Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Analizados 12 aeroportos: accesos, servicios, seguridade, comodidade e lecer, organización, limpeza e conservación : A maioría dos aeroportos españois máis importantes deben mellorar en comunicacións e comodidade

Resultan seguros, consérvanse limpos e en bo estado e ofrecen tódolos servicios dos que un aeroporto debe dispor, pero hai cuestións que cómpre corrixir

O mellor aeroporto para... e táboa comparativa

  • Chegar ata el… O de Málaga, pola súa correcta sinalización desde a cidade, pola súa comunicación mediante transporte público, pola coincidencia deste co horario de voos e polo servicio de taxis (económico e con bo número de vehículos en servicio).
  • Non perderse unha vez dentro… O de Valencia, pola facilidade de orientación nel, a esmerada e eficaz sinalética, o bo número e situación das pantallas de saídas e chegadas, o correcto funcionamento do sistema de megafonía e a diversidade de idiomas nos que se ofrece a información.
  • Non abafar nas horas de espera… O de Málaga, pola comodidade das súas zonas de descanso, e pola preocupación por ameniza-las esperas (exposición de pintura e, para os máis pequenos, unha zona acondicionada de xogos).
  • Realizar consultas ó persoal do aeroporto… Os de Palma de Mallorca e Santiago: amais de dispensaren unha boa atención e servicio, non amosaron obxeccións cando se lles requiriu para que os acompañasen ó lugar consultado.
  • Aproveita-la espera mercando e aproveitando os servicios… O aeroporto de Madrid, no que ademais se pon á disposición do usuario unha ampla variedade de servicios entre os que salientan a presencia de máis de 30 comercios, oficinas bancarias, servicios relixiosos, gardería…
  • Aparcar… Os de Pamplona e San Sebastián, xa que en ámbolos casos o aparcadoiro é gratuíto, aínda que cun pequeno inconveniente, que non están vixiados.
  • Tomar un café ou un refresco na cafetería sen gastar moito… O aeroporto de Bilbao, especialmente no refresco, xa que mentres que noutros aeroportos se pode chegar a pagar máis de 2 euros, en Bilbao só cómpre aboar 1,25 euros.
  • Tomar un refresco nunha máquina expendedora… De novo o aeroporto de Bilbao, no que tomar un refresco nunha máquina expendedora supón un desembolso de 1,05 euros, fronte ós 1,95 euros do aeroporto de Pamplona (o máis caro neste sentido).
  • O aeroporto máis limpo e mellor conservado… O de Madrid, no que se observou un exquisito coidado, tanto das instalacións coma dos aseos.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións