Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Administración Electrónica: analizada a sección de trámites virtuais de 18 páxinas web municipais : Administración electrónica municipal: máis información ca xestión efectiva de trámites

· Ningunha das 18 oficinas municipais en Internet permite xestionar dunha maneira completa os dez trámites dos que constou o exame de CONSUMER EROSKI
· Só na páxina web de Madrid se puideron efectuar máis da metade das xestións
· O certificado de empadroamento e mais o rexistro dunha incidencia son os trámites máis comúns

Trámites máis comúns

Nas 18 páxinas web era posible acadar o certificado de empadroamento e rexistrar unha incidencia (en once webs esta última xestión aparecía como un trámite máis e no resto remitíase a unha caixa de correo de suxestións). Os trámites menos habituais dos avaliados e nos que nin sequera se acadou información nalgunhas das web municipais foron concertar cita previa, consultar expedientes de multas e reservar unha instalación deportiva. Neste último caso, en Bilbao, Granada, San Sebastián e Valladolid este trámite pódese realizar nunha páxina web municipal dedicada aos deportes. Non obstante, non se atopou un enlace na oficina virtual que informase diso.

Antes de realizar o trámite, resulta esencial e moi útil a información facilitada: os destinatarios, os documentos que se deben achegar, o órgano xestor ou departamento encargado dese trámite, os prazos ou o lugar ao que se debe acudir se cómpre realizalo presencialmente. Así, os concellos de Zaragoza, Málaga, Madrid, Barcelona, Vitoria, Sevilla e Valencia son os que ofrecen máis datos previos; caso contrario ás páxinas web de Oviedo, Murcia ou Logroño, nas que a información se considerou insatisfactoria.

Un dos maiores receos para servirse de Internet xérao a necesidade de facilitar datos persoais. Os concellos están obrigados a velar pola seguridade desa información persoal, tal e como recolle a Lei de protección de datos, e o enlace a esta Lei debe estar visible antes de realizar estes trámites. Agora ben, segundo se puido comprobar durante a proba práctica, non é habitual que se ofreza un enlace a esa norma legal. O que si é común é a aparición de datos relativos á normativa específica do trámite elixido (por exemplo, permiso de obras ou licenza para animal perigosos).

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións