Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Analizados 23 aeroportos de todo o país : Aeroportos: Prezo dos servizos, polos aires, e conexións coas cidades, polo chan

En máis da metade dos aeródromos os horarios dos autobuses urbanos non coinciden co primeiro e co último avión. Destacan a limpeza e mais a seguridade, ambas as dúas notables, destas instalacións

Prezos de luxo nos aeroportos y táboas comparativas

/imgs/20070401/img.tema-portada.06.jpgNos prezos de hostalería rexistráronse ostensibles diferenzas entre uns aeroportos e outros. Tomar un refresco custa, de media, dous euros, mentres que un café con leite supón desembolsar 1,35 euros.

Deixar o vehículo durante unha hora no aparcadoiro do aeroporto representa de media algo máis de un euro, mentres que o custo por un día de estacionamento ascende de media aos 11 euros e a semana completa chega ata os 70 euros. Non obstante, cómpre salientar que nos aeródromos de San Sebastián, Vitoria e Zaragoza o aparcamento é gratuíto. Os máis caros: Madrid, Barcelona, Alacante e Málaga, onde estacionar o vehículo custa 1,55 euros a hora, 15,45 euros un día completo e case 100 euros a semana (aínda que o aeroporto de Madrid dispón dun aparcadoiro exclusivo para as longas permanencias que reduce considerablemente o custo).

A, en ocasións, deficiente comunicación por transporte urbano que padecen algúns aeroportos obriga en moitas ocasións a que o usuario utilice os servizos de taxi. O traxecto medio supón desembolsar 22,5 euros. Só na Coruña e en Pamplona custa menos de 10 euros. Pola contra, en Oviedo, Murcia e Tenerife o desprazamento dende o centro da cidade ata o aeródromo representa entre 46 e 60 euros. O prezo, obviamente, vén marcado pola distancia destas urbes respecto ao aeroporto. Pero o prexudicado, á vista está, é o usuario.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións