Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Administración Electrónica: analizada a sección de trámites virtuais de 18 páxinas web municipais : Administración electrónica municipal: máis información ca xestión efectiva de trámites

· Ningunha das 18 oficinas municipais en Internet permite xestionar dunha maneira completa os dez trámites dos que constou o exame de CONSUMER EROSKI
· Só na páxina web de Madrid se puideron efectuar máis da metade das xestións
· O certificado de empadroamento e mais o rexistro dunha incidencia son os trámites máis comúns

A carpeta cidadá: un espazo privado virtual

/imgs/20091101/tema4.jpg
A ‘carpeta cidadá’ é un dos instrumentos para promover o uso da administración electrónica municipal. A través deste sistema, o usuario pode consultar e modificar a información que o Concello dispón del, datos que se refiren decote ao padrón de habitantes (datos persoais, de domicilio e a relación de empadroados por familia) ou a cuestións tributarias (impostos municipais, descargar recibos, consulta do calendario fiscal do contribuínte, expedientes particulares e domiciliación de pagamentos). Algúns concellos tamén inclúen as débedas ou multas pendentes.

Unha de cada dúas web analizadas (Alacante, Barcelona, Granada, Logroño, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián e Zaragoza) dispón desta carpeta cidadá. Bilbao e Vitoria tamén teñen un espazo similar, pero denominado doutro xeito: na capital bilbaína chámase ‘Concello on-line’ e na alavesa denomínase ‘O meu Concello’. Algo similar á oficina virtual de Córdoba. O resto non contan cun acceso privado, pero as xestións nas que hai que manexar datos privados só se poden tramitar cunha firma electrónica, certificado dixital ou DNI electrónico (para garantir dese xeito a confidencialidade dos datos dos usuarios).

O acceso a estas ‘carpetas cidadás’ non é sinxelo. Por regra xeral, é imprescindible ter un certificado dixital (nacional ou autonómico). Este sistema serviu en Alacante, Barcelona, Granada, San Sebastián e Zaragoza. Pola contra, en Logroño, Murcia, Oviedo e Pamplona, para realizar xestións de carácter persoal ou privado, cómpre solicitarlle ao Concello un identificador persoal e un contrasinal. Para iso, hai que cubrir unha solicitude e dende o Concello envían as claves por correo ou ben o cidadán pode acudir ás instalacións municipais a buscalas.

As web municipais da Coruña, Madrid, Málaga, Sevilla, Valencia e Valladolid non contan cunha área privada como tal, aínda que a capital coruñesa e a malagueña dispoñen dunha caixa de correo de documentos de carácter xeral. Non obstante, para completar algúns trámites é imprescindible utilizar un certificado dixital que acredite de maneira totalmente segura a un usuario cando se conecta a un sistema informático.

En caso de axuda

As dúbidas nas xestións administrativas son unha constante que se agudiza cando non hai ningún interlocutor físico ao que consultar, como acontece en Internet. Por iso, os concellos habilitan espazos de axuda como un teléfono do usuario ou unha caixa de correo de suxestións. A carón da proba práctica realizáronse cinco chamadas por concello ao teléfono de axuda (só en Granada se facilita un número concreto para este apartado, mentres que no resto emprégase o teléfono de información, coñecido como 010). En nove de cada dez chamadas, o teléfono atendeuse no primeiro intento (en Madrid, os teleoperadores non contestaron o teléfono ata o segundo ou terceiro intento) e o trato dado polos traballadores destes teléfonos de atención foi bo ou moi bo. Para rematar, na maioría dos concellos, a información ou solución recibida foi entre satisfactoria ou moi satisfactoria para o cidadán que chamou preguntando unha dúbida (salvo Granada e Oviedo).

Do mesmo xeito, incluíuse unha consulta en cada un das caixas de correo de suxestións destas páxinas web. Só contestaron ao correo electrónico do cidadán na Coruña, Córdoba, Granada, Murcia e San Sebastián, e fixérono nun prazo non superior ás 24 horas. A información ou solución achegada foi moi satisfactoria en Murcia e Córdoba, satisfactoria na Coruña, escasa en Granada e moi escasa en San Sebastián.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións