Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

: Adaptación á adopción

A integración dos nenos e nenas adoptadas, en especial de terceiros países, nas súas novas familias require procesos e tempos non exentos de complexidades

Como afrontar os principais problemas

/imgs/20070101/img.informe.04.jpg

  • Non amosa afecto. Hai que ser pacientes, darlle tempo e confianza e manterse ao seu carón, proporcionándolle ocasións que fomenten a construción do vínculo afectivo, como, por exemplo, compartir as actividades cotiás, xogar con el, interesarse polas súas cousas. Nunca hai que forzar o neno a expresar ou recibir mostras dun cariño que aínda non sente.
  • Rexeitamento cara á familia. É importante confirmar que o neno coñece a súa situación familiar e as posibilidades de volver coa súa familia de orixe e de que comprende que é o que aconteceu. Elaborar plans de futuro con el axudaralle a perder o sentimento de provisionalidade que pode sentir ao se integrar na súa nova familia.
  • Bota de menos o seu pasado. Ante todo hai que respectar os seus sentimentos. Ten dereito a telos, non se lle pode privar da súa propia vida interior. Ademais, hai que ofrecerlle apoio para elaborar e organizar os sentimentos contraditorios que ten en relación ás persoas que deixou atrás e á súa nova familia.
  • Esixe demasiada atención e afecto. Débeselle ensinar a comprender e a respectar as necesidades dos que o rodean. Debe entender que hai certas normas de convivencia que todos deben respectar
  • Teme que a adopción fracase. O apego é a necesidade do ser humano de establecer vínculos afectivos duradeiros. Fiarse de alguén require ter as necesidades básicas satisfeitas e garantidas. É indispensable crear no neno un sentimento sólido de pertenza á familia. A incerteza con respecto ao futuro pódese eliminar organizando e planificando con el certos aspectos da vida familiar e da súa participación nela. Sempre hai que advertilo dos cambios, repasar os plans e axudalo a prever o que vai suceder.
  • Mente con frecuencia. En moitos casos os primeiros anos da vida do pequeno está marcada pola supervivencia e o “todo vale” para sobrevivir. Mentir para obter algo pode ser habitual e aceptable dende esta posición. A mentira ou a fantasía esaxerada son mecanismos de defensa que irán desaparecendo a medida que dispoña doutros recursos ou comportamentos alternativos. É necesario explicarlle que cada vez que mente rompe a confianza que se ten nel. Ha de saber tamén que as consecuencias de mentir son peores ca as de dicir a verdade.
  • Ten problemas no colexio. A escola é un dos maiores focos de tensión para as familias adoptivas. As dificultades dos nenos e nenas derivadas das súas carencias, atrasos e trastornos esixen realismo cos obxectivos e ritmos de aprendizaxe. O rendemento escolar mellora cando se parte da situación do neno e non dende as expectativas das persoas adultas. Hai que estimular a súa motivación para a aprendizaxe, mellorando a súa autoestima e a súa seguridade emocional.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións