguindo estritamente os tempos establecidos polo fabricante, xa que unha exposición máis longa a un produto tan alcalino (teñen un pH próximo ou superior a 12) podería danar a pel.

De media, depilarse as dúas medias pernas cunha crema custa 3,28 euros, a segunda opción máis barata para se depilar na casa despois das bandas depilatorias. A crema máis barata foi Byly (1,86 euros por sesión), que mereceu, ademais, o galardón de mellor relación calidade-prezo. Byly foi a referencia con máis tioglicolatos (4,2%) e, xunto con Veet, a de maior extracto seco, é dicir, maior contido de ingredientes e menos auga. Ademais, Byly destacou tamén como a menos viscosa e a de menor pH. Na proba de uso, non obstante, só obtivo 5,2 puntos sobre 9.

Canto se tarda en amortizar a depilación definitiva?

Quen ansía unha solución para se librar da lanuxe para sempre pode recorrer á depilación eléctrica ou, se opta por unha tecnoloxía máis avanzada e menos dolorosa, á depilación con láser ou luz pulsada (un feixe de luz policromático similar ao láser e co que se obteñen idénticos resultados). Trátase de métodos que requiren un notable desembolso económico: uns 600 euros custa a fotodepilación nun centro estético sempre tendo en conta que se trata da tarifa mínima e que poden ser necesarias máis sesións. Se se opta por un centro médico, o mínimo que hai que aboar son 757 euros e, no caso da depilación láser, uns 900 euros nun centro estético e arredor de 1.000 nun centro médico. Con estas tarifas, pode estimarse que unha persoa que se depila na casa con bandas amortizaría o seu investimento, aproximadamente, en 41 anos, mentres que lle abondarían 20 anos se utilizase ceras e 11 se se depilase con cremas. A quen se depile habitualmente con cera nun centro estético abondaralle 5 anos para amortizar o que custa esquecer a depilación para sempre.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse catro bandas, catro ceras e catro cremas depilatorias das marcas Taky, Veet, Byly e Daen. Ademais, consultáronse os prezos de depilación con cera, fotodepilación e depilación láser en trinta centros médicos e de beleza.
  • O sistema depilatorio máis económico son as bandas depilatorias, láminas de cera fría que se aplican sobre a zona que se quere depilar. Depilar medias pernas con este sistema custa 1,75 euros. A mellor relación calidade-prezo para as bandas depilatorias foi Daen.
  • As ceras depilatorias quecen no microondas e aplícanse sobre a pel cunha espátula ou cun rolo. Unha vez fría, a cera elimínase igual ca no caso das bandas cun tirón enérxico, coa axuda ou non de bandas de tecido. Depilar medias pernas custa 3,60 euros, o sistema de depilación doméstico máis caro dos tres analizados. A mellor relación calidade prezo para as ceras foi Byly.
  • As cremas depilatorias destrúen só a parte visible da estrutura do pelo, grazas a unha substancia denominada tioglicolato, pero ao contrario ca as ceras e ca as bandas, non eliminan a lanuxe de raíz. A mellor relación calidade prezo para as cremas foi Byly.
  • A presentación das ceras Taky e Byly podía resultar excesivamente atraente para nenos. Nalgunhas unidades da cera depilatoria Daen faltaba a toalliña Daen Retard publicitada na etiquetaxe.
  • Depilarse na casa con cera é entre 3 e 8 veces máis económico que facelo nun centro estético; a fotodepilación custa o mesmo ca 5 anos depilándose á cera nun salón de beleza e 25 anos facéndoo na casa.
Marca Daen Byly Taky Veet
Bandas depilatorias Bandas depilatorias Bandas depilatorias Bandas depilatorias
Rosa Mosqueta Menta y Té Verde Multi-reflejos Vitamina E
Aceite de almendras
Inventario
  • 8 bandas dobres
  • 2 toalliñas posdepilación
  • 1 toalliña retardante
  • 6 bandas dobres
  • 2 toalliñas posdepilación
  • 8 bandas dobres
  • 2 toalliñas posdepilación
  • 2 toallitas predepilación
  • 6 bandas dobres
  • +2 gratis
  • 2 tollitas postdepilación
  • 1 gratis
Prezo por banda (euros/banda dobre) 1 0,27 0,41 0,43 0,64
Prezo por quilo (euros/quilo)
Prezo por sesión (euros) 2 1,00 1,44 1,68 2,88
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta Correcta
Análise físico-química
Composición principal Derivados de resina Polímeros químicos Polímeros químicos Derivados de resina
Longo e Ancho da cera (cm) 11,5 x 6,6 14,8 x 5,3 10,8 x 6,1 13,5 x 5,5
Superficie da cera (cm2) 75,9 78,4 65,9 74,2
Gramaxe da cera (g/m2) 209,8 235,9 227,58 221,8
pH
Viscosidade (centipoises) 3
Extracto seco (%)
Tioglicolato (%)
Punto de abrandamento (ºC)
Calidade global Ben Moi ben Ben Moi ben
Proba de uso (do 1 ao 9) 6,0 6,0 6,1 6,4
Marca Byly Daen Veet Taky
Cera depilatoria Cera depilatoria Cera depilatoria Cera depilatoria
Roll-on
Ao chocolate
Roll-on
Con derivados do leite natural
Té Verde Froitos vermellos
Inventario
  • 125 ml de cera
  • Aplicador roll-on
  • 12 bandas de tecido
  • 140 ml de cera
  • Aplicador roll-on
  • 10 bandas de tecido
  • 1 toalliña retardante
  • 250 ml de cera
  • Espátula
  • 12 bandas de tecido
  • 400 g de cera
  • Espátula
  • Dúas toalliñas posdepilación
Prezo por banda (euros/banda dobre) 1
Prezo por quilo (euros/quilo) 28,81 24,66 21,05 21,33
Prezo por sesión (euros) 2 2,02 1,63 4,84 5,89
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta Correcta
Análise físico-química
Composición principal Azucres Azucres Azucres Derivados de resina
Longo e Ancho da cera (cm)
Superficie da cera (cm2)
Gramaxe da cera (g/m2)
pH 3,1 2,9 3,0 Non determinado
Viscosidade (centipoises) 3 21092 5940 18537 158000
Extracto seco (%) 92,4 90,1 90,0 97,8
Tioglicolato (%)
Punto de abrandamento (ºC) O produto xa é brando O produto xa é brando O produto xa é brando 55
Calidade global Moi ben Ben Moi ben Ben
Proba de uso (do 1 ao 9) 6,3 7,1 6,5 6,4
Marca Byly Daen Taky Veet
Crema depilatoria Crema depilatoria Crema depilatoria Crema depilatoria
Ao Monoï de Tahití Con derivados do leite natura Con extractos de Lis Blanco Aloe Vera e Vitamina E
Inventario
  • 100 ml de crema
  • Espátula
  • 200 ml de crema
  • Espátula
  • 150 ml de crema
  • Espátula
  • 2 toalliñas posdepilación
  • 100 ml de crema + 25 ml gratis
  • Espátula
Prezo por banda (euros/banda dobre) 1
Prezo por quilo (euros/quilo) 28,17 18,64 32,31 44,14
Prezo por sesión (euros) 2 1,86 2,83 3,75 4,68
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta Correcta
Análise físico-química
Composición principal Tioglicolatos Tioglicolatos Tioglicolatos Tioglicolatos
Longo e Ancho da cera (cm)
Superficie da cera (cm2)
Gramaxe da cera (g/m2)
pH 11,5 12,3 12,6 12,5
Viscosidade (centipoises) 3 17785 19389 29058 19739
Extracto seco (%) 28,6 23,6 24,9 28,5
Tioglicolato (%) 4,2 3,8 3,1 3,1
Punto de abrandamento (ºC)
Calidade global Excelente Ben Moi ben Moi ben
Proba de uso (do 1 ao 9) 5,2 6,2 6,8 7,2

1. Prezo por banda. Indícase o prezo por banda dobre. Enténdese que o resto dos artigos da caixa (toalliñas) son gratis. No caso de Veet enténdese que dúas das bandas son gratis.

2. Prezo por sesión. Estimación do que custa depilar dúas medias pernas (de xeonllo a nocello) tendo en conta a cantidade de produto utilizada polos consumidores na proba de uso.

3. Viscosidade. No caso das ceras indícase a viscosidade a 70 ºC. Para as cremas indícase a viscosidade á temperatura ambiente.

Cera depilatoria
Marca Byly Daen Veet Taky
Inventario 1
  • 125 ml de cera
  • Aplicador roll-on
  • 12 bandas de tecido
  • 140 ml de cera
  • Aplicador roll-on
  • 10 bandas de tecido
  • 1 toalliña retardante
  • 250 ml de cera
  • Espátula
  • 12 bandas de tecido
  • 400 g de cera
  • Espátula
  • Dúas toalliñas posdepilación
Prezo (euros/quilo) 28,81 24,66 21,05 21,33
Prezo por sesión (euros) 2 2,02 1,63 4,84 5,89
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta Correcta
Análise físico-química
Composición principal Azúcares Azúcares Azúcares Derivados de resina
pH a 20ºC 3,1 2,9 3,0 Non determinado
Viscosidade a 70ºC (cps) 21092 5940 18537 158000
Extracto seco a 105 ºC (%) 92,4 90,1 90,0 97,8
Punto de abrandamento (ºC) O produto xa é brando O produto xa é brando O produto xa é brando 55
Calidade global Moi ben Ben Moi ben Ben
Proba de uso (do 1 ao 9) 6,3 7,1 6,5 6,4

1. Inventario. No caso de Daen atopáronse envases que non incluían todos os elementos declarados na etiqueta.

2. Prezo por sesión. Estimación do que custa depilar dúas medias pernas (de xeonllo a nocello) tendo en conta a cantidade de cera utilizada polos consumidores na proba de uso.

Crema depilatoria
Marca Byly Daen Taky Veet
Inventario
  • 100 ml de crema
  • Espátula
  • 200 ml de crema
  • Espátula
  • 150 ml de crema
  • Espátula
  • 2 toalliñas posdepilación
  • 100 ml de crema + 25 ml gratis
  • Espátula
Prezo (euros/quilo) 28,17 18,64 32,31 44,14
Prezo por sesión (euros) 1 1,86 2,83 3,75 4,68
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta Correcta
Análise físico-química
pH 11,5 12,3 12,6 12,5
Viscosidad (cps) 17785 19389 29058 19739
Extracto seco (%) 28,6 23,6 24,9 28,5
Tioglicolato (%) 2 4,2 3,8 3,1 3,1
Calidade global Excelente Ben Moi ben Moi ben
Proba de uso (do 1 ao 9) 5,2 6,2 6,8 7,2

1. Prezo por sesión. Estimación do que custa depilar dúas medias pernas (de xeonllo a nocello) tendo en conta a cantidade de cera utilizada polos consumidores na proba de uso

2. Tioglicolato. É o principio activo responsable da destrución do pelo. Expresado como ácido tioglicólico.

Un a un

Un a un, 12 produtos de depilación

Bandas depilatorias Daen

  • A mellor relación calidade-prezo das bandas.
  • Prezo: 0,27 euros/banda dobre. As máis baratas.
  • Calidade global: Ben. As únicas que incluían toalliñas retardantes do crecemento da lanuxe. Mostraron un maior ancho de cera. As segundas con maior superficie de cera.
  • Nalgúns envases faltaban toalliñas post depilación.
  • Proba de uso: 6 de 9. O perfume peor valorado.
  • As bandas que quecían e se aplicaban con maior facilidade.

Bandas depilatorias Byly

  • Prezo: 0,41 euros/banda dobre.
  • Calidade global: Moi ben. A banda máis longa, a de maior superficie e maior gramaxe de cera, pero a de menor anchura de banda.
  • Proba de uso: 6 de 9.
  • A notas máis baixa das catro bandas, xunto con Daen.
  • A facilitade de uso foi mal valorada.

Bandas depilatorias Taky

  • Prezo: 0,43 euros/banda dobre.
  • Calidade global: Ben. A de menor lonxitude e superficie de cera.
  • Proba de uso: 6,1 de 9. A mellor valorada polo seu perfume.

Bandas depilatorias Veet

  • Prezo: 0,64 euros/banda dobre. As máis caras.
  • Calidade global: Moi ben. Ofrece dúas toalliñas post depilación.
  • As segundas cunha maior lonxitude de cera.
  • Proba de uso: 6,4 de 9. A mellor nota das bandas depilatorias.
  • A peor nota en efectividade do depilado.
  • As toalliñas peor valoradas das bandas depilatorias.

Cera depilatoria Byly

  • A mellor relación calidade-prezo das ceras.
  • Prezo: 28,81 euros/quilo. A máis cara en prezo por litro pero a segunda máis barata en prezo por sesión.
  • Calidade global: Moi ben. Elaborado a base azucres.
  • Polo seu perfume e pola súa presentación pode resultarlles atraentes aos nenos. Con aplicador de rolo.
  • Proba de uso: 6,3 de 9. Boa de estender e de utilizar. A peor valorada pola súa cor.

Cera depilatoria Daen

  • Prezo: 24,66 euros/quilo.
  • Calidade global: Ben. Elaborado a base de azucres. Con aplicador de rolo.
  • A de menor viscosidade. Xunto con Veet a de menor extracto seco.
  • Algunhas unidades carecían das toalliñas Daen Retard publicitadas na etiquetaxe.
  • Proba de uso: 7,1 de 9. A mellor de todas as ceras.
  • A máis preferida na proba de uso.
  • A que mellor deixaba a pel despois do depilado e a que ofrecía unha maior duración do depilado.

Cera depilatoria Veet

  • Prezo: 21,05 euros/quilo. A máis barata en euros por quilo.
  • Calidade global: Moi ben.
  • Elaborado a base de azucres. A palabra “¡NON!” aparece sobre a espátula de aplicación se a temperatura é excesiva.
  • A de menor extracto seco xunto con Daen.
  • Proba de uso: 6,5 de 9.
  • A que peor nota obtivo en perfume.

Cera depilatoria Taky

  • Prezo: 21,33 euros/quilo. A máis cara en prezo por sesión.
  • Calidade global: Ben. A única cera a base de derivados de resina.
  • Polo seu perfume e a súa presentación pode ser confundida cun alimento con froitos vermellos.
  • A única cera que non incluía bandas de tecido. A única que incluía toalliñas post depilación.
  • A de maior viscosidade e extracto seco.
  • Proba de uso: 6,4 de 9. A mellor valorada pola súa cor.

Crema depilatoria Byly

  • A mellor relación calidade-prezo das cremas.
  • Prezo: 28,17 euros/quilo. A máis barata en prezo por sesión.
  • Calidade global: Excelente. A de pH máis baixo. A de menor viscosidade e, xunto con Veet, a de maior extracto seco.
  • A de máis tioglicolato.
  • Proba de uso: 5,2 de 9. A peor valorada. Significativamente peor valorada ca as outras tres referencias.

Crema depilatoria Daen

  • Prezo: 18,64 euros/quilo. A máis barata en prezo por quilo.
  • Calidade global: Ben. É a de maior contido neto. A de menor extracto seco.
  • Proba de uso: 6,2 de 9. Obtivo unha posición intermedia na proba de uso.

Crema depilatoria Taky

  • Prezo: 32,31 euros/quilo.
  • Calidade global: Moi ben.
  • A única que ofrecía toalliñas post depilación.
  • A de maior viscosidade e pH máis elevado das catro.
  • A de menor contido de tioglicolato xunto con Veet.
  • Proba de uso: 6,8 de 9. Unha das preferidas polos usuarios, xunto con Veet.

Crema depilatoria Veet

  • Prezo: 44,14 euros/quilo. A de maior prezo por quilo e a de maior prezo por sesión.
  • Calidade global: Moi ben.
  • Xunto con Byly a de maior extracto seco.
  • A de menor contido de tioglicolato xunto con Taky.
  • Proba de uso: 7,2 de 9. A mellor valorada.
  • Ben apreciada polo estado da pel despois da depilación e pola efectividade no tempo da depilación.