Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Analizados 23 aeroportos de todo o país : Aeroportos: Prezo dos servizos, polos aires, e conexións coas cidades, polo chan

En máis da metade dos aeródromos os horarios dos autobuses urbanos non coinciden co primeiro e co último avión. Destacan a limpeza e mais a seguridade, ambas as dúas notables, destas instalacións

A zona de embarque

/imgs/20070401/img.tema-portada.04.jpg Os técnicos de CONSUMER EROSKI visitaron a zona de embarque dos 11 aeroportos con maior tránsito do país. Adquiriron un billete electrónico, recolleron a súa tarxeta de embarque e pasaron o control policial previo. Analizáronse as zonas de embarque do aeroporto de Alacante, a Terminal 4 de Barajas, a Terminal B de El Prat, Xirona, As Palmas de Gran Canaria, Bilbao, Málaga, Valencia, Sevilla, Palma de Mallorca e Tenerife Sur.

Dende a chegada á cola de facturación ata o momento de ser atendidos e recoller a tarxeta de embarque transcorreu unha media de 9 minutos. En Xirona e Barajas foi onde máis se tardou en atender a estes usuarios (25 minutos), seguidos por Alacante e Sevilla (10 minutos). O aeroporto de Palma de Mallorca foi o máis rápido (só un minuto): unha azafata de terra acompañou ao viaxeiro a realizar a súa facturación nunha máquina de “auto check-in”, ofrecéndolle as instrucións oportunas. Máis breve foi o paso polo control policial: malia ao endurecemento das medidas de seguridade, tardouse pouco máis de cinco minutos e medio. En Barajas transcorreron 15 minutos e 10 en Loiu, os controis máis lentos do estudo; mentres que os máis rápidos foron Tenerife Sur (só 1 minuto), xunto con Xirona, As Palmas de Gran Canaria, Málaga, Son Sant Joan (3 minutos cada un) e El Prat (4 minutos de media). Ata a porta de embarque correspondente tardáronse case cinco minutos e as máis afastadas (a 8 minutos de distancia) foron as de Palma de Mallorca e Sevilla. Tras finalizar a visita, os técnicos desta revista apenas tardaron dous minutos de media en coller un taxi, salvo no aeroporto de Valencia, onde houbo que agardar 5 minutos.

O mellor, e o peor, aeroporto para…

CHEGAR ATA EL

  • O mellor: O de Madrid (Barajas) a calquera das súas terminais, pola súa correcta sinalización dende a cidade, pola súa comunicación mediante transporte público, pola súa adaptabilidade aos horarios dos voos e polo seu servizo de taxis (a prezo asumible e cun bo número de vehículos en servizo).
  • O peor: O de Pamplona (Noain), pola ausencia de liñas de transporte público, e Vitoria (Foronda), pola súa sinalización insuficiente dende o centro da cidade, a carencia de taxis no aeroporto e pola reducida frecuencia dos autobuses, que non coinciden co primeiro e último voo.

NON SE PERDER UNHA VEZ DENTRO

  • O mellor: O de Santiago de Compostela (Lavacolla), pola facilidade de orientación neste, a esmerada e eficaz sinalización e a diversidade de idiomas nos que se ofrece a información (castelán, inglés, galego e alemán).
  • O peor: O de Alacante. Non ten ningún mapa de orientación, faltan pantallas de información e non hai persoal de información a quen lle pedir indicacións polos corredores das instalacións.

NON SE ABURRIR E SOPORTAR A ESPERA CON COMODIDADE

  • O mellor: De novo o aeroporto de Santiago (Lavacolla), e mais o de Pamplona (Noain), polas súas actividades de lecer gratuíto (exposicións, xogos e ordenadores no primeiro, e conexión gratuíta a Internet, xunto con prensa ou revistas, no segundo).
  • O peor: Os peores son os aeroportos de Xirona (Costa Brava), A Coruña (Alvedro), Granada (Federico García Lorca) e Xerez, nos que non hai ningún tipo de actividade gratuíta para pasar o tempo e só dispoñen dunha cafetería.

CONSULTAR AO PERSOAL DO AEROPORTO

  • O mellor: Os de Vitoria (Foronda), A Coruña (Alvedro), Madrid (Barajas) e Murcia (San Javier): dispensan unha boa atención e servizo, non amosaron obxeccións cando se requiriu o seu acompañamento ata o lugar consultado.
  • O peor: Os de Pamplona (Noain), onde o persoal de información resultou pouco servicial, xunto con San Sebastián, onde tardaron 40 minutos en aparecer polo mostrador de información.

APARCAR

  • O mellor: Os de Vitoria (Foronda), San Sebastián (Hondarribia) e Zaragoza, que son gratuítos, co inconveniente de que non están vixiados. Para estacionamentos non superiores a media hora, son unha boa opción os aeroportos de Alacante, As Palmas de Gran Canaria, Palma de Mallorca (Son Sant Joan) e Tenerife Sur, que si contan con vixilancia. Para permanencias superiores a cinco días, o de Santander (Parayas) só custa tres euros por día a partir da quinta xornada.
  • O peor: O de Madrid (en ambas as dúas terminais de Barajas), onde resulta complicado atopar unha praza libre e ten os maiores prezos: unha semana chega a custar preto de 100 euros.

TOMAR UN CAFÉ SEN GASTAR MOITO

  • O mellor: O de Valladolid (Villanubla) que ten os prezos máis baratos (un café, un pouco máis de un euro, e un refresco, 1,55 euros).
  • O peor: O de Tenerife Sur, onde o prezo de calquera destas consumicións anda polos tres euros.

O AEROPORTO MÁIS LIMPO E MELLOR CONSERVADO

  • O mellor: o de Santiago (Lavacolla) e o de Madrid, especialmente a recente Terminal 4 de Barajas, na que se observou un exquisito coidado das instalacións, cafeterías e aseos. As zonas de fumadores atópanse limpas e ata na rúa hai cinceiros ou papeleiras preto e o chan se mantén en perfectas condicións de limpeza.
  • O peor: O de Asturias, onde se percibiron cheiros desagradables en boa parte dos seus aseos. Ademais, só dispón de papeleiras normais e non resalta precisamente polo estado de conservación e limpeza das súas cafeterías.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións